Imprimir

12 meses facendo estoupar a arte da Costa da Morte

que pasa na costa | 18 de xullo de 2017

Tenda turistica de Cee Stoupa A exposicion 12mesesestoupando xa está visible na tenda Stoupa

Non podemos deixar de falar da tenda turística Stoupa. Dende Cee leva un ano intentando espallar a cultura costeira, coa arte como bandeira. Agora presentan “#12MesesStoupando”, a súa exposición máis especial con motivo do seu primeiro aniversario. Trátase dunha mostra artística colectiva, na que participan autores que colaboraron con Stoupa dende os seus inicios.

A presentación realza o espírito da Costa da Morte, das súas personaxes e das súas cores, a través da pintura, da escultura e da literatura, da arte en xeral. A tenda congrega de novo a talentosos artistas da Costa da Morte como Viki Rivadulla, Yano Yoro, Marinna Mouzo, Marcos Rodríguez, Senén Ínsua, Nacho Porto, Nano Unzueta, Manuel Canosa, Carmen Labrador, Olería Aparicio, Lucía Costa, David de Lorenzo, Mar Cerviño, Xoanxo Cespón e Redeiras de Corme entre outros.

A exposición “#12MesesStoupando” pode visitarse dende o luns 17 de xullo ata finais de agosto no local ceense de Stoupa, de luns a sábado de 12:00 a 14:00 horas e de 18:00 a 21:00 horas.

Máis novas

Fonte

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/cee/12-meses-facendo-estoupar-a-arte-da-costa-da-morte/20170718072355085112.html


© 2019 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA