Xoves. 18.04.2024
El tiempo

A Galería Mulleres tamén chora o asasinato da activista brasileira Marielle Franco

A Galería Mulleres tamén chora o asasinato da activista brasileira Marielle Franco
Marielle Franco Na Galeria Mulleres de Muxia Segue a Biblioteca da Muller de Muxía, coordinada por Viki Rivadulla, recuperando a historia en clave de muller. Nome a nome, neste mes de marzo de 2018 lévanos a Brasil, para coñecer a activista Marielle Franco. O pasado 14 de marzo, aos 38 anos de idade, foi asasinada de catro tiros na cabeza, no que xa se considera unha execusión e un asesinato político. Brasil chora a esta muller, feminista, activista e todo un símbolo da loita das mulleres negras contra o racismo, o machismo e a violencia policial. Nacida na favela de Maré, a de maior violencia de Río de Janeiro, licenciouse en Ciencias Sociais, militou no PSOL e foi asistente parlamentaria de Marcelo Freixo (2006), pasando logo a primeira liña política presentándose para concelleira cun resultado que superou tódalas expectativas: máis de 46.000 votos e o quinto posto. Marielle era relatora dunha comisión municipal para informar sobre abusos cometidos polos militares durante a intervención ordenada polo presidente Michel Temer. Pronunciouse explícitamente contra a presencia do exército e participou nun vídeo no que participaron varios artistas denunciando a violencia militar. Traballadora incansábel pola xustiza, paz e a liberdade e os dereitos das persoas desfavorecidas. Tralo seu asasinato, sucedéronse manifestacións masivas por todo o país (con máis de 50.000 participantes en Río e 30.000 en São Paulo), e máis alá das súas fronteiras, en rexeitamento do asesinato; varias organizacións internacionais esixiron unha investigación urxente e transparente (coma a Oficina da ONU para os Dereitos Humanos ou Amnistía Internacional)  

Galería Mulleres de Muxía

Fonte

Comentarios