Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Unha APP de orixe costeira, cunha valoración de 1,2 millóns de euros, aspira a convertirse nun internet paralelo

Ruben Prieto asinando a TAS APP
Rubén Prieto asinando a ampliación de capital de TAS APP nunha notaría de Ibiza, onde reside actualmente
Unha APP de orixe costeira, cunha valoración de 1,2 millóns de euros, aspira a convertirse nun internet paralelo

Témolo visto dando clases de ondas de mar, cazando o mar de Ardora coa súa cámara, facer desafíos no Hormiguero de A3, emprender un surfcamp en Nemiña ou cunha empresa de motos de auga no Ézaro, facer de cabalo-cabaleiro medieval ou facer de actor de cine, teatro e televisión.

Pero o novo proxecto de Rubén Prieto vai en clave dixital. Despois de 5 anos coa idea no peto, ben gardada, este confinamento decidiuse a intentar sacala adiante cun debullado un completo plan de negocio. E tras meses de reunións por videoconferencia, roldas de contactos, conseguindo ata 60 socios…. vén de conseguir 200.000 de euros de financiamento para facer realidade a súa idea. Unha cantidade que se suma ao 1 millón de euros de valoración coa que partía a empresa, co que a primeira rolda de financiamento permítelle manter o 84% da SL. TAS (o nome vén de abreviar "estás?", como o diría un jallejo de toda a vida), é unha “aplicación móvil única, moi sinxela e moi moi útil”.

"Imaxina que vas pola praia e atopas unha mensaxe dentro dunha botella, ábrela, e a mensaxe é para ti", iso  consegue a TAS, cóntanos Rubén.

”A idea un novo sistema de comunicación que permite poder comunicarse con persoas coas que ata o día de hoxe non se podía. Alguén da infancia de quen non tes nin por que lembrarte do nome, o rapaz do metro que che gustou fai dous días, o dono dun can que acabas de atopar perdido, o dono dun coche ao que lle deron un golpe ou se deixou as luces encendidas ata a persoa que che colleu o traxe de neopreno olvidado na praia por medo a que cho roubasen ou o fotógrafo que te cazou surfeando a ola da túa vida pero xa non está cando saes da auga", explícanos. "O contacto darase sempre e cando o interés sexa mutuo", apunta.

"Un dos múltiples usos será convertirse na oficina mundial de obxectos e "encontros" perdidos... pero ten moitos máis"

Agora mesmo entre deseñadores, programadores, avogados e marketing son 32 persoas, todas galegas, traballando arreo para lanzala ao mercado. A idea, mentres arrinca a segunda rolda de financiamento (interesados poden contactar en [email protected]), é que en febreiro estea lista para que os beta tester a proben e que para o verán estea lanzada, esperando que “dentro doutro ano esteamos nas cabezas e móviles de todo o mundo. Quen sabe, igual acabamos sendo un xigante, igual nos fundimos na miseria ou igual ven un "google" e nos compra a empresa por 10, 100 ou 1000 veces máis”, reflexiona polas redes.

Novas relacionadas

Comentarios