Venres. 19.04.2024
El tiempo

160 inscritos para un posto de administrativo no Concello da Laracha

Obras de pavimentación na rúa Ramón Cabanillas da Laracha
160 inscritos para un posto de administrativo no Concello da Laracha

Novas de pavimentación na Laracha. Desta volta, vén de realizar unha intervención na rúa Ramón Cabanillas (antiga 3ª travesía López Astray) do casco urbano da Laracha. Incluíu a renovación do firme nos seus 134 metros de lonxitude ao longo dos que presenta unha anchura media de 5,5 metros. O proxecto aproveitou para acometer a mellora da rede de recollida de augas pluviais.

Selección de persoal

160 persoas foron as que se inscribiron para o proceso de selección dun auxiliar administrativo como funcionario interino.O Concello lanza esta oferta para executar programas de carácter temporal e cubrir necesidades urxentes ante o volume de traballo motivado polo incremento da tramitación de expedientes administrativos pola crise do coronavirus.

A listaxe provisional de admitidos recolle tamén os 15 que quedaron inicialmente excluidos e que teñen 5 días para presentar alegacións ou a información pendente.

A selección farase polo sistema de concurso-oposición. Na fase de concurso valoraranse as titulacións académicas e os curso formativos dos aspirantes. A fase de oposición consistirá na realización dunha proba tipo test de cincuenta preguntas.

Comentarios