Xoves. 18.04.2024
El tiempo

2ª Galicia: O Corme asalto o liderato

Bainas-Corme-Foto-Fin Lema 4
O Corme venceu en Vimianzo-Foto-Fin Lema
2ª Galicia: O Corme asalto o liderato

O equipo cormelán aproveitou o tropezo do Ponteceso ante o Muxía para alzarse, tras vencer en Vimianzo ao Baíñas, no liderato da Liga da Costa. Os de Lelo seguen a ser o único equipo invicto da categoría, e do Fútbol costeiro xunto co Camariñas. Os pontecesáns sufrían a segunda derrota do curso e fican a 2 puntos. A Esteirana queda agora a 3 puntos do novo líder, e o San Lorenzo, que suou tinta para vencer ao Malpica, a 6. Quere meterse na loita, con declaracións de intencións incluída este Muxía, e Muros e Coristanco non queren baixar do tren de cabeza.

Por abaixo, as alarmas seguen acendidas en Zas, Buño e tamén en Cabana, tras unha dura goleada. O Cerqueda foi o único da zona baixa que sumou unha vitoria, necesaria tras 5 derrotas seguids.

 

Ponteceso - Muxía (2-3)

11 do Ponteceso-Foto-Brais Pose e David Antelo

  • Ponteceso: Rubén, Isaac, Ismail Juanjo, Luca, Alberto Recarey, Nando (Maradona min.62), Mendieta, Abel Torres, Charro, Xuco.

Plantel do Muxia no Platas Reinoso--Foto-Brais Pose e David Antelo

  • Muxía: Ángel, Michael, Brais Mouzo, Conguito (Alex, m.90), Pereira, Tati (Maikel, m.78), Adrián Alcaina, Edu (Víctor Alcaina, m.89), Isma Pose (Toja, m.84), Mauro Romaní (Julián, m.87) e Manu Nogueira.
  • Goles: 1-0, m.2: Alberto Recarey de falta; 1-1, m.17: Tati tras un córner; 1-2, m.54: Edu; 1-3, m.80: Isma; 2-3, m.90: Maradona.

Charro no Ponteceso-Muxia--Foto-Brais Pose e David Antelo
Charro no Ponteceso-Muxia--Foto-Brais Pose e David Antelo

Partidazo no Platas Reinoso con dous equipazos queseguro que seguirán arriba ata o final. Comezou pegando o cadro “local”, coa calidade de Recarey a balón parado, e aproveitando o céspede rápido que permitiu que lle colase a Ángel por baixo. Pero pouco a pouco o Muxía ía meténdose no partido, e chegando con certo perigo, facendo lucirse dúas veces a Rubén. Charro puido ampliar a vantaxe pero foi Tati o que acertou de cabezapar empatar. Chegaban ocasións nos dous bandos por medio de Manu Nogueira e Xuco, pero vencían os porteiros.

O Muxía comezou mellor a segunda. Pronto marca Edu, de novo de cabeza, e o cadro de Leis e Lobelos deciden dar un paso atrás e armarse ben, controlando as xogadas de Xuco. Charro, Recarey, Abel e Maradona, chegaban pero sen claridade, e nunhca contra Isma Pose fai o terceiro para os muxiáns. O cadro local seguiu empurrando, e recurtaba sobre os 90, xa sen tempo para igualar.

 Recarey e Conguito no Ponteceso-Muxia--Foto-Brais Pose e David Antelo
Recarey e Conguito no Ponteceso-Muxia--Foto-Brais Pose e David Antelo​

Muros - Zas (4-1)

  • Muros: Xandre, Iván Cerilla, Pelos, Dani Jurjo, Ramón de Lira, Xaco, Saúl, Varo, Kiko, Ivi e Xavi. Tamén xogaron Dani, Gesto, Berni, Jose Cacharro e Bruno.
  • Zas: Adrián, Abdu (Isaac, m.53'), Fabián, David Velo (Corzón, m.73) Bruno, Andrés (Damián, m.59), Brais, Iván (Estefan, m.46), Molinos, Manu Guillamet e Fuentes.
  • Goles: 1-0, m.20 Ivi de penalti; 2-0, m.25: Kiko a pase de Xavi; 2-1, m.30 Molinos; 3-1, m.45: Iván tras un córner; 4-1, m.71: Xavi.

Muros en Negro contras as violencias
Muros en Negro contras as violencias

Mañá pasada por auga en Miraflores onde o Zas pagou caro os seus erros iniciais en forma de regalos para que aos 25 minutos os muradáns xa se colocanse 2-0. O Muros dominaba, pero o Zas tivo bos momentos nese segundo tercio da primeira metade. Molinos recurtaba e algunha ocasión chegaría para acadar o empate. Pero ao fío do descanso, Iván facía un dos chamados goles psicolóxicos.

Na segunda o Zas saíu intentándoo pero o Muros estaba moi ben prantado, e tras un balón ás costas da defensa Xavi definía cunha fermosa vaselina. Co Zas practicamente sentenciado, Xavi e Ivi puideron ampliar a renda dun Muros que lamenta a lesión do lateral Dani Romero.

 Chuvia en Miraflores
Chuvia en Miraflores​

Buño - Coristanco (0-3)

  • Buño: Brais, Manoliño, Escras, Pablo, Bastón, Fran, Posiño, Juan, Alex, Martín, Zinho.Tamén xogaron: Petís, Luismi e Elñias.
  • Coristanco: Rubén, Rubio, Dani (Mato), Samu, Mario, R, Jose (Álvaro), Álex, Corral, Villajos (Joni) e Samuel.
  • Goles: 0-1, m.5: en propia; 0-2, m.76: Corral; 0-3, m.90: Samuel de penalti.

Mal partido do Buño de Mauro ante un Coristanco empeñado en seguir demostrando que está aí arriba por méritos propios. Os de Juni dominaron o partido, e xa aos 5 minutos, tras 4 córners seguidos, o balón acababa entrando, case que por ósmosis, na meta local cun remate dun defensa en propia.

Neses primeiros 45 minutos, o Coristanco puido ampliar pero Samuel e Villajos que non acertaban ante Brais. Tamén o Buño obrigou a Rubén a sacar unha boa man a baixo no un para un con Martín.

Na segunda, daba un pasiño adiante o Buño, que tivo un par de ocasións, pero non concretou. E sería cara o minuto 70 cando unha contra acababa co 0-2 transformado por Corral tras xogada de Joni e Dani. Pouco sucedeu a partir de aquí, ata que co partido case rematado un penalti moi claro sobre Corral o transformaba Samuel para facer o definitivo 0-3. Ocadro coristanqués, a pesar da vitoria, criticou a actuación arbitral.

 

Esteirana - Castriz (2-0)

  • Esteirana: MJ, Simón, Samuel (Jorge, m.88), Tobío, Code, Adrián de Abelleira (Priegue, m.86), Dani Corniños, Pablo Rama (Juan, m.71), Alex Rama, Pachi (Álvaro, m.87) e Elías Ruso.
  • Castriz: David Gerpe, Carlos, Alex Mourelle,Chiki, Alex Forján, Anxo, Mata, Iván Pastoriza, Pablo Martínez, Rubén Blanco, Espi.
  • Goles: 1-0, m.13: Dani Corniños nun córner; 2-0,m .65: Álex Rama nun córner.

Con 11 xogadores xustos chegaba a Esteiro o cadro de Miguel Chouza, que non dá saído do lugar da crise. Curioso en todo caso este Castriz que pelexa cos de arriba pero que non consegue ser regular ante os de abaixo.

Comezaron moi forte os locais, facendo unha presión tremenda, collendo todas as segundas xogadas, e facendo dano polos lateriais e tendo ocaisóns por medio de Elías e Álex. Pronto se adiantaron nun córner os locais, e baixaron a presión. O Castriz comezou a estar máis cómodos e a xenerar algo, pero Espi fallou un man a man con MJ. A Esteirana tamén marcou tras un córner pero o colexiado non o apreciou así.

Volveron saír moi fortes os de Geno durante un cuarto de hora, pero cando baixo a presión, o Castriz volveu tomar o mando, e volveu crear. Espi volveu fallar no man a man. A Esteirana tamén obrigaba ao debutante na meta rossonera David Gerpe a facer boas intervencións. ie cando mellor estaban, de novo de córner ampliaban a renda, coincindo practicamente coa expulsión de Mata, que mataba o partido.
O partido ficou algo roto e puideron caer goles dos dous bandos, pero Espi non acertou de novo no man a man, Rubén Blanco mandou ao pau e os dous centros de Iván Pastoriza non atoparon rematador.

 

Lira - Cerqueda (0-2)

  • Lira: Baba, Óscarín, Maikel, Yeray (Marcos, m.31), Josiño Alves, David Pais, Miguel Da Corocha, Mamadou (Yago, m.82), Manu Fernandez (Borja Bouzon, m.67), Oliver, Cristian.
  • Cerqueda: Darío, Diego, Breo, Javi Souto, Estéfano, Lorenzo, Iván Rojo, Dani, Dani Mato, Eloy e Iván Mato. Tamén xogaron: Marcos Pensado, Nico, Javi Pazos, Julián, e Víctor.
  • Goles: 0-1, m.15: Iván Rojo; 0-2, m.30: Iván Rojo de penalti.

Partido para esquecer o cadro liracho que parece que botou de menos ao seu míster, Juan Rey, que estaba enfermo na cama. Ademais, Toni, un dos homes clave, lesionábase no quecemento.
O Cerqueda, necesitado de puntos, saíu moi forte, fíxose mellor ao anegado campo, e aproveito o vento a favor para marcar dous tantos (o segundo tras un penalti protestado polos locais) e puideron ser varios máis.

Na segunda con vento a favor o Lira fixo sufrir algo máis ao Cerqueda, con ocaisóns para Oli e Cristian, pero o gol non entrou e o Cerqueda levou os puntos, mollados, de volta.

 

Malpica - San Lorenzo (3-4)

  • Malpica: Damián, Brais Ceán, Belar, Cristian, Juan Fuentes, Migueliño, Orgueira (Jose, m.72), Alberto (Costin, m.78), Alberto Hombre, Aitor e Kevin.
  • San Lorenzo: David Pena, Diego F. (Alexis, m.69), Puñal, Raúl Iglesias, Pablo Garrido (Dani Padín, m.50), Diego Varela (Kuki, m.67), Ures, Fuentefría, Alejandro Verdes, Brais Cancela, e Yago Varela (Styven, m.60).
  • Goles: 1-0, m.20: Brais Ceán; 1-1, m.30: Brais Cancela; 2-1, m.34: Juan Fuentes; 2-2, m.50: Brais Cancela; 3-2, m.70: Alberto; 3-3, m.75: Brais Cancela; 3-4, m.90: Dani Padín.

Partido de tolos baixo o vento e a chuvia de Pedra Queimada, cun Malpica que comezaba moi intenso, a través de diagonais as bandas e centros laterais xeraba perigo a meta dos de Verdillo. O equipo visitante a través de saídas rápidas e pases as espaldas dos centrais locais xeraba tamén ocasións de perigo. Adiantariase o equipo local pero de contado empataban os carballeses. Pouco antes do descanso os de Malpica volvíanse adiantar no marcador a través dunha falta lateral.

Na reanudación os de Verdillo adiantaron liñas e aumentaron o ritmo de xogo tanto ofensivo como defensivo e pouco a pouco tiñan o dominio do partido, e na que nunca falta lateral poñian o empate no marcador os visitantes. Eran momentos de igualdade cun pouco máis de intensidade dos de Verdillo pero nun error na saida de balón, os locais volvíanse adiantar. Na xogada seguinte os de Verdillo, que non se daban por vencidos igualaban o marcador. E xa contra o final un golazo de Dani Padín servía para levar os puntos.

 

Cee - Cabana (8-4)

  • Cee: Carlos (Pablo Oreiro, m.60), Borja (Isaac, m.46), Jorgito, Aitor; Coté, Ezequiel, Luís Lojo, Josiño (Xavi, m.54), Chema, Bruno e Patera (Leo, m.46).
  • Cabana: Víctor (Diego Suárez), Fernando (Cristian), Rubén, Ismael, José (Castro), Duda, Moreno (Simón), Fernando Rey, Sergio, Diego Cacha, Aarón (Pablo Pose).
  • Goles: Bruno (3), Ezequiel (4) e Leo parao Cee; Simón (2), Nando e Castro de penalti para o Cabana.

Cada chegada do Cee acababa no fondo ds mallas do Cabana, para ir ao descanso cun claro 5-0. Co partido sentenciado, os cabaneses amosaron o seu orgullo e foron arriba, igualaron a contenda, pero volveron recibir 3 tantos, pero tamén puideron marcar, arriscando, 4 tantos.

 

Baíñas - Corme (0-3)

  • Baíñas: Brais, Rodri (Moreira, m.78), Eloy García, Luis Alvite, Eloy Trigo (Cristian, m.87), Cristian Canosa (Héctor, m.87'), Esteban, Samuel (Toño, m.55), Abel, Baba e Santi Díaz (Victor, m.75).
  • Corme: Illote (Suso, m.46), Alejandro, Toniño, Javi Peón, Dani Casal (Alejo, m.83), Javi Bermúdez, Brais Torrado, Brais, Sergio Sueiro (Diego, m.79), Adrián Doldán (Pombo, m.32), e Manu Bermúdez (Aitor Pose, m.84).
  • Goles: 0-1, m.3: Sergio Sueiro marca un golazo dende fóra; 0-2, m.72: en propia; 0-3, m.90: Alejo.

Bainas e Corme no Municipal-foto-Fin Lema
Baíñas e Corme no Municipal-foto-Fin Lema

Comezou o partido marcado pola piscina do Municipal, e cun golazo de Sergio Sueiro dende fóra. Tardou en repoñerse o cadro local, ante un Corme enchufadísimo, e o Brais tivo que parar un lanzamento de falta de Dani Casal. Conseguia o Baiñas reponerse e frear as ocasións visitantes, e pouco a pouco víñase arriba, tendo chegadas como un tiro de Esteban ao longueiro ou un tiro fóra de Santi Díaz. Os dous equipos presionaban a saída do balón e o partido equilibrose pero sen ocasións claras ata o descanso.

A segunda empezaba como rematou a primeira cos dous equipos ben plantados e presionando ben. O Baíñas, coa expulsion de Baba aos 15 minutos por doble amarilla, fixoselle misión imposible a remontada, máis aínda co segundo tanto dos cormeláns. No último treito o xuvenil Javi Bermúdez puido marcar, pero foi Alejo, que volvía tras dús semanas, o que non fallaba á súa cita co gol.

Bainas-Corme-Foto-Fin Lema 2
Baíñas-Corme-Foto-Fin Lema 

AS TÁBOAS EN WWW.FUTBOLDACOSTA.COM

Comentarios