Venres. 19.04.2024
El tiempo

22 explotacións gandeiras de Mazaricos e Santa Comba reciben subvencións de máis de 60.000€

22 explotacións gandeiras de Mazaricos e Santa Comba reciben subvencións de máis de 60.000€
explotacion-gandeira-mazaricos A Xunta inviste uns 2,7 millóns de euros nas explotacións agrarias de Mazaricos e de Santa Comba. Imaxe: Eu Son Mazaricos Once explotacións gandeiras do concello de Mazaricos e outras tantas do de Santa Comba foron as beneficiarias da liña de axudas destinadas a financiar os investimentos materiais e inmateriais que supoñan unha mellora do rendemento global ou a viabilidade da súa explotación, que reciben unha subvención media que supera os 60.000 euros. Esta subvención responde a unha orde de subvención da consellería do Medio Rural do 2016 para investimentos en plans de mellora e incorporación de mozos e mozas por primeira vez a empresas agrarias. Entre os gastos subvencionables por esta orde están a compra de nova maquinaria, gastos para a elaboración de proxectos técnicos de construción ou reforma das explotacións, permisos, licenzas, plantación e mellora de cultivos, compra de novos terreos e adquisición ou desenvolvemento de programas informáticos. Novas incorporacións Ademais, nesta orde tamén se apoia economicamente a incorporación de mozos ás actividades agrarias e gandeiras, co fin de fomentar o relevo xeracional nas explotacións. No caso de Mazaricos acolléronse a estas axudas, que teñen unha contía media de 40.000 euros, un total de 18 novos agricultores e gandeiros. En Santa Comba foron 20 as solicitudes aprobadas. Contando tamén as achegas para os novos investimentos realizado polos dos titulares das explotacións, esta liñas de axuda supón un investimento global no agro do concello de Mazaricos de 2.730.000 euros, mentres que en Santa Comba é de 2.440.000 euros. No total provincial, a Consellería do Medio Rural apoiou o ano pasado a 146 titulares de explotacións agrarias da provincia da Coruña achegando axudas que suman 8,9 millóns de euros e aprobáronse 164 solicitudes de achegas para a incorporación de mozos ás actividades agrarias e gandeiras, cun investimento de 6,7 millóns de euros. Novas relacionadas Fonte

Comentarios