Xoves. 18.04.2024
El tiempo

2ª Autonómica: Xornada apretada por abaixo

2ª Autonómica: Xornada apretada por abaixo
Completa xornada, por arriba e por abaixo, esta a 25 na Liga da Costa, a primeira do mes de marzo. Club do Mar e Camariñas non fallaban, pero si era o Fisterra o que caía en Sofán e queda a 4 dos camariñáns e 7 do líder. Por detrás segue un Malpica intratable, con 14 xornadas sen perder, e que suamaba 3 valiosísimos puntos no Cairo deixando precisamente ao Corme a 6 puntos. Os malpicáns están xa a só 1 punto dos fisterráns, mentres que Baio e Muros achéganse ao Corme. Por abaixo había varios duelos directos. Castriz e San Lorenzo asinaban táboas, e o Mazaricos superaba a un Nantón que non amosou a intensidade que o partido precisaba. Así queda o Nantón no segundo posto de descenso directo, con 21 puntos, 3 menos que o Castriz, e a 4 dos Corcubión, Mazaricos, e Zas, que suman 25. O San Lorenzo está con 26 puntos, e o Buño, que non se pode despistar, ten 29.

O Pindo - Zas (0-0)

  • O PINDO: Bicho, Conexo (Diego Trillo, min.75), Alex, Dani Freire, Juan Fis, Eloy, Lolo, Pablo (Diego, min.50), Carlos, Manolito, Riolo (Garrido, min.90).
  • ZAS: Elías, Pereiro, Dani, Mancebo, Óliver, Lagoa (Kevin, min.60), Peque (Rafa, min.65), Rubio, Diego (Quintáns,min.70), Pastor (Martín, min.75) e Pablo Muíño.
Partido sen goles en Lombáns entre un Pindo que segue mellorando e un Zas que non certificou a vitoria a pesar de ter unha inmellorable ocasión no min.88 cunha pena máxima (inxusta para os locais) que Bicho, o heroe do partido, parou a Pablo Muíño. Comezaba o partido con control local, creando ata 4 ou 5 claras ocasións, sobre todo unha de Carlos Leis que marrou tras un gran pase de Diego León. O Zas, pola súa banda, buscaba a Pablo Muíño, que non tivo o seu día e que estivo ben marcado por Alex e Dani Freire. O colexiado, malo para ambos equipos, pitaba e pitaba fóras de xogo, e sacaba tarxetas por cada falta. Na segunda o Pindo intentouno pero o gol non chegaba e as forzas decaían. Tamén puideron os Pastor e Rubio marcar o gol visitante. Como detalle, a semana pasada varios afeccionados do Dumbría B loubaban o traballo de Juan de Dios e solicitaban a volta do xogador ao cadro dumbriés.

Buño - Club do Mar (1-3)

  • BUÑO: Toni, Eloy, Alfredo, Ángel, Óscar, David (Dourado, min.73), Jorge, Miguel (Emilio, min.70), Juan, Ismael e Víctor.
  • CLUB DO MAR: Gonzalo, Chori, Repi, Luis (Santi Silva, min.46), Rubén, Álex, Chapu (Fran Borrazás, min.80), Jacobo, Bertín, Johnny e Vituco.
  • Gol: 0-1, min.2: Víctor de penalti; 1-1, min.65: Rubén tras un córner de Repi; 1-2, min.75: Vituco de cabeza; 1-3, min.85: Bertín.
Aguantou o Buño canto puido ante o potente Club do Mar, que ao final mereceu levar os 3 puntos de Xaviña. E iso que comezaron poñéndose por diante os locais cun claro penalti que transformou Víctor. O gol sentou mal nas filas caionesas e o Buño tivo ata varias opcións de ampliar a renda. Non foi así e o segundo tempo foi un monólogo visitante. Os de Repi se volcaron na meta de Toni e non pararon ata remontar. Dúas xogadas a balón parado serviron para darlle a volta ao marcador e Bertín sentenciaba faltando 5 minutos. Unha vitoria que mantén ao Club do Mar no liderato con 3 puntos sobre o Camariñas, pero que mete ao Buño en zona de perigo, pois tan só ten 3 puntos máis que o grupo de abaixo.

Sofán - Fisterra (2-1)

  • SOFÁN: Luis De la Peña, Adrián, Meniño, Rabuñal, Juanjo, Pensado, Eloy, Iván, Víctor, Diego e Suso.
  • FISTERRA: Joselu, Piti (Munitis, min.80), Pana (Insua, min.60), Manuel, Pelada, Eddy, Roa, Marco Docabo, Guardiola, Rivas (Bruno, min.50) e Mané.
  • Goles: 0-1, min.20: Marco Docabo tras unha falta botada por Guardiola; 1-1, min.25: Adrián tras unha xogada de Iván e Víctor por banda; 2-1, min.35: Iván tras un rexeite de Joselu a tiro de Víctor.
  • Expulsións: os fisterráns Guardiola e Mané ao comezos da segunda metade.
Partidazo no Carral con dominio alterno e moita tensión. Se cadra foi o mellor partido da SD na temporada ante un fortísimo Fisterra, que malia traer traía baixas, prantou cara ata as dúas expulsión. Comezaba o Sofán avisando por medio de Eloy e de Iván, pero Joselu evitaba o gol inicial. Foi Marco Docabo o que abría o marcador tras unha falta botada por Guadiola. Empataba pronto Adrián para os locais e Suso avisaba de novo. Eran os mellores momentos da SD, superando con claridade aos fisterráns e poñéndose por diante antes do descanso con gol de Adrián. Na segunda o Fisterra colleu o mando, chegando con claridade, pero coa SD buscando algunha contra. E cando mellor estaba o Fisterra, que xa veu con ata 7 baixas sinificativas, as expulsións de Guardiola e de Mané mermou o potencial e malia que o intentou durante moitos minutos, non foi quen de remontar.

Baio - Dumbría B (4-0)

  • BAIO: Manuel, Matías (Pardo, min.85), Iago, Fredi, Ramón, Eloy, Mario (Rubio, min.70), Canai (Fachal, min.80), MC (Martín, min.60), Javi Suárez e Alberto.
  • Goles: 1-0, min.15: Alberto de penalti; 2-0, min.68: Javi Suárez; 3-0, min.74: Alberto; 4-0, min.82: Javi Suárez.
Partido soso que case máis parecía un partido amistoso, con pouca xente e pouca intensidade no choque. O partido comezaba cun penalti transformado por Alberto. Os locais puideron ampliar a renda con 4 mans a mans fallados pero o Dumbría B tampouco estivo fino e marrou varias ocasións para empatar. Ata o min.75 o marcador seguía 1-0, pero a partir do segundo o Dumbría B decaeu.

Corcubión - Muros (4-5)

  • CORCUBIÓN: Cristian, Pablo, José María Senra (Jonnie), José de Atalaya, Conguito, Papi, Lourido, Lema, Mario (Balucho), Alán, Edu.
  • MUROS: Fabio, Gael, Javi Xuv, Marco Antonio, Dani, Gelo (Adrián, min.75), Kiko, Yanki (Mingos, min.75), Aitor, Oscar (Alberto, min.46) e Sexo.
  • Goles: 0-1, min.15: Aitor; 1-1, min.25: Lema; 2-1, min.30: Lema; 2-2, min.25: Aitor; 3-2, min.30: Edu; 4-2, min.35: Mario; 4-3, min.43: Aitor; 4-4, min.55: Alberto; 4-5, min.75: Aitor.
Estrano partido no Cubaleiro. Foi un partido bastante embarullado, sobre todo na primeira metade con alternativas no marcador constantes. Un auténtico partido de ida e volta, con emoción pero sen demasiado vistosidade. Na primeira metade dominou máis o Muros que se puxo por diante. Pero Lema deu a volta ao marcador para os locais. Aínda habería tempo na tola primeira metade para empatar o Muros e marcar outros dous goles dos locais por medio de Edu e Mario. Pero o tanto antes do descanso de Aitor, que marcaba nada menos que 4 na tarde de onte, abría o camiño para unha nova remontada. Así a segunda metade foi de dominio visitante, e entre Alberto e Eloy asinaron os goles que levan os 3 puntos para Muros, deixando ao Corcubión de Nito nunha zona xa de verdadeiro perigo.

Nantón - Mazaricos (0-2)

  • NANTÓN: Ernesto, David, Eloy (Pedro, min.60), Félix, Diego, Carlos Vidal, Fabio, Rubén (Cristina, min.55), Luís, Manolo e Martín (Iván, min.75).
  • MAZARICOS: Juan, Casais, Tuco (Marcos, min.78), Tubi, Matías, Ramón, Rodri, Esteban Pereiro (Cristian, min.68), Rafa (Estéfano, min.60), Brais (Chico, min.89) e Aldo (Kevin, min.55).
  • Goles: 0-1, min.70: Kevin de falta; 0-2, min.87: Cristian.
Partido malo dos cabaneses, cun Mazaricos moi metido no partido que mereceu esta importante vitoria. Entraron no campo xa derrotados os locais, e non parecía que era un partido tan importante como era, pero aguantou na primeira metade, na que tan só Luís tivo un par de chegadas á meta de Juan. Na segunda, moitas ocasións dos mazaricáns pero fallaron os Tubi, Aldo, Esteban Pereiro... I é que Ernesto estivo moi fino parando un man a man a Kevin na segunda. E o gol non chegou ata o min.70, cando Kevin asinou unha falta directa. Aí xa acabou o partido e o resto foi un monólogo visitante, pero non sentenciaron ata o o 87. Ademais dos 3 puntos, os mazaricáns levan o golaverage individual a favor e deixa ao Nantón a 3 puntos da salvación. Iso si, por unha vez o colexiado estivo moi ben, e só cunha tarxeta en todo o partido. Para a semana hai un San Lorenzo-Corcubión e un Mazaricos - Castriz vitais para os 4 conxuntos.

Camariñas - Esteirana (5-2)

  • CAMARIÑAS: Pombo, Carlos, Ogando, Maikel, Diango, Moriño (Adrián, min.75), De la Sierra, Brais (Gatusso, min.80), Javi (Paco, min.60), Leo e Juan oBello.
  • ESTEIRANA: Beni, Maxi, José Varela, Dani Rama, Adelino, Pichu (Isma, min.60), Andel (Adri, min.65), Iago, Uru, Alex e Cajulo (Eloy, min.46).
  • Goles: 1-0, min.25: Javi; 2-0, min.47: Leo; 3-0, min.55: Javi; 3-1, min.65: Alex; 4-1, min.75: Juan oBello, de falta; 4-2, min.80: Adelino; 5-2, min.85: Leo.
Partido máis igualado que indica o resultado, cunha Esteirana que tivo o seu día tonto e estivo fallón arriba e ofrecendo demasiados regalos atrás. Comezou o Camariñas forte, con 3-0 e moi ben prantado. Pero á volta do descanso espertou a Esteirana que apretou iso si, sen poñer en perigo a vitoria camariñá.

Corme - Malpica (0-1)

  • CORME: Susiño, Adolfo, Alejandro, Jesus (Abel, min.68), Pandi, Diego, Juan, Adrián Doldan, Iago, Lucas e Alejo (Dani Conexo, min.92).
  • MALPICA: Suso, Víctor, Avelino, Andrés (Manu Pardo, min.82), Marco (Iago, min.74), Rancaño, Neucha, Charly, Pablo, Tato (Dani, min.96) e Charro (David Alvarez, min.72).
  • Gol: 0-1, min.15: Pablo recibe un pase de Tato, recorta e lanza un chut pola escuadra algo escorado.
Moi boa ambiente no Cairo para acoller este partidazo entre dous equipos á alza. E foi o Malpica, xa con 14 xornadas sen perder, o que levou o premio dos puntos. E iso que foi un encontro tenso, moi disputado, moi igualado cunha parte para cada un, e cos poteiros Susiño e Suso como grandes protagonistas. Iso si, os cormeláns discutiron a arbitraxe do colexiado, que tampouco estivo ben para os visitantes. O partido empezaba cunha clara ocasión de Iago no único despiste da tarde da defensa malpicá. Pero comezou dando o Malpica, con fermoso gol inicial de Pablo cando o Corme aínda non se asentara. E puido ampliar a renda con ocasións de Charro e Charly que desbaratou Susiño. O Corme melloraba e as bandas dos pequenos Juan e Adrián Doldán comezaban a facer dano. A segunda metade foi de dominio local, pero nin Alejo, nin Juan, que tiveron un par de claras ocasións cada un, puideron superar a un espléndido Suso, que completou un partidazo.

Castriz - San Lorenzo (2-2)

  • CASTRIZ: Herrera, Michi (Sergio Pose, min.80), Alex, Alberto (Bruno ,min.46), Toniño, Pepe, David Agra, Martín (Iván, min.46), Jonnie (Toño, min.46), Sebas e Mauri (Pablo, min.60).
  • SAN LORENZO: Recarey, Puñal, Casillero, Santi, Adrián, Quillo, Cachizo (Eloy, min.65), Fuentefría, Carliños (Javi, min.15), Bolon (Miguel, min.20) e Chucho.
  • Goles: 1-0, min.25: Mauri; 1-1, min.30: Casillero tras unha falta directa e tras rexeite do porteiro; 2-1, min.60: Sebas tras unha contra nun erro defensivo; 2-2, min.87: Javi Pensado de novo nunha xogada de estrarexia tras un saque de banda.
  • Lesións: os de Verdiño Carliños e Bolón con rotura fibrilar e Cachizo con escordadura de nocello.
Partido "perralleiro", con poucas ocasións de gol, sen demasiado fútbol, e moito balón aéreo, entre dous equipos moi necesitados. O balón apenas pisou o medio campo e voaba e voaba do central ao porteiro contrario. Así, o punto sabe mellor para os visitantes unha vez que o gol do empate chegaba a 3 minutos para o final, noutra nova xogada de estratexia, tremendamente traballada polos de Verdillo. Así, compre destacar a mellora do Castriz coas novas fichaxes de Pepe, ex do Xallas, e Bruno. O equipo, de feito, na segunda metade, tivo boas ocasións dos xalleiros por parte de Mauri (case sen porteiro), Sebas (un man a man), que non sentenciaron e deixaron vivo ao San Lorenzo. Para a semana hai un San Lorenzo-Corcubión e un Mazaricos-Castriz vitais para os 4 conxuntos.

Máis información

Crónicas da semana

Máis novas

Fonte

Comentarios