Venres. 26.04.2024
El tiempo

12 espazos singulares da comarca reciben axudas para mellorar a súa estrutura

A Deputación coordina coas entidades supramunicipais a xestión dos destinos
Recunchos da Costa-Area Recreativa de Gabenlle -Laracha 3
A área Recreativa de Gabenlle, na Laracha, recibirá 28.000 para a mellora da súa accesibilidade
12 espazos singulares da comarca reciben axudas para mellorar a súa estrutura

Pouco máis de 200.000€ vén de investir a Xunta de Galicia en 12 infraestruturas turísticas da Costa da Morte. 12 Concellos recibirán un máximo de 30.000€ para accións de embelecemento dos accesos e bens declarados de interese cultural, iluminación ornamental, recuperación e creación de miradoiros paisaxísticos ou recuperación de elementos de interese etnográfico ou da arquitectura tradicional entre outras, co que se pretende seguir impulsando Galicia como un destino fiable e de calidade, potenciando os valores que caracterizan o modelo turístico galego e que cobran especial importancia no contexto actual, como a natureza, a paisaxe a enogastronomía ou o Camiño de Santiago.

Axudas ás infraestruturas turísticas da Xunta

Concello Obxecto da subvención Subvención concedida
A Laracha Rehabilitación e accesibilidade do entorno turístico de Gabenlle 28.010,85 €
Cabana Instalación de paneis de sinalización turística para o Dolmen de Dombate 5.389,47 €
Carballo Proxecto mesa panorámica accesible no mirador de Vilela 4.679,68 €
Cee Subministro mobiliario urbano camiño de Santiago-casco urbano de Cee: cubrecontedores 11.364,93 €
Coristanco Instalación paneis de sinalización e información do espazo natural Verdes 19.412,64 €
Dumbría Reparación da pasarela de acceso á fervenza do Ézaro 30.000,00 €
Fisterra Balizamento do paseo marítimo da praia Langosteira 22.008,45 €
Muxía Sinalización de mellora da iluminación no entorno do Santuario nosa Sra da Barca 30.000,00 €
Ponteceso Aparcadoiro de autocaravanas en Corme 30.000,00 €
Vimianzo Creación dunha ruta de sendeirismo pola paisaxe protexida dos Penedos de Pasarela e Traba 8.448,58 €
Zas Creación, sinalización e homologación da ruta da auga de Zas 19.903,00 €
 

Axudas da Deputación cos entes de xestión

Entes de xestion
Reunión virtual de Xosé Regueira cos representantes dos entes de xestión

Paralelamente a área de Turismo da Deputación da Coruña, dirixida polo tamén vicepresidente, Xosé Regueira, mantivo unha xuntanza con representantes dos entes de xestión supramunicipais para poñer en común as novas estratexias e avanzar nas liñas de comunicación conxunta para a promoción turística dos distintos xeodestinos da provincia. A aposta pola calidade e seguridade ademais do turismo de proximidade e o avance na dixitalización son algúns dos eixos do novo horizonte do sector.

Participaron responsables da Asociación de empresarios de Camariñas, Asociación sociocultural Auga e Sal de Muros, Asociación de empresarios Fisterra-Muxía, Ría da Estrela, CMAT.

Na reunión, que puxo en común as estratexias de estas entidades turísticas da provincia da Coruña, coincidiuse na importancia da seguridade e da calidade nos destinos, apostando por unha dixitalización da información turística, que complemente os formatos físicos.

Novas relacionadas

 

Comentarios