Mércores. 24.04.2024
El tiempo

1000 firmas por un servizo de pediatría decente para Cee e Corcubión

1000 firmas por un servizo de pediatría decente para Cee e Corcubión
Nais entregando 1000 firmas por un servizo de Pediatria decent no Centro de Saude de Cee

Denunciabamos en QPC a mediados do mes pasado as queixas dun nutrido grupo de nais e pais afectados pola falta dun servizo de pediatría decente en Cee e Corcubión. Un problema que deixa a 1.500 desamparados nas vilas da comarca de Fisterra, e que ten poucos atisbos de solución. I é que, como contabamos, a baixa da titular da praza lévase cubrindo durante moitos meses con profesionais non especialistas en pediatría.

Esta mañá de luns 7 de abril, o grupo de nais e pais afectados continuaron coa súa particular loita por conseguir un servizo axeitado, entregando no Centro de Saúde de Cee case que 1.000 sinaturas, colleitadas en menos dun mes.

En maio, un pediatra para a praza

Nais afectadas falando coa alcaldesa de Cee

De contado o grupo voceiro trasladouse ao Concello de Cee para falar coa alcaldesa, que se comprometera a facer o posible por axudar. Volveu asegurar que a Xerencia de A Coruña afimaba que para o mes de maio haberá un pediatra na praza, unha, dende logo boa nova, pero que dende o grupo de pais e nais afectados queren que “esa persoa que chegue para cubrir esa praza sexa para quedar, que sexa estable no tempo, xa que o único fin de todo esto é que os nosos fillos teñan unha atención sanitaria de calidade e duradera”, segundo nos conta Henar, unha das nais afectadas.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios