Xoves. 28.03.2024
El tiempo

2ª Galicia: O líder sufriu no campo do pechacancelas

Zas-Ponteceso en San Andres 3
O Ponteceso sufriu en San Andrés para batir ao Zas-Foto-Sporting
2ª Galicia: O líder sufriu no campo do pechacancelas

Lección de igualdade esta fin de semana, marcada pola auga e o vento, na Liga da Costa. O venres empataban Muxía e Malpica no choque adiado pola Barca. Xa en domingo, San Andrés viviu un episodio que demostra a igualdadade da Liga da Costa, pois o líder, Ponteceso, tivo que sufrir para superar ao pechacancelas, un Zas que por xogo ten que saír da zona perigosa.
Na mesma liña, Corme e Esteirana parece que puxeron no seu sitio a Muros e Coristanco, equipos que viñan sendo as sorpresas deste comezo de temporada. Así e todo, coristanqueses e muradáns competiron cara a cara cos dous favoritos.
Tampouco o San Lorenzo, o cuarto do grupo cabeceiro, o tivo fácil ante o Lira, e 3-0 final non reflicte a igualdade que houbo no partido.

A nota da xornada, un novo gol dun porteiro, neste caso, do oleiro Brais, ante o Baíñas. 

 

Baíñas - Buño (2-2)

  • Baiñas: Brais Pereiro, Eloy García, Luís Alvite, Eloy Trigo, Abel (Dieguito), Toño, Samuel (Rodri), Esteban Canosa, Baba, Cristian Canosa e Santi Díaz.
  • Buño: Brais, David, Martín (Espel), Manuel Varela, Pablo Canedo, Miguel Dourado, Alexander, Adrián, Petís, Fran, Juan Antelo (Martín).
  • Goles: 0-1, m.22: Juan Antelo; 1-1, m.53: Baba; 1-2, m.80: o meta Brais saca longo, pega dous bote altos, esvara o porteiro vimiancés e se cola; 2-2, m.94: Eloy García.

Volve sumar este novo Buño de Mauro, nun choque igualado disputado na mañá dominical. O Baíñas estivo moi frouxo, regalando varias ocasións en defensa, que pronto aproveitaba Juan Antelo para adiantar a uns oleiros que presionaban ben arriba. Tivo algunha ocasión máis o cadro visitante pero sen acerto

Saíu mellor o Baíñas a segunda, que empataba cedo nunha boa xogada por banda de Baba. Tras varios minutos de igualdade, e poucas ocasións, chegaba o 1-2, obra do porteiro oleiro Brais, que saca longo, o balón bota alto e cólase tras esvarón do porteiro vimiancés. Apretou aí o Baíñas, e tivo a recompensa xa no minuto 94, cando un balón colgado de saque de banda (protestado polos oleiros por ser irregular), Eloy García facía o empate defintivo.

 

San Lorenzo - Lira (3-0)

  • San Lorenzo: David, Ures, Javi P. (Diego F, m.60), Alex F. (Eloy F., m.70), Raúl, Padín, Styven, Varela, Brais, Alexis (Alberto, m.70), Diego V. (Fran, m.60).
  • Lira: Peipo, Yerai, Oscar, Maikel, Marcos (Costiña), Miguel, Borja (Eloy), Toni, Mamadou (Manu) Oliver e Cristian.
  • Goles: 1-0, m.27: Yago Varela; 2-0, m.42: Brais Cancela; 3-0, m.53: Brais Cancela.

Tarde pasada por agua nas Pedreiras, na que o equipo visitante empezou moi intenso, xenerando bastante perigo a través de diagonais a banda e centros laterais, que a maioría eran despexados pola defensa local. O San Lorenzo buscaba un fútbol máis directo aproveitando a envergadura dos seus homes de ataque e buscando as segundas xogadas, mentres o Lira baixar o balón.

O equipo de Santi Cambón comezou a dominar posicionalmente é a controlar mellor o xogo a partir dos 15 minutos, e pronto chegarían os dous primeiros goles, aproveitando primeiro Yago Varela un inoportuno esvarón dun central liracho, e un balón mal medido polo meta visitante.

Co 2-0, o Lira saíu na segunda arriscando máis e tivo a posesion e o dominio, provocando varias ocasións claras para recortar distancias e meterse no partido, pero onte non era o día do acerto dos de Juan Rey e nunha das contras que tivo ás costas da adiantada defensa visitante, Brais Cancela mataría o partido aínda con máis de media hora por diante.
En resumo, partido igualado en ocasións pero o equipo local tivo máis acerto, dando así un resultado algo abultado para o visto no campo durante os noventa minutos.

 

Corme - Muros (4-2)

  • Corme: Illote, Pandi, Alejandro, Toniño, Dani Casal; Brais Torrado, Adrián Doldán, Sergio Sueiro, Brais, Manu Bermúdez e Alejo. Tamén: Suso, Brais Pombo, Lucas, Javi Peón, Samu Costa.
  • Muros: Xandre, Dani Romero, Juanchy (Ra), Flavio (Berni), Xaco (Sestayo), Álvaro (Bruno), Xavi, Ivi, Saúl e Ramón Lago.
  • Goles: 1-0, m.12: Dani Casal; 2-0, m.27: Alejo; 2-1, m.55: Ivi de penalti; 3-1, m.60: Alejo; 3-2, m.64: Saúl; 4-2, m.90: Samu de penalti.

Partido vibrante, marcado polo vento, o que fixo que cada equipo dominase unha parte. Comezaba o Corme co vento a favor e encerrando os murandáns no seu campo, que trataban de saír en rápidas contras e facendo dano a balón parado. Os locais dominaban o balón e combinaban ben, pero o primer gol chegaría logo dun saque de esquina executado por Dani Casal que o porteiro non logra despexar e colariase dentro poñendo o primeiro no marcador. O segundo gol chega froito do dominio local onde Alejo aproveita un balón na frontal da área para, cun gatillazo ca esquerda mandar o balón o fondo das mallas. Puido Alejo aumentar o marcador noutro disparo tamén na frontal pero o balón marcharía lambendo o pau.

A segunda parte comezaba cun penalti moi discutido polos locais que Ivi aproveitaba para reducir distancias. Pero o Corme, en vez de amilanarse, mantívose arriba e Alejo ampliaba de novo a renda. Pouco duraría alegría pos locais porque Saúl conseguiría recortar nun balón ás costas da defensa, onde o meta local non consegue facerse co balón deixándollo a pracer. A raíz do 3-2 o partido trabouse, e o Muros intentou con balóns directos e empuxe, atopar o empate. Marcaria o último tanto Samuel logo dun penalti sobre Lucas.

 

Castriz - Muxía (2-1)

  • Castriz: Alvarito, Carlos Paredes, Adrián, Alex Mourellle, Pablo Martinez, Rubén Blanco, Chiki (Brais Sendón), Anxo, Espi, Iván Pastoriza e Sebas.
  • Muxía: Ángel, Pereira, Maikel (Papin), Brais Mouzo, Tati, Adrián Alcaina, Isma Márquez (Conguito), Mauro Romaní (Víctor Alcaina), Manu Nogueira, Edu (David Fdez.), Julián Busto (Javi Toja).
  • Goles: 1-0 m.35: Iván Pastoriza de tiro lonxano tocando nun defensa; 2-0, m.90: Iván Pastoriza; 2-1, m.91: Víctor Alcaina.

Moi boa primeira metade do equipo de Miguel Chouza, das mellores da tempada, moi ben colocados, cunha presión moi intensa, que puido ter matado o partido. Nada máis comezar de feito, o colexiado anula un gol a Sebas por suposto fóra de xogo. Costáballe entrar no partido ao Muxía, que abusou do balón directo, pero as segundas xogadas eran dos locais, e Sebas e Iván Pastoriza avisaban mandando sendos balóns aos paus. Pasada a media hora Iván Pastoriza ve pota coaaxuda dun defensa no que rebota o seu disparo.

Na segunda, o Muxía tirou liñas para arriba, e obrigou aos xalleiros a dar dous pasos atrás. Pero acusaron a falta de gol os muxiáns, pois tiveron ocasións de sobra para ter empatado, sobre todo no treito final, xa co central arriba facendo de Alexanco. Pero co equipo volcado, xa no m.90, unha cesión atrás, quédase nun charco e Iván Pastoriza remacha a gol. Tras o saque de centro Víctor Alcania recibe no borde da área e desfaise de varios xogadores rivais e marca o 2-1 na mellor xogada da tarde, pero sen tempo para máis.

Cerqueda - Cee (0-1)

  • Cerqueda: Darío, Dani, Javi Souto, Javi Pazos, Breogán; Dani Mato, Lorenzo, Eloy; Iván Mato, Pitu, Estéfano.
  • Cee: Carlos, Iago (Borja), Jorgiyo, Aitor, Coté, Patera, Luis Lojo (Castreje), Josiño (martín), Chema, Bruno, Leo (Rubén Yaya).
  • Gol: 0-1, m.82: Patera de cabeza nun córner.

Mal partido dos 2 equipos, tamén marcado polas inclemencias meteorolóxicas. A primeira parte saldouse sen fútbol nin ocasións, cos dous equipos moi imprecisos, cometendo erros pero que tampouco eran aproveitados polas dianteiras. O Cerqueda ía esperando e o Cee intentaba dominar algo máis a posesión, e chegou a protesar un gol anulado a Bruno.

Na segunda tampouco houbo demasiado fútbol. O Cee, a favor, intentouno máis, pero a través de tiros lonxanos de Bruno, Luís Lojo ou Josiño. Volveron protestar os de rafa dous penaltis sobre Cote, pero foi Patera, á saída dun córner, o que decantaba a balanza a 10 do final. Tivo Yaya a sentenza nun centro de Bruno no que a un metro da portería toca moi frouxo e o balón dá no pao e sae.

 

Zas - Ponteceso (0-1)

Zas-Ponteceso en San Andres

  • Zas: Puyol. Brais, Velo, Manu, Andrés, Bruno (Brais Espasandín, m.46=, Manu Guillamet, Fabi (Oreiro, m.53), Kevin (Miguel, m.57), Tefi (Balsa, m.63) e Molinos.
  • Ponteceso: Rubén, Isaac (Adrián Pose, m.77), Moscoso (Ismail, m.57), Juanjo, Luca, Mendieta, Alberto Recarey, Nando (Maradona, m.74), Martín Puente (Charro, m.66), Abel Torres (Dani Cotelo, m.74), Xuco.
  • Gol: 1-0, m.30: Luca de cabeza nun córner.

Zas e Ponteceso en San Andres-Foto-Brais e David

Partido de brega, de forza, con dous equipos ben prantados que cederon poucas ocasións, no que só o acerto do líder a balón parado decantou a balanza do partido entre o líder e o pechacancelas. Na primeira metade, só nos córners ameazaba o equipo de Pablo Mallón, e precisamente Luca rematabaun córner botado por Alberto Recarey para facer o que sería único gol do partido. Recarey probou tamén a estirada de Puyol.

Na segunda, o guión non cambiou, con moito control no medio campo e poucas chegadas á area. Se ben Abel e Charro para os visitantes, e Brais Espasandín para os locais, tiveron tímidas chegadas.

Os pontecesáns adicaron a vitoria ao seu porteiro Brais, operado de urxencia a semana pasada tras un golpe no peito.

 O Ponteceso animando ao seu porteiro Brais-Foto-Brais Pose

Coristanco - Esteirana (2-4)

  • Coristanco: Rubén, Sergio, Samu, Pazos, Rubio, Damián, Mario, R, Álex, Samuel e Corral. Tamén: Álvaro, Javi, Joni, Villajos e Dani.
  • Esteirana: MJ, Samuel, Dani Corniños, Dani Rama, Adri (Priegue), Code, Tobío, Pablo Rama (Álvaro), Alex Rama (Juan), Raúl (Jorge García), Carajilllo (Pachi).
  • Goles: 0-1, m.2: Carajillo a centro de Alex; 1-1, m.18: Samuel a pase de Corral; 1-2, m.28: Raúl; 1-3, m.55: Carajillo; 1-4, m.82: Raúl; 2-4, m.87: Joni.

Boa pedra de toque a da Rocheira para a Esteirana, que serviu tamén para medir as posibilidades dunha das sorpresas deste comezo de temporada. A Esteirana soubo adaptarse á chuvia, a un campo pequeno e anegado, para facerse forte en defensa e aproveitar as súas chegadas ao máximo. Foi un choque de ida e volta, con moito balón directo e sen combinacións.

Comezaba o choque cun esteirán tras unha indecisión entre Rubio e Rubén. A partir de aí, houbo media hora de dominio do Coristanco que remataba con pase de Corral que deixaba a Samuel ante o porteiro e facía o empate. Pero acto seguído un disparo de Raúl dende a frontal da Esteirana convertíase no segundo. Tanto que sentou como un mazazo aos locais, que cederon o dominio ata o descanso.

Á volta de vestiarios, intentaron os locais dar un paso e cando parecía que podía chegar o empate tras varios córners, e un man a man de Mario que non definía; unha pérdida en mediocampo de Pazos deixa a Carajillo man a man con porteiro e poñía o 3-1. Morría aquí a emoción do partido, pero chegaba un gol para cada equipo. Un golazo visitante dende a frontal de Raúl que se coaba despois de dar no longueiro e outro de Joni tras un bo golpeo de volea.

 

Cabana - Malpica (1-3)

Equipo titular da SCD MALPICA  no Campo As Redondas de Cabana copia
Equipo titular da SCD Malpica no Campo As Redondas de Cabana-Foto-Fede

  • Cabana: Víctor, Pablo, Rubén (Cristian), José (Ismael), Dani, Sergio, Manolo (Fernando Rey), Moreno, Pablo Pose (Castro), Diego Cacha e Aarón.
  • Malpica: Damián, Juan Abelenda (José), Kevin, Cristian, Belar (Rober), Miueliño, Andy, Juan Fuentes, Aitor, Cristian Pace (Orgueira), Michi Castro (Marquitos).
  • Goles: 0-1, m.1: Juan Fuentes de cabeza nun córner; 0-2, m.9: Michi Castro aproveita o rexeite do porteiro a unha falta botada por Aitor; 1-2, m.17: Aarón de tiro pola escuadra; 1-3, m.55: Andy.

Outro partido marcado polo vento nas Redondas. O Malpica comezaba pegando e xa aos 50 segundos Juan Fuentes abria o marcador nun córner. Non pasaron 10 minutos e o Cabana, moi parado en defensa, xa levaba dous ao lombo. Pero reaccionou o cadro de José Manuel, e comezou a estirarse. Sergio puxo en apuros a Damián cun tiro dende fóra, e Aarón remataba, na escuadra, un centro de Pablo Pose e recortada distancias. Pouco antes do descanso nova xogada de Sergio que Aarón remata fóra con todo a favor.

O segundo tempo foi de dominio cabanés, que acumulaban ocasións, pero non definían aparecendo a figura de Damian para facer varias paradas espectaculares. Á contra tamén chegaba o cadro de Gurita, e Andy marcaba nunha boa xogada enlazada. Aínda quedaba media hora na que os locais o intentaron pero sen demasiada fe nin sorte.

 

As táboas en www.futboldacosta.com

Comentarios