Sábado. 20.04.2024
El tiempo

14 barcos de Corme únense á unha campaña internacional de reciclaxe de plásticos no mar

14 barcos de Corme únense á unha campaña internacional de reciclaxe de plásticos no mar

Unha boa demostración de que Declaración de Camariñas asinada o pasado mes por confrarías, concellos e asociacións non caeu en saco roto, é a unión de 14 barcos do porto de Corme á nova iniciativa “Upcycling the Oceans”. Uns 60 mariñeiros de Corme únense así a outros 1300 da Coruña, Burela e Celeiro, para participar neste proxecto medioambiental promovido por Ecoembes e ECOALF, que pretende retirar plásticos do noso mar e convertilos en pezas de roupa.

Toda a comarca lembra aquelas limpezas que desenvolvía a Asoar-Armega polos portos da comarca

Xa hai uns contedores instalados no porto cormelán para que os mariñeiros depositen os residuos que vaian atopando. Os mariñeiros terán que recoller sobre todo plásticos, para reciclar o plástico PET e convertilo e fío de poliestes 100% reciclado que a marca de moda sostible ECOALF convetirá en roupa. A empresa pasará a recoller o material recuperado para levalos ás súas prantas e reciclalo.

Contedor de lixo marino en Corme
Contedores instalados no porto de Corme para a campaña de Upcycling the Oceans

Novas relacionadas

Comentarios