Xoves. 28.03.2024
El tiempo

18 arqueólogos participarán nas Xornadas Castrexas de Vimianzo

18 arqueólogos participarán nas Xornadas Castrexas de Vimianzo
Xornadas Castrexas de Vimianzo

O pasado venres presentábase no concello de Vimianzo unhas xornadas castrexas que converterán a Vimianzo na capital do mundo castrexo durante a última fin de semana de setembro.
As xornadas culturais que levan por título "Que sabemos dos castros? Xornadas sobre investigación, didáctica e comunicación da idade do Ferro", compoñen un congreso castrexo que, coordinado polo arqueólogo Ángel Concheiro, que traerá a Vimianzo a 18 arqueólogos desde toda a península, un paso máis na posta en valor do Castro das Barreiras, a xoia castrexa do concello soneirán.

As xornadas celebraranse entre o 28 e o 30 de setembro de 2012 en Vimianzo e acollerán ponencias sobre arquitectura castrexa, sobre a relación entre os poboados galaicos e o seu contorno, ou sobre estratexias de divulgación e difusión ao redor da época.

Desde o concello preténdese que as xornadas dinamicen e repercutan en Vimianzo, polo que o sector hostaleiro tamén quixo participar ofrecendo menús e estancias a prezos axustados para os congresistas e para a xente que participe nas xornadas.

O Seminario de Estudos Comarcias da Costa da Morte e a Asociación Xuvenil Cherinkas tamén están involucrados co proxecto. De feito, na presentación contaron coa presenza de Xosé Mª Lema e Manolo Vilar, presidente e vicepresidente do Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte, e Alejandra Rama, representando á Asociación Xuvenil Cherinkas; as dúas asociacións que colaboran co concello na organización e difusión deste congreso.

Programa das Xornadas Castrexas

Programa das Xornadas Castrexas de Vimianzo - Pincha na imaxe para ampliar

A dinamización da vila comeza o venres pola tarde cunha excursión, previa á conferencia inaugural, polo núcleo de Vimianzo. Un itinerario activo que signifique unha viaxe pola historia a través das edificacións da vila.

O arqueólogo responsable da escavación realizada no castro das Barreiras, Ángel Concheiro Coello, mostrouse moi satisfeito pola acollida que as xornadas tiveron entre os arqueólogos, sinalando incluso que recibiu chamadas de investigadores do mundo castrexo que querían participar con ponencias e non puido ser posible incluílos, pois en tres días non collerían máis ponencias. Concheiro sinalou que desde un primeiro pensou na organización dunhas xornadas novidosas, de vangarda, nas que todos os ponentes achegaran datos novos da súa investigación. Desta idea saiu a participación de arqueólogos da talla de Xurxo Ayán, Víctor Bejaga, María Martín Seijo, Ramón Boga, João Fonte ou Gonçalo Cruz.

Máis información e inscricións

  • Xa está aberta a inscrición on line na páxina web do concello de Vimianzo: www.vimianzo.es, onde tamén se pode atopar infromación sobre a oferta hostaleira e hoteleira que ofertan uns prezos especiais para as xornadas.
  • Estanse tramitando coa USC e a UDC créditos de libre configuración para o alumnado e co CEFORE (Centro de Formación e recursos) convalidación de horas para o profesorado.

Novas relacionadas

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios