Venres. 29.03.2024
El tiempo

1ª Galicia: tres vitorias e igualada no derbi

1ª Galicia: tres vitorias e igualada no derbi
Moi boa a xornada para os representantes costeiros, con vitorias de Dumbría, Fisterra e Soneira, e igualada nun gran derbi no Xosé Luis Vara, cheo ata os topes para ver o empate a 1 entre Esteirana e Baio. O Fisterra encaramouse ós postos altos, e cada día está a xogar mellor, o Dumbría segue cunha impresionante xeira e o Soneira empeza a ver a luz, acompañándolle a sorte que nos primeiros partidos lles dou as costas. S.D. ESTEIRANA 1 - C.D. BAIO 1 SD ESTEIRANA: Alex, Codesido, Raúl, Manu Tobío, Dani Rama, Samu Pensado (Rafa 67´), Josiño Alves, Josiño Barreiro (Iker 87´), Alex Rama (Pachi 89´), Adrián e Pablo Rama (Manu 37´) CD BAIO: Dani Varela, Alex Varela, Yago Couto, Damián, Norberto, Peque (Isaac 73´), Bieito, Rubio (Moreno 52´), MC, Iván Rojo e Santi Díaz (Javi Suárez 52´) (Pablo 86´) GOLES: 1-0 47´Alex Rama   1-1 89´Iván Rojo Gran derbi nun ateigado Xosé Luis Vara de Esteiro. O Baio levou o control do balón ante unha Esteirana moi intelixente, buscando saídas rápidas ó contragolpe. Cazou un Alex Rama adiantando ó equipo local. As lesións de Pablo Rama e Samu Pensado restou capacidade de saída de balón á Esteirana, e o Baio aproveitou para acosar a meta de Alex. Nun rexeite dun córner igualou Iván Rojo. No último intre anulouse un gol á Esteirana por falta a Dani Varela. C.D. LALÍN 0 - C.F. DUMBRÍA 1 CF DUMBRÍA: Iván Baña, Juan, Canario, Matías, Pablo Paz, Marcos Mouro, Rivi (Xabi 78´), Diego Cespón (Eloy 90´), Darío Capelo, David (Iago 67´) e Yuyo (Charly 86´) GOL: 0-1 87´Charly Un gol de Charly nada máis saír ó campo doulle tres puntos vitáis ó Dumbría na difícil visita a Lalín. O conxunto de Julián alarga así unha tremenda xeira de vitorias que o sitúa nos postos altos da clasificación. S.D. FISTERRA 3 - PRAÍÑA S.C. 1 SD FISTERRA: Iván Bouzón, Andrés, Roco, Breixo, Fabián, Coté, Roa (Dani Martínez 65´), Aarón, Pablo Lestón (Piti 65´), Mackay (Edu 74´) e Bruno (Gabriel 78´) GOLES: 0-1 40´Javier Sánchez   1-1 44´Mackay   2-1 47´Mackay   3-1 75´Andrés Superou a un rival moi complicado un Fisterra en alza de vitorias e xogo, que vai a mellor co paso das xornadas. Tivo que remar, pois adiantouse o  Praíña, pero a clave foi que o gol da igualada chegou pronto, nun saque de banda que peina Aarón e Mackay marca. E xusto á saída dos vestiarios unha contra levada entre Roa e Bruno serve para que Mackay anote o segundo. A partir de ahí o Fisterra foi moi superior e Andrés Vigo sentencióu á saída dun córner. SONEIRA S.D. 2 - C.D. UNIÓN 1 SONEIRA SD: Javi Souto, Sito, Aarón, Alemán, Samu Vázquez, De la Sierra, Sandelo, Alex Taibo (Darío 80´), Basti (Agra 69´), Nazo (Sergio 84´) e Pichi (Fran 90´). GOLES: 1-0 2´Basti   1-1 84´Sergio   2-1 90´Alemán Tivo que sufrir máis do necesario o Soneira ante un bo equipo, o Unión de Rianxo, que case pesca en río revolto, pero un gol de Alemán sobre o tempo fixo xustiza no marcador. Adiantouse o Soneira moi pronto por medio de Basti, e marrou claras ocasións, un disparo ó pao de Samu, un man a man de Basti ou un remate de Pichi non entraron de milagro. O Unión tivo un disparo ó pao, pero as ocasións do Soneira seguiron no segundo tempo. E nun erro defensivo empatou o Unión, ante a desesperación local. Pero á saída dun córner Alemán anotou o segundo co tempo cumplido e dou tres puntos importantes ó Soneira.  

Comentarios