Venres. 19.04.2024
El tiempo

#12do12ás12: Galicia…. en pé de guerra

#12do12ás12: Galicia…. en pé de guerra

Despois dun mes enteiro acampados perante a Xunta, aló en Compostela, os nosos derradeiros mariñeiros e as mulleres do mar toman por asalto San Caetano, nesta data sinalada, mentras os tractores do noso agro bloquean Carrefures e Alcampos en protesta xusta por este espolio ilegal coa bendición dese Capitán que non escoita os noso berros. Galiza está en pé de guerra.

Tamén a poesía galega, a de verdade, está tamén en pé de guerra.

Antón de Guizán e os poetas guitíricos tamén se alzaron, por fin, e a súa voz popular causou unha nova re-evolución que xorde na Terra Chá de Manuel María como endexamáis recordamos. Os poetas verdadeiros, os do pobo, xa non escriben para agochar os poemas nun caixón, porque agora é o momento de unificar as nosas voces que proclaman aquilo que a xente fai moito tempo que queria decir ou escoitar. Son a voz do silencio dunha terra saqueada por todas partes. Cuotas no agro e no mar e trabas para impedir que a poboación sobreviva. Cando morren veciños nos pasillos dun hospital saturado e sen persoal os recortes das tixolas deses cans e deses boitres adiñeirados que xa non representan a ninguén.

osé Estevez, alá por terras luguesas tamén está loitando por darlle voz a todos os poetas verdadeiros que unifican os seus poemas en homenaxe a Manuel María nun libro colectivo que estará xa rumbo a imprenta para ser realidade no 2016. Uns 400 autores anotados neste novo amencer da poesía real que emerxe do Pobo mesmo ante esta necesidade imperiosa de falar, por fin, co abecedario de cada día. Alto e claro, entendible e rotundo. Porque o momento é ese momento do que falaba Eduardo Pondal, o Bardo, cando dixo que os tempos son chegados. E chegaron.

Branca Vilela, a escritora de Fisterra, ante a misiva do Papa no 1999 de animar os artistas a facer actos a prol da poboación, cousa que debería plantexarse o Banco do Vaticano, máis desta volta no segundo recital solidario internacional ideado por esta fisterrana o éxito escomezou o día 5 de decembro na Fundaçóm Artabria de Esteiro – Ferrol, perante as portas de Navantia, en plenas protestas obreiras, recitamos ali: Miguel Vento, Branca Vilela, Iolanda Teixeiro Rei, Miguel Melero, Ricardo Souto Morano, Karlotti Valle e… un servidor. A entrada a este recital solidario era un xoguete ou un libro para que o grupo de facebook (Te lo regalo Ferrol y cercanías) poidese repartir estes agasallos de nadal a esas casas afectadas por esta crise artificial. E asi foi. Dende o día 1 de decembro ata hoxe ainda seguen chegando agasallos. Catrocentos xoguetes e o contador suma e sigue. Maria Sanjurjo e toda a súa banda organizada están facendo unha laboura de troco por internet de roupa e enseres, sen diñeiro de por medio, alimentos a xente, etc, etc…. porque esta xente son a NOVA RESISTENCIA FERROLÁN POPULAR.

Acto seguido, outras cidades do planeta, sumáronse a este concerto internacional de poesía solidaria en… Costa da Morte (Corcubión), A Coruña, Ourense, Barcelona, Ibiza, Canarias, Rioja, Sevilla, Madrid, Bilbao etc, etc, etc…

Dende Manchester protestan os nosos emigrados polas dificultades dese voto rogado que lles fai imposible exercer o seu dereito a votar. Outras cidades do planeta con galegos neses paises queixanse desta trampa que ilegaliza as eleccións do 20 D. Esta dictadura inexpugnable pon as normas tamén en quén vota e quen non. Deberían chamarlle VOTO ROUBADO. Os nosos emigrados serán os ausentes neste paripé de trileros e corruptos onde os máis fulleros triunfarán sempre neste circo absurdo onde sen inspectores europeos controlando o reconto…. riome eu do resultado final.

Os recortes causaron vítimas como nun xenocidio ou nunha guerra. Os suicidios pola desesperación absoluta desta crise artificial creada aposta por intereses do gran capital que manexa Estados e Presidentes. Non funciona o “Libre mercado”. Porque o Mercado nunca será libre mentres as mafias e os narcotraficantes, e os multimillonarios, e todas esas serpes e cans, son en realidade os donos do Mercado, e dos Presidentes, e das nosas propias vidas. Cando a fame chega, cando non hai alimentos, cando o sol incrementa a súa forza como nunca endexamáis o fixo… Que alambrada de cuchillas e pinchos pode frenar a desesperación absoluta deses 300 millóns de seres humanos que van ir rumbo a Europa, si ou si, por terra ou por mar, cheguen ou non con vida? Quen poñerá barreiras dende o Algarbe de Portugal ata Estambúl. Quen?

Refuxiados do clima. O caos total ainda acaba de empezar. Debemos mover ficha para defender a nosa xente con poemas ou coa radio, ou de calquera xeito posible. A situación requiere medidas drásticas.

“Un home grande acepta os acontecementos… para reconducilos”. – Honoré de Balzac.

  • Óscar de Souto, pintor de follas en branco e autor de Trece Poemas.

Outros artigos de Óscar de Souto

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios