Xoves. 25.04.2024
El tiempo

2ª Galicia: Todo segue igual

SD Ameixenda - Corme CF. Foto: Fin Lema.
SD Ameixenda - Corme CF. Foto: Fin Lema.
2ª Galicia: Todo segue igual

Xornada sen grandes cambios na táboa clasificatoria xa que Mazaricos e Corme seguen ao seu na loita polo título de liga logo de acadar dúas vitorias relativamente cómodas ante o Baíñas e o Ameixenda, respectivamente.

O Volantes de Baño aséntase na terceira praza logo de derrotar a un Monte Louro que se alonxa do obxectivo e é que os bañeses aproveitarían os pinchazos de Ponteceso e Muxía ante dous equipos da zona baixa que se están xogando a vida como son Lira e Sporting Zas.

Pola súa banda, o Cerqueda escalou un posto na clasificación logo de vencer a un Muros que botou en falta a Yanky. E o San Lorenzo superaría ao Buño nun encontro do que os oleiros saíron moi cabreados pola actuación arbitral.

Quen tiña unha boa oportunidade para practicamente garantir a permanencia era o Malpica pero caería derrotado ante un Cee que Leo guiaría cara a vitoria.

SD San Lorenzo 3 – 1 Buño SCD

Moha e Yago San Lorenzo-Bunho

SD San Lorenzo: Rubén, Fidalgo (Álex Fernández m.52), Luciano, Juanjo (Rudi m.57), Pablo Díaz, Jose (Mario m.57), Pablo Garrido, Diego (David Lorenzo m.65), Yago, Fuentefría (Styven m.80) e Brais.

Buño SCD: Brais, Álex (Jorge m.83), Simón, David, Pablo, Alberto (Borja m.71), Fran, Moha, Petís, Mara, Juan.

Goles: 1-0 m.39: Fuentefría; 1-1 m.40: Fran; 2-1 m.78: Fuentefría; 3-1 m.91: Yago.

O San Lorenzo levou a iniciativa dende o pitido inicial ante un Buño que agardaba no seu campo para tratar de sorprender ao contragolpe, o que fixo que o dominio e as ocasións máis claras fosen duns verdilleses que se atoparían cun muro chamado Brais.

Pola súa banda, as ofensivas do Buño eran practicamente nulas e a ocasión máis clara chegaría nun tiro de Alberto dende a liña do medio do campo pero Rubén atallaría o balón en dous tempos.

Os verdilleses seguiríano intentando pero Brais seguiríase mostrando infranqueable e parecía disposto a amargarlle a tarde a un San Lorenzo que se adiantaría por medio de Fuentefría nunha xogada na que os oleiros reclamarían un posible fóra de xogo.

Case sen tempo para respirar, Fran devolvería as táboas ao marcador. E antes do descanso, Brais volvería a aparecer para evitar o 2-1 nun man a man con Jose e Petís perdoaría en boca de gol tras un pase de Juan.

Na reanudación, cambiarían as tornas e o Buño estaría un pouco mellor ca os locais, aínda que serían estes quenes terían a primeira ocasión da segunda metade cun disparo de Brais arriba.

Este segundo acto tampouco estaría exento de polémica e os oleiros reclamarían un penalti de Rudi despois de que este cortase coa man o disparo de Juan á reviravolta, pero o colexiado non sinalaría nada.

Petís tivo unha ocasión inmellorable logo dun gran pase interior de Mara, pero Rubén gañaríalle a partida no man a man ao atacante do Buño.

Tras isto, as ocasións serían constantes para ambos bandos pero non sería ata o minuto 78, cando Fuentefría vería portería ao finalizar unha boa xogada colectiva.

Simón puido empatar o encontro pero non conectaría o centro dun Borja que estaría moi activo dende a súa entrada ao terreo de xogo. E dous minutos despois deste achegamento de perigo, os oleiros reclamarían un posible penalti sobre Moha que quedaría impugne.

Xa no desconto, Yago faría o 3-1 ao materializar unha contra, sentenciando así o partido a prol dos verdilleses.

UD Cerqueda 1 – 0 CD Muros

UD Cerqueda - CD Muros

UD Cerqueda: Diego Dourado, Marcos Pensado, Javi Pazos, Martín Castro (Méndez m.46), Dieguito (Bastón m.87), Lorenzo, Ceide (Gonzalo m.60), Julián (Atu m.46), Dani, Molinos (David Dourado m.69) e Martín Añón.

CD Muros: Xandre, Varo (Pedro m.54), Juanchy (Iván m.66), Bernardo, Dani, Xaco (Gael m.60), Juan Lago, Suso Pata (Bruno m.71), Xavi, Saúl e Adán.

Gol: 1-0 m.71: Gonzalo.

Expulsión: O visitante Juan Lago no minuto 58.

Primeira parte igualada na que habería achegamentos para ambos bandos e aínda que o Muros non estivo cómodo en ningún momento, a mellor ocasión destes primeiros corenta e cinco minutos sería para os homes de Bibi, pero o remate de Saúl sairía por riba do longueiro cando estaba sobre a liña de gol e coa portería libre.

Na segunda metade, só houbo un equipo, propiciado en gran parte pola temperá expulsión de Juan Lago, que deixaba con dez homes a un Muros que tería dúas boas oportunidades para adiantarse por medio dun Xavi que non acertaría.

O Cerqueda exprimiu as bandas e foi por onde crearon máis perigo. Os homes de Míchel gozarían dun penalti que detería Xandre unha xornada máis.

E no minuto 71, Gonzalo, logo dun centro lateral, adiantaría aos locais facendo o definitivo 1-0 co que se chegaría ao remate dun encontro no que os muradáns quedaron descontentos coa actuación arbitral.

Lira CF 1 – 0 Ponteceso SD

Lira CF: Baitir, Óscar (Adrián m.77), Josiño, Rodrigo, Óliver (Deme m.84), Mamadou, Cristian Caamaño, Raúl, Borja Bouzón (Manuel m.92), Edu (Cristian Formoso m.64) e Toni.

Ponteceso SD: Damián, Puente (Charro m.43)(Pop m.75), Matías, Nando (Eloy Álvarez m.67), Recarey, Iván, Mendieta, Ismail, Luca, Mousshin (Raúl m.52), Adrián (José m.46).

Gol: 1-0 m.81: Adrián.

Encontro moi complicado para un Lira que se xogaba moito neste envite ao cal saía ben pero no que vería como o Ponteceso comezaba tendo máis posesión e buscando algunha contra para crear perigo e así sería como se achegaría varias veces á área rival aínda que contando cunha soa ocasión clara, nun man a man no que Cristian Caamaño se quedou sen ángulo, errando no remate.

Pouco trocaría o partido na reanudación, aínda que quizáis o Lira tratou de discutirlle algo máis a posesión aos pontecesáns nuns minutos nos que non houbo achegamentos de perigo por ningunha das dúas partes.

E xa no tramo final do partido, unha boa xogada de Raúl que cede a Oli, acabaríaa materializando Adrián para facer o único gol do encontro.

A partires dese momento, todo cambiou e o Ponteceso buscaría un xogo máis directo e achegaríase á área local con perigo, algo que tamén propiciou que deixasen máis espazos atrás, pero o Lira non sería quen de pechar nas contras das que dispuxo.

O desconto fíxose eterno para o equipo liracho, pero finalmente os homes de Diego Lobelos sumarían os tres puntos que lle dan unha importante bocanada de aire para afrontar as vindeiras xornadas.

SD Ameixenda 0 – 3 Corme CF

SD Ameixenda: Rubén, Kamacho, Bruno (Bicho m.46), Samu, Cristian, Joaquín (Po m.57), Mataso, Castrexe, Dany Añón, Susiño e Juanfran.

11 inicial do Ameixenda ante o Corme

Corme CF: Illote, Jesús (Brais Andrade m.80), Sueiro (Ángel m.72), Eloy (Javi Bermúdez m.62), Manu Bermúdez, Adrián Doldán (Fabián m.62), Alejo, Lucas, Alejandro, Toniño e Brais Torrado.

Goles: 0-1 m.24: Alejo; 0-2 m.25: Alejo; 0-3 m.49: Alejo.

Partido cun protagonista destacado, o cal non foi que Alejo.

O encontro tiña pouco ritmo, con máis dominio dun Corme que fixo intervir a Rubén en dúas boas intervencións, aínda que o Ameixenda non renunciaría a chegar aos dominios de Illote.

Nun destes intentos no minuto 24, Kamacho trataría de entrar pola dereita, roubándolle un xogador cormelán o balón nunha acción na que parte dos xogadores do Ameixenda cometeron o erro de quedar parados pedindo falta, mentres que os do Corme continuaron e Alejo faría o 0-1.

Tan só un minuto, o propio killer cormelán faría o segundo para finiquitar unha primeira metade sen máis novidads.

Aos catro minutos do segundo tempo, nun envío en profundidade, Alejo deixa correr o balón para marcar con un golpeo suave e con efecto diante da saída de Rubén, un gol realmente bonito para completar outro hattrick do goleador cormelán e o 0-3 co que se chegaría ao remate do encontro.

Co partido xa decidido, cun Ameixenda que quería e non podía, e cun Corme que estaba coa lei do mínimo esforzo, foron pasando os minutos sen que pasase nada destacable.

Sporting Zas 1 – 0 Muxía CF

Sporting Zas: Vázquez, Abel, Josito, Rubio, Dani Mato, Brais, Adrián Ramos, Fabi (Pablo Vidal m.93), Juan (Amado m.75), Manu, Carra (Miguel m.81).

Muxía CF: Hugo, Michael, Brais, Congui, Toja, Víctor Alcaina (Isma Pose m.58), Julián, Manu Nogueira, Maikel, Tomás, Mauro (Reigía m.79).

Gol: 1-0 m.8: Abel

Xogaba o Sporting Zas o seu primeiro partido no exilio, máis concretamente, no Platas Reinoso debido ás obras que se están a realizar en San Andrés, o cal estreará novo tapete dentro dun mes.

E no primeiro acto do encontro, os homes de Barca adiantaríanse cun gol de Abel logo dunha boa acción individual de Rubio e un bo servizo de Dani Mato cara o dianteiro, que este non perdoaría, polo que se chegaría ao tempo de lecer co 1-0 no marcador.

Na segunda metade, os muxiáns tratarían de sacar algo positivo do encontro e buscarían crear perigo sobre a portería de Vázquez con balóns longos que apenas lle causarían problemas aos locais, aínda que si os farían sufrir pola incertidume do marcador.

E no minuto 85, Dani Mato puido sentenciar o partido cun penalti que acabaría detendo Hugo, aínda que o electrónico non se movería e os tres puntos quedarían en terras zasenses.

Mazaricos CF 6 – 2 CD Baíñas

Mazaricos CF: Rubén Santos, Borja (Martín m.76), Mario, Ricardo, Piki, Estéfano, Roberto (Diego Montaos m.51), Pereiro, Yago Dosil (Barbeira m.62), Pose, Raúl (Carreira m.78).

11 inicial do Mazaricos ante o Baíñas

CD Baíñas: Paulo, Rodri (Oreiro m.78), Ramón, Luis, Cristian Canosa (Canay m.64)(Capote m.77), Esteban Canosa (Naya m.46), Pablo Muíño, Felipe, Javi, Cristian e Toño.

11 inicial do Baíñas ante o Mazaricos

Goles: 1-0 m.2: Estéfano; 1-1 m.15: Felipe; 2-1 m.21: Pose; 3-1 m.24: Piki (p); 3-2 m.50: Felipe; 4-2 m.59: Piki; 5-2 m.60: Diego Montaos; 6-2 m.77: Martín (p).

O líder saíu a por todas e Estéfano poñía por diante ao Mazaricos logo dun bo servizo de Yago Dosil. Pero pronto volvería a empatar o encontro o Baíñas, despois de que Felipe aproveitase unha imprecisión dos locais.

Trala igualada, o Mazaricos seguiu demostrando que quería a vitoria e Pose á saída dun córner faría o segundo, e pouco despois, Piki faría o 3-1 de penalti. E así se chegaría ao descanso.

Na reanudación, o Baíñas sairía mellor e Felipe metería aos seus de cheo no partido logo de aproveitar un dobre erro da defensa e do porteiro mazaricán.

Pero lonxe de virse abaixo, o Mazaricos faríase co control do encontro e Piki e un Diego Montaos que debutaba na tarde de onte, facían o cuarto e o quinto para os amarelos.

No tramo final do partido, un novo penalti, desta volta, transformado por Martín poñería o definitivo 6-2 no electrónico.

Volantes de Baño FC 3 – 1 UD Monte Louro

Volantes-Monte Louro

Volantes de Baño FC: Marcos, Cajulo, Raúl (Mou m.56), Santi, Godo, Pesco (Yeray m.89), Berto (Rapante m.86), Rachón, Jano, Miguel (Juan do Sivil m.67), Pri (Thiago m.56).

UD Monte Louro: Fernando, David, Pedro, Dani Corniños, Borja, Adrián (Gelo m.74), Raúl (Dani de Sahorta m.74), Sambade (Geiko m.60), Pesko, Juan de Celia, Ivi (Iker m.80).

Goles: 1-0 m.26: Pesco; 1-1 m.40: Adrián; 2-1 m.50: Jano; 3-1 m.58: Pesco.

O Monte Louro realizou unha boa primeira metade pero a pesares disto, sería Pesco cun auténtico golazo quen adiantaría ao Volantes de Baño, demostrando unha vez máis a calidade que atesoura no seu pé esquerdo.

Antes do descanso, Adrián devolvería as táboas ao marcador ao cabecear unha falta lateral sacada por Juan de Celia.

Pero tralo paso por vestiarios, dous erros defensivos condenarían aos loureáns xa que Jano e Pesco non os desaproveitarían para facer o definitivo 3-1.

SCD Malpica 1 – 3 UC Cee

Malpica-Cee

SCD Malpica: Lamas, Mante, Andy (Brais Ceán m.82), Fuentes, Roberto (Jorge m.55), Capelán, Aitor, Laik, Martín (Marcos m.77), Gonzalo e Jairo.

UC Cee: Anxo, Fran, Martín, Jorge (Brais Rey m.68), Rafa, Esteban (Javi m.46), Brais Figueroa (José m.76), Adrián Astray, Chema, Luis Lojo e Leo.

Goles: 0-1 m.7: Leo; 0-2 m.34: Esteban; 1-2 m.49: Mante; 1-3 m.57: Leo.

A necesidade do Cee fíxose notar na Pedra Queimada e o eterno Leo botouse o equipo ás súas costas para guialo cara a vitoria ante un Malpica que se viu superado por un bo conxunto ceense que realizou un dos seus mellores partidos da tempada.

Comentarios