Xoves. 18.04.2024
El tiempo

As Brigadas Deseucaliptizadoras de Corcubión rexeneran unha finca municipal

As Brigadas Deseucaliptizadoras de Corcubión rexeneran unha finca municipal

Brigadas deseucaliptizadoras de Corcubion en plena accion Brigadas deseucaliptizadoras de Corcubión en plena acción na finca municipal Prado Cambeiro As ”brigadas deseucaliptizadoras” de Boca de Sapo están a pleno rendemento polos bosques de Corcubión. A Asociación e o Concello manteñen unha comunicación fluída e sa intentando darlle unha nova vida as fincas municipais. A entidade cos seus voluntarios e ideas, e o Concellos cos medios que pode aportar, están realizando unha intensa labor para devolver a identidade ao monte de Corcubión, e para que a sociedade da vila deixe de vivir de costas ao seu monte. Esta pasada fin de semana un grupo de voluntarios estiveron traballando arreo nunha das fincas de propiedade municipal situadas xusto enriba da vila. Unha finca que serve de proxecto piloto, que mira cara o leste, que ten unhas 2 hectáreas e que é coñecida como “Prado Cambeiro”. O programa de rexeneración contou durante a semana coa actuación dos operarios municipais, que talaron todos os eucaliptos que había e que desbrozaron boa parte da matoqueira. Brigadas deseucaliptizadoras de Corcubión en plena acción na finca municipal Prado Cambeiro Brigadas deseucaliptizadoras de Corcubión en plena acción na finca municipal Prado Cambeiro Durante a fin de semana tocoulle aos voluntarios de Boca de Sapo estiveron limpando toda a valumada xerada durante anos e anos de abandono, e recollendo e apilando os restos de toxeiras, matogueira, eucaliptos, e de acacias (as famoasas mimosas) que supoñen un auténtico problema pr ser tremendeamente tupidas e difíciles de abordar. Seguramente terán que contratar unha maquinaria agrícola para desfacerse destas intrusivas invasoras. A idea é facer unha queima controlada cando todo estea ben recollid, deixando en pé as árbores autóctonas que se prantaron hai uns anos, como carballos, castiñeiros, algún acibro e un par de lonxevos teixos que teñen dificultades pois medran a carón dun muro. ”A verdade é que está quedando moi ben o monte”, explica Francisco Santiago López, membro da asociación, que xa ten armado o seguinte paso: ”En xaneiro imos prantar castiñeiros, carballos, froitais… e para iso tamén temos a colaboración dun veciño da finca, Manolo Canosa, que nos permite utilizar o seu terreo para facer un sementeiro. Ademais, imos vir cos rapaces do CEIP Praia de Quenxe de Corcubión para que sexan eles os que fagan a prantación, e tamén faremos un aula de natureza, con saídas, charlas ao aire libre”, explica. A cousa non queda aí, e como parte da asociación son tamén amantes do lobo, queren aproveitar e afrontar o tema. “Pensamos levar unhas ovellas cuns mastíns a estas fincas rexeneradas, para explicarlle aos rapaces o sistema de protección do gando, para ir quitando prexuizos sobre o lobo”. Ademais tocará ensinarlle tamén a todos os veciños e propietarios como quedan os nosos montes despois destes traballos de rexeneración, para que non lle dean as costas aos seus montes.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/as-brigadas-deseucaliptizadoras-ponse-en-marcha-en-corcubion/ https://quepasanacosta.gal/corcubion-salvou-as-aldeas-gracias-a-outra-xestion-do-bosque/

Comentarios