Venres. 19.04.2024
El tiempo

12,5kg de rodaballo, marca histórica da Lonxa de Laxe

12,5kg de rodaballo, marca histórica da Lonxa de Laxe
Rodaballo Salvaxe no Destapa de 12kg O restaurante coruñés Destapa fíxose con este rodaballo salvaxe de 12,50kg, subastado na lonxa de Laxe Superouse o pasasdo mércores 3 de xaneiro a Lonxa de Laxe. O barco O Narval, da familia dos "Bochos", trouxo a terra un rodaballo salvaxe de 12,5kg, unha das mellores marcas históricas da lonxa laxeira. Subastouse a 50€/kg e foi o restaurante coruñés Santa Clara Destapa o que se fixo con esta xa famosa peza. Unha peza que pode ser un gran reclamo publicitario para o restaurante. A realidade é que a temporada está sendo estupenda, e os mariñeiros están moi contentos. Xa houbo outro barco que volveu con 600 caixas de robaliza (facendo un día máis completo con prezos que rondaron os 20€/kg), e tamén estase pescando moito sargo. A mar batida das últimas semanas permite que se estea dando campaña case inmellorable.

Marisco

Pola contra, o percebe, despois de rematar o ano grandes prezos, estivo pechado varios días polos temporais. E hoxe a Xunta anunciou que este 6 de xaneiro pecha a campaña de captura da nécora e do santiaguiño. O calendario aprobado pola Xunta no Plan Xeral de Explotación Marisqueira do 2018 establece que a actividade de extracción da nécora estará pechada ata o día 1 de xullo e a do santiaguiño ata o 1 de outubro, datas nas que empezará a súa campaña extractiva.

Dende o 2 de xullo de 2017, día desde o que estivo autorizada a extracción da nécora, vendéronse nas lonxas galegas máis de 133 toneladas desta especie por un importe total de máis de 2 millóns de euros. No caso do santiaguiño, o período autorizado para a súa captura empezou o 1 de outubro do ano pasado e nesta etapa vendéronse en lonxa preto de 1.000 quilos desta especie por valor de máis de 66.400 euros.

Fonte

  • Redacción de Óscar de Souto.

Comentarios