Venres. 29.03.2024
El tiempo

A 25 edición do Asalto ao Castelo posponse ao 2021

Foto de Úrsula Prego dunha das pasadas edicións do Asalto ao Castelo de Vimianzo
A 25 edición do Asalto ao Castelo posponse ao 2021

Tralas cancelación do San Xoán de Carballo e da Festa do Percebe do Roncudo, o Asalto ao Castelo tamén bota o peche para este verán 2020.

Era unha edición especial esta, pois celebraba un cuarto de século, pero as asociacións organizadoras e o Concello de Vimianzo decidiron cancelar a celebración. “É unha decisión que se toma por responsabilidade e prevención sanitaria pola seguridade do público, ademais de ter en conta as medidas que se están a adoptar para loitar contra a expansión da Covid19”. o debate puxéronse sobre a mesa todas as opcións, mesmo o adiamento do festival, mais foron unanimemente descartadas.

O Asalto é unha festa que leva moitos meses de preparación (entre outras cousas a singular representación teatral) o que faría imposible que nestas circunstancias volvese ser a festa da veciñanza.

En todo caso xa marcan en vermello o 3 de xullo de 2021 para esa 25º edición na que esperan estrear unha calificación como Festa de Interese Turístico Galego que vén en camiño.

Novas relacionadas

Comentarios