Sábado. 20.04.2024
El tiempo

2ª Galicia: O Buño tamén gaña

Alberto Recarey protagonista da xornada-Foto-Brais Pose e David Antelo
Alberto Recarey protagonista da xornada cun triplete e dous golazos-Foto-Brais Pose e David Antelo
2ª Galicia: O Buño tamén gaña

Volveu haber remontadas esta semana no trío de cabeza. Se Corme e Esteirana encarrilaron ben os seus encontros, o Ponteceso necesitou tirar de orgullo, e da calidade de Alberto Recarey (fixo un triplete con algún golazo para lembrar), para superar ao Baíñas na casa. Os tres xogaranse o título, e os outros dous disputarán a promoción. Ten opcións aínda o 4º (que disputan precisamente Muxía e San Lorenzo), pois os 2 mellores cuartos dos 3 grupos da provincia meteranse nesa Promoción. Por agora o coeficiente é mellor o dos costeiros que os santiagueses e coruñeses.

Por abaixo, a novidade foi a vitoria do Buño, a primeira do curso, ante un Lira desfeito, que volve dar algunha esperanza ao cadro oleiro. O Cabana segue sumando (un puntiño en Muros) mentres o Zas non puido sacar nada de Cerqueda, na volta de Periscal a Xaviña.

A novidade, a volta de Tasky ao banco dun Baíñas que busca adestrador para cambiar a deriva de 9 partidos sen gañar.

Muxía - San Lorenzo (3-0)

  • Muxía: Hugo, Michael, Javi Toja, Maikel Mouzo, Tati; Roberto Pereira, Mauro Romaní, Adriuán Alcaina, Víctor Alcaina, Isma Márquez, e Manu Nogueira. Tamén: Álex Martínez, Mario, Xan e Abel.
  • San Lorenzo: David Penas; Eloy, Diego Fidalgo, Iglesias, Padín, Pablo Garrido, Diego Varela, Ures, Styven, Fuentefría e Brais Cancela. Tamén: Alonso, Novi, Alexis e Mato.
  • Goles: 1-0, m.57: Manu Nogueira; 2-0, m.70: Víctor Alcaina de penalti; 3-0, m.73: Víctor Alcaina.

Partido condicionado polo forte vento, deixando unha parte para cada equipo. A primeira, co vento a favor do San Lorenzo, o cadro de Verdillo volcou o campo sobre a área de Hugo, pero os balóns directos, e algunha xogada a balón parado non atopaban rematador ante unha ordeada defensa muxiá. A máis clara para o San lorenzo nas botas de Brais.

Cambiou o vento e cambiou o guión. O Muxía subía liñas e tiña o dominio territorial ante un agora ordenado San Lorenzo. A diferencia estivo no acerto ca estratexia, pois o equipo local adiantouse nun córner, cando Manu Nogueira acertaba ao terceiro rexeite. Pouco despois un penalti e unha falta lateral, da man da calidade de Víctor Alcaina (marcou un penalti que provocou el mesmo, e meteu unha falta espectacular), daban os goles e os puntos ao cadro de Leis e Lobelos.

 

Ponteceso - Baíñas (3-1)

11 do SD Ponteceso ante o Bainas--Foto-Brais Pose e David Antelo
11 do SD Ponteceso ante o Baiñas--Foto-Brais Pose e David Antelo

  • Ponteceso: Brais, Isaac, Moscoso, Juanjo, Ismail, Dani Cotelo (Mendieta, m.46), Alberto Recarey, Charro, Abel Torres, Maradona, Eloy Álvarez (Puente, m.65).

11 do CD Bainas nas Redondas-Foto-Brais Pose e David Antelo
11 do CD Baiñas nas Redondas-Foto-Brais Pose e David Antelo

  • Baíñas: Brais, Luís Alvite, Rodri, Cristian Canosa, Esteban, Charly, Hermida, Toño, Baba e Santi Díaz. Tamén: Eloy García, Samuelo, Canosa, Héctor.
  • Goles: 0-1, m.15: Luís Alvite de penalti; 1-1, m.60: Alberto Recarey; 2-1, m.89: Alberto Recarey; 3-1, m.90: Alberto Recarey.

Imaxe do Ponteceso SD-CD Bainas--Foto-Brais Pose e David Antelo

Tasky asumía o mando do banco dun Baíñas que busca patrón, trala marcha de Barca ante a serie negativa de resultados do equipo. Non puido refacerse ante o potente Ponteceso, malia meterse por diante nun choque moi intenso marcado polo vento. Foi a calidade de Alberto Recarey a balón parado a que decidiu o choque.

Comezou o Baiñas máis metido no encontro. Canosa mandaba un balón ao pau e Luís Capote abría o marcador dende os 11 metros. O Ponteceso tardaba en coller o mando, e puido ter empatado pero Brais paráballe outra pena máxima a Abel. Marchou un forte Baíñas en vantaxe aos descanso.

Na segunda comezou o Ponteceso a carburar, sendo máis verticais. Alberto Recarey comezaba o seu show a balón parado, cunha falta lonxana. O Baíñas conseguía aguantar as embestidas, pero case que co tempo cumplido, outra falta dende moi lonxe, o Recarey facía un calco da primeira e a mandaba á escuadra. No desconto, un córner tamén era rematado por Recarey ao fondo das mallas.

Puido ser este o último partido do Ponteceso no exilio das Redondas, unha vez que a semana que vén, trala inauguración do choque de Veteranos, poderase volver xogar no Pinguel.

 

Muros - Cabana (0-0)

  • Muros: Xandre, Berni (Daniculas), Pelos, Iván Cerilla, Dani Jurjo, Xaco (Flavio), Varo (Juanchy), Kiko (Gesto), Ivi (Jose), Xavi e Saúl.
  • Cabana: Víctor, Aarón, Ismael (Stiven), Rubén, Duda (Fernando Rey), Pablo Senande (Simón), Diego Cacha (Cristian), Manolo, Moreno, Sergio, Raúl Corzón.

Partido de forza, de contacto o vivido en Muros, cun cadro local que non foi en ningún momento fomos capaz de controlar o balón. O Cabana, máis serio, tivo as mellores ocasións, pero Xandre sacou un man a man a Pablo Senande na primeira metade moi importante. Na segunda foi Xaco a que tivo o gol de cabeza, pero Víctor estivo máis acertado. Foron os porteiros os protagonistas do choque, pois Xandre tamén tivo que facer dous paradóns a tiros de Sergio e Raúl no treito final.

 

Castriz - Coristanco (3-0)

  • Castriz: David Gerpe; Chiki, Iván Castro (Carlos Paredes, m.70), Álex Mourelle, Alex Forján; Adrián García, Brais Sendón (Martín Gemelo, m.60), Anxo; Espi, Iván Pastoriza (Alvarito, m.80) e Rubén Blanco.
  • Coristanco: Mauricio, Álvaro, Mato, Pazos, R, Dani, Álex, Mario, Joni e Villajos. Tamén: Damián, Jose, Corral, Castiñeiras e Rubén.
  • Goles: 1-0, m.30: Alex Forján tras un rexeite nun córner; 2-0, m.50: Alex Mourelle cun defensa a unha falta; 3-0, m.70: Espi tras un saque directo do porteiro David Gerpe.

Partido que acabou 5 antes de tempo polas 4 expulsións e unha lesión dos coristanqueses. Foi un choque condicionado pola arbitraxe, que sacou do partido os xogadores visitantes. Pronto protestaban dúas mans na área local, xusto antes do primeiro gol xalleiro, na que o cadro verde protestaba tamén unha man no control do balón. Todo nun partido que era de 0-0.

A xogada clave do partido chegaba pouco despois. Un pique entre Espi e Mario acababa con este expulsado tras unha entrada por detrás, unha decisión que consideraron esaxerada os visitantes.

A volta do descanso, o Castriz, cun home máis e co vento a favor, deu un paso adiante, ante un Coristanco que protestaba saques de banda, faltinas… Preto do final, xa co partido roto, un "non protestes que nolas vai pitar en contra" de Pazos acababa coa segunda vermella directa e desatando unha tangana que remataba con dous expulsións máis e un lesionado visitante, para ter que acabar o partido 5 minutos antes dos 90.

 

Lira - Buño (0-3)

11 do Buno SCD
O Buño  compite a permanencia ata o final

  • Lira: Alex, Óscar, Marcos, David, Eloy (Cristiam), Maikel (Toni), Miguel, Borja, Mamadou, Manu e Oliver.
  • Buño: Brais, David, Miguel Dourado, Fran, Luís Miguel, Petís, Bastón, Adrián Rama, Elías, Zinho e Juan Antelo. Tamén: Paco, Fani, Alesander e Martín Castro.
  • Goles: 0-1, m.25: Juan Antelo; 0-2, m.55: Juan Antelo; 0-3, m.90: Martín Castro.

Primeira vitoria dos de Mauro, aproveitando un partido malo, outro máis, do Lira, que leva 5 partidos sen gañar. E volveron saír sen intensidade, chispa nin concentración os lirachos, errando cada pase e perdendo na presión dos oleiros. Zinho e Elías avisaban e no ecuador do primeiro tempo, unha xogada de Luís Miguel era rematada por Antelo por riba do porteiro, para poñer diante aos visitantes na ”peor primeira parte dos locais no que vai de temporada.”

Mellorou algo o equipo de Juan Rey na segunda, tendo máis o balón, pero sen demasiado perigo. Asumiron máis riscos e o Buño aproveitou duas contras para matar o partido. Pronto faría Antelo o segundo tras un balón longo de Fran. Toni saltaba ao campo e demostraba a súa calidade pero Brais gañáballe a partida e Martín facía o terceiro, para darlle esta primeira vitoria que vai reforzar moito as esperanzas do Buño de loitar pola permanencia.

 

Esteirana - Malpica (3-0)

  • Esteirana: MJ, Simón, Code, Tobío, Dani Rama; Adri, Dani Corniños, Pablo Rama, Raúl, Alex Rama e Elías Ruso. Tamén: Fernando, Pachi, Álvaro, Xián, e Pablo Fdez.
  • Malpica: Ángel, Bello, Mante, Kevin, Belar, Ceide, Migueliño, Andy, Dimitri, Alberto, Xaco. Tamén: Laik e Amarelle.
  • Goles: 1-0, m.40: Elías Ruso; 2-0, m.80: Pachi de penalti; 3-0, m.83: Álvaro.

Non entoru ben o cadro de Geno no partido, demasiado relaxados e intensidade, e foi o Malpica quen de meter en perigo a defensa local. Puido abrir o marcador o equipo de Gurita pero o balón paseouse pola liña de gol e foi despexado por un defensa. A Esteirana ía meténdose no partido, e pouco antes do descanso Elías Ruso abría o marcador.

A expulsión de Xaco xusto ao pitar o final da primeira metade condicionou o resto do partido. O dominio local foi claro na segunda, pero o Malpica aguantaba e intentaba sacar algunha contra. Só nos últimos 10 minutos, e dende os 11 metros, sentenciaban os blaugranas.

 

Cerqueda - Zas (4-2)

  • Cerqueda: Víctor, Javi Pazos, Lagoa, Javi Souto, Dani, Nacho, Breo, Diego, Lorenzo, Iván Rojo e Nico. Tamén xogaron: Julián, Marcos Pensado, Estefan.
  • Zas: Puyol, Brais Espasandín (Iván), David (Kevin), Atu, Balsa (Xabi), Manu, Fabi, Bruno (Marcos), Manu Guillamet, Andrés.
  • Goles: 1-0, m.7: Nico ante unha indecisión de Puyol; 2-0, m.48: Iván Rojo de falta; 2-1, m.55: Manu Guillamet nun córner; 2-2, m.65: Manu de falta dende o pico da área; 3-2, m.76: Iván Rojo de cabeza; 4-2, m.90: Lorenzo dende o borde da área.

Union Deportiva Cerqueda-Sporting Zas-Foto-Ra
Union Deportiva Cerqueda-Sporting Zas-Foto-Ra

Alónxase o Cerqueda da zona de perigo tras esta traballada vitoria ante un bo Zas. O vento condiciou o partido, que comezaba co Cerqueda dominando ante un Zas ben armado atrás cunha boa presión, matendo segura a súa liña defensiva. Aínda así abría o marcador o cadro local tras unha incedisión de Puyol, pero o guión no cambiaba. Si que meteu unha marcha o Zas no ecuador do primeito tempo, e foron dominadores durante o segundo treito. Antes do descanso tuvemos unha boa ocasión para ir con 2-0 pero Puyol parou un penalti a Iván Rojo, facendo un auténtico paradón.

Nada máis saír na segunda Iván Rojo facía un bo gol de falta. O Zas seguia xogando ben e conseguía empatar o partido, cun tanto de cabeza de Guillamet e outro golazo de falta, desta volta de Manu Fuentes. O empate espertou de novo ao Cerqueda, que volvía volcarse e Iván Rojo e Lorenzo marcaban os tantos da vitoria para os locais.

 Union Deportiva Cerqueda-Sporting Zas-Foto-Roberto
Union Deportiva Cerqueda-Sporting Zas-Foto-Roberto

Cee - Corme (0-3)

  • Cee: Carlos, Álex, Borja, Jorgito, Josiño, Eze, Alex, Coté, Luís Lojo, Bruno, Leo e Leandro, Tamén: Brais, Patera, Iago.
  • Corme: Illote, Jesús, Aitor, Alejandro, Javi Peón, Toniño, Brais, Sergio Sueiro, Adrián Doldán, Manu Bermúdez e Alejo. Tamén: Brais Torrado, Dani Casal, Diego Bermúdez e Eloy.
  • Goles: 0-1, m.31: Adrián Doldán; 0-1, m.60: Alejo; 0-3, m.83: Alejo.

Empezaba o partido co Corme controlando en zona media e o Cee esperando atrás e buscando rápidas transicións lanzando balóns longos que co vento a favor convertíanse en xogadas de perigo. Os saques de banda tamén eran unha ameaza para os cormeláns e Illote tiña que salvar unha xogada. Non daba co último pase o cadro cormelán, ata que nun roubo en tres cuartos de campo, Manu cede para que Toniño deixe o balón para que sexa Adrián Doldán o que marque o primeiro. Un erro dos ceenses, un tanto cormelán.

Na segunda o Cee estirouse e cunha maior agresividade era capaz de xerar ocasións, como dous balóns dende a frontal que non ven porta. Chegou aí o primeiro de Alejo e a expulsión do local Álex, o que rompeu o partido definitivamente.

As boas novas en Corme completáronse coa vilta aos campos de Eloy, que estivo 6 meses apartado dos terreos de xogo.

 

Todas as crónicas da Liga da Costa

Todas as táboas en www.futboldacosta.com

Comentarios