Xoves. 25.04.2024
El tiempo

As 10 imaxes finalistas do concurso “Enfoques do Allo” xóganse o premio nas redes sociais

enfoques do allo
Cartel da III Edición do Concurso de Fotografía Móbil "Enfoques do Allo"
As 10 imaxes finalistas do concurso “Enfoques do Allo” xóganse o premio nas redes sociais

Este xoves 5 de decembro remata o prazo para realizar a votación popular da III Edición do Concurso de Fotografía Móbil “Enfoques do Allo”. Unha escolma de 10 fotografías elixidas por un xurado profesional loitarán por facerse co favor do público para acadar un dos 3 premios que ofrece o Concello de Zas, de 100 €, 75 € e 50 € respectivamente.

A escolla pódese realizar a través dos perfís das redes sociais das Torres do Allo ata as 23:59 h. deste xoves. Os votos emitidos durante esta semana en forma “gústame”, tanto no Facebook coma no Instagram, serán decisivos pois a competición nas redes está moi reñida.

O certame “Enfoques do Allo”, impulsado polo Concello de Zas, acada este ano a súa terceira edición e na selección das imaxes finalistas o xurado tivo que valorar máis dun centenar de fotografías mediante criterios estéticos e cualitativos. As 10 instantáneas que mellor souberon captar os valores patrimoniais e etnográficos do pazo máis antigo de Galicia e da súa contorna, percorren agora o último tramo para facerse cun dos 3 premios.

Comentarios