Evidentemente, PEÑA FIEL é un topónimo ben castelán, extraño para un dos cumes máis importantes do Pindo. Avogo por restituír o non deturpado MONTE GRANDE. Por outra banda, extráñame moito que O Enxilde fose noutra época "Eugilde", topónimo tamén da área de Castela. Non sería O Euxilde, deturpado en "Eugilde" polo escribinte, talmente coma "Mugía" por Muxía?