Sábado. 20.04.2024
El tiempo

1ª Galicia: O derbi vestiuse de branco

Volantes ante o Agolada
Fundamental vitoria do Volantes en Agolada
1ª Galicia: O derbi vestiuse de branco

Tremendamente importantes foron a vitoria e o empate, sobre a bocina, de Volantes e Dumbría en choques contra rivais directos. O cadro muradán visitaba ao equipo que marca a salvación, e soubo demostrar o seu potencial quedando a só 1 punto, e tendo outros 3 equipos a tiro. Pola súa parte, o Dumbría salvou un punto importantísimo en Valga, cun gol de Darío no último suspiro que lle permiten manter a 4ª praza, e ficar a só 7 puntos do liderato.

Pero o partido da xornada era o derbi soneirán, que se decantou na primeira metade a favor do equipo vimiancés. Con este resultado, o Soneira mantese a 2 puntos do Pino, quedando o Baio na zona insulsa a táboa.

O que tamén saíu cabreado foi o Mazaricos, que viu como se lle escapan 2 puntos dun campo difícil como o de Rianxo.

 

Soneira - Baio (3-0)

  • Soneira: Javi Souto, Cristian, Brais Mouzo, Pichi, Agra, Leilán, De la Sierra, Diego Lois, Riki, Javito e Róber Pladur. Tamén: Darío, Basti, Pereira, Alex Taibo e Benja.
  • Baio: Diego Mallo, Rubio, Peke, Álex Varela, Yago, Braian, Norberto, Bieito, Manu Santiso, Martín Mc e Porti. Tamén: Julián, Pablo, Martín, Mario e Carlos.
  • Goles: 1-0, m.26: Diego Lois; 2-0, m.41: Javito; 3-0, m.44: Diego Lois.

Baio e Vimianzo no derbi soneiranComezou tremendamente igualado o derbi, pero pouco a pouco o Soneira foise impoñendo ante un Baio que non tivo o día. O Soneira comezaba dende atrás ante un Baio que esperaba. Se Javito avisaba a Diego Mallo, MC enviaba unha volea que se colaría de non ser por ter topado co costado de Leilán. Pouco a pouco o Soneira ía acercándose máis, e Diego Lois abría o marcador cun forte disparo dende a frontal que se lle cola a Diego Mallo, con pouca visión, entre as pernas. O Baio tivo o empate por medio de Portillo nunha contra pero o seu disparo iríase rozando o pau. Javito tería o segundo pero o seu cabezazo batería na cabeza dun defensor cando se colaba dentro. Pero sería o propio Javito, tras un moi bo pase de Diego Lois, o que cun zapatado de fóra da área faría o segundo. E Diego Lois xusto antes do descanso setenciaría o partido cunha falta lateral botada que non encontra rematador e sorprende a Diego Mallo.

Na segunda metade sería de total dominio do Soneira que tivo varias ocasións por medio de Javi, Leilán e Rober Pladur que puideron ampliar máis o marcador ante un Baio que vería como quedaría cun home menos pola expulsión de MC tras unha entrada sobre Pichi.

 

Unión - Mazaricos (2-2)

  • Mazaricos: Dani Fedello, Mario, Ricardo, Carreira, Pose, Kevin, Joseph, Raúl, Estéfano, Viturro e Yago Dosil. Tamén; Adrián, Dani Maroñas, Piki, Ángel, Esteban.
  • Goles: 0-1, m.61: Estéfano; 0-2, m.73: Viturro; 1-2, m.88; 2-2, m.95.

Escapáronselle dous puntos ao Mazaricos no desconto, que ademais deixa ao equipo cunha marea de tarxetas. Os amarelos saíron ben armados atrás buscando as contras, pero tocou sufrir nunha gran primeira metade de bo e amplo xogo do Unión.

Cambiou a fórmula Chicho na segunda, subindo liñas, e tras uns bos 15 minutos, unha combinación entre Viturro e Estéfano permite a este último abrir o marcador. Quedou tocado o cadro local, e eran minutos de control visitante, que aproveitaron para facer o 0-2, con Viturro como protagonista, noutra contra.

Quedaban apenas 20 minutos, pero os xogadores mazaricáns non puideron aguantar e comezaron a protestar a actuación arbitral, saíndo do partido. No 88 recortan e no 95 empatan tras unha falta dubidosa e en posible fóra de xogo.

 

Agolada - Volantes (1-3)

Volantes en Agolada

  • Volantes: Bugy, Rachón, Parde, Charles, Amoedo, Kevin, Óliver, Jano, Pesco, Berto. Tamén xogaron: Thiago, Tiko, Ángel, Xian.
  • Goles: 0-1, m.5: Pesco; 1-1, m.23; 1-2, m.40: Berto; 1-3, m.45: Kevin.

Comezaba ben o partido para o equiop de Sil, creando ocasións a base de fútbol directo e a balón parado. Así chegaría o primeiro cun golazo de Pesco de falta directa. Que maneira de pegarlle ao balón…

A partir de aí o Agolada apretou moito e nun golazo de fóra da área empataron. Pero en outros dous balóns parados, primeiro Berto tras un control espectacular nun saque rápido de Pesco dende o madio campo, bate non man a man ó porteiro. Pouco despois de novo nunha falta sacada Pesco Kevin remanta de cabeza e pon o terceiro antes do descanso.

Na segunda os locais apretaron e colgaron balóns, pero os laranxas estiveron moi ben defensivamente, e Bugy, moi seguro baixo paus a nova fichaxe de inverno, apenas crearon ocasións pese a que quedaron con 10 por expulsión de Thiago a falta de 15 mim. Xa ó final Pesco, cun tiro de falta que toca nos dous paus, puido sentenciar definitivamente.

 Volantes celebrando unha vitoria importantisisma

Cordeiro - Dumbría (2-2)

  • Dumbría: Anxo, Pablo Mouzo (Darío, m.65), Pablo Paz, Matías, Kanario, Mataso, Diego Cespón, Xaco (Berto, m.70), David, (Iago, m.80), Yuyo e Marcote (Charli, m.80).
  • Goles: 0-1, m.17: Marcote; 1-1, m.62; 2-1, m.80: 2-2, m.89: Darío.

Dumbria ante o Cordeiro

Con moitas baixas chegaba o cadro de Pablo a Valga, ante un Cordeoiro nun bo momento e cun campazo de herba natural moi ancho. Pero souberon adaptarse os dumbrieses, que fixeron un esforzo tremendo nunha primeira metade na que sufriron sobre todo a balón parado. Pero o partido estaba bastante controlado, chegando mesmo arriba, e de feito Marcote adiantou aos seus tras un gran pase de David. A piques estivo de chegar o segundo a 5 minutos do final.

Na segunda parte, o esforzo da primeira pasou factura, e non os visitantes non eran capaces de facer dano, tendo que focalizar en defensa. Mediada a segunda parte, remontaron os locais en dous penaltis. Cando todo parecía negro, os xogadores sacaron coraxe e fóronse arriba, e coun golazo de Darío dende o borde da área, conseguiron un empate crucial para manter vivas as aspiracións de ascenso.

 

Todas as táboas en www.futboldacosta.com

Comentarios