Sábado. 20.04.2024
El tiempo

2571 sinaturas non convencen á Xunta para dotar con máis especialistas ao CEIP Bergantiños

2571 sinaturas non convencen á Xunta para dotar con máis especialistas ao CEIP Bergantiños
A ANPA A Granxa recollendo sinaturas

A Colleita de sinaturas que abría a ANPA A Granxa o pasado outubro solicitando docentes de especialistas en Necesidades Específicas tivo unha gran acollida. Asó o comprobou o Xefe Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que onte recibía a unha delegación da Anpa do CEIP Bergantiños de Carballo, con nada menos 2571 sinaturas.

2571 sinaturas que, sen embargo, “non serviron para que a Xefatura mudara de opinión a respecto da falta de profesorado de apoio”, sinala Manuel Anxo Pardiñas, “aínda que se comprometeron a actualizar o catálogo para o vindeiro curso”. Deste xeito, parece que “recoñecerán que realmente están a funcionar as 27 aulas, algo que agora non sucede, e así por cupo tócanos 1 especialista de Pedagoxía Terapéutica máis”, apunta Pardiñas. Así e odo, polo de pronto, terán que quedar sen máis especialistas.

O que si conseguiron os pais e nais, é convocar unha reunión ente direccións dos centros públicos, Anpas, Consellería e Concello para tratar o asunto da unificación de horarios escolares no concello. I é que hai varios centros que teñen clase pola tarde. A intención é unificar horarios para conciliar a vida familiar e a oferta deportiva e cultural extraescolar.

Novas sobre a loita contra a LOMCE

Fonte

Comentarios