Venres. 29.03.2024
El tiempo

20 anos do Xiria Pop: “Non presumimos de tonterías. Si de música”

20 anos do Xiria Pop: “Non presumimos de tonterías. Si de música”
O Festival Xiria Pop de Carballo cumple 20 anos O Festival Xiria Pop de Carballo cumpre 20 anos, pero prefire presumir da calidade musical que dos números

20 anos non se cumpren todos os días. A pesar de diso, os organizadores dun dos festivais máis veteranos do panorama costeiro, esquiva darlle bombo a unha cifra que sempre chama a atención. “Non presumimos de tonterías, Si de música, deso si”, recoñece Xabier Graña, a eterna alma máter do festival. “Non o poñemos porque che somos, como creo se pode apreciar ao longo dos anos, bastante sobrios e non moi amigos do secundario”, explica un Graña concentrado en que o cartel siga mellorando ano tras ano, máis alá dos números e cifras. Aquí o que importa é a calidade, non a cantidade.

Porque o Festival Xiria Pop mantense vivo gracias á súa aposta pola excelencia musical. Lonxe das grandes plataformas e das grandes aglomeracións, o festival carballés é unha das referencias en materia de música pop e rock do norte da península e o ten máis que merecido despois de 20 anos de carteis tremendamente singulares.

Este a 2017 serán 8 as bandas que suban ao escenario da Sala Dublín os venres 15 e sábado 16 de setembro, nuns días nos que ademais, como novidade, a música compartirá protagonismo coa poesía.

EscritaPop

O venres 15, antes dos concertos na Dublín, poderemos achegarnos ás 20:00h á activa Biblioteca Rego da Balsa para ver a presentación do libro de Carolina Otero “No te hagas el muerto”. A profesora actuará despois coa súa banda e aproveita para, da man da poetisa carballesa Rosalía Fdez. Rial, presentar o seu poemario.

A cita de letras do sábado será xa na Sala Dublín, onde a partir das 19:30h, teremos a ocasión de coñecer o traballo definitivo sobre The Kinks. Manuel Recio presenta o libro “Atardecer en Waterloo”. Xunto con Iñaki García farán un análise pormenorizado de toda a traxectoria musical e case vital dos Kings.

Noites de música do mundo

Festival Xiria Pop Carballo 2017

Bandas de London, Santander, Valencia, Montpellier ou Compostela enchen este festival de culto. E haberá que estar atento a case todas as citas, porque cada un dos 8 concertos teñen o seu por que.

O venres, dende Gales chegan os Colorama, que veñen cos Carwyn Ellis, o guitarrista na xira dos Pretenders, emais Edwyn Collins (“A girl like you”), que foi o líder dos Orange Juice. Atentos haberá que estar aos Sulk, un grupazo de Londo, que fan rollo Manchester moi do estilo dos Stones Roses, The Charlatans…

O sábado arrincará en clave de humidade psicodélica cos composteláns Thee Boas, viaxará ata Francia cos Les Lullies, unha bada garaxe punk con moita actitude. O punto forte serán os madriñeños Biznaga, que chegan no seu mellor momento, despois de pasar polo FIB ou o BBK, cun sentido espectáculo producido por Kaki Arkarazo, ex membro de Kortatu e Negu Gorriak.
E serán os londinenses MFC Chicken os que pechen o festi, como non, a ritmo de garaxe rock. Unha banda clásica con moitos seguidores que seguro que fan mover as cadeiras a todos os asistentes. Quique Fábrica porá o fin de semana cos seus discos.

 

Novas relacionadas

 

Fonte

 

Comentarios