Venres. 29.03.2024
El tiempo

2ª Galicia: O Volantes de Baño xogará a fase de ascenso

O Volantes de Baño celebrando coa afección a súa clasificación para a fase de ascenso.
O Volantes de Baño celebrando coa afección a súa clasificación para a fase de ascenso.
2ª Galicia: O Volantes de Baño xogará a fase de ascenso

Co título xa decidido dende fai varias semanas para un Mazaricos que logrou golear ao Muros, o Volantes de Baño xogábase a segunda posición que dá dereito a xogar a fase de ascenso a Primeira Galicia ante o Muxía e os de Sil non perdoaron e lograron unha vitoria coa que certificaron o seu obxectivo.

Pola súa banda, o Corme repúxose dos duros golpes recibidos nas últimas datas e fíxoo cunha goleada ante un San Lorenzo que viña nunha dinámica de resultados moi boa.

O Malpica poñería fin á competición ligueira cunha vitoria pola mínima ante un Ponteceso que realizou unha gran tempada.

Mentres tanto pola parte media baixa, o Buño e o Lira acadaron sendas vitorias balsámicas ante o Baíñas e o Ameixenda para evitar calquera problemas cos temidos arrastres que fan que o Sporting Zas teña que esperar a ver o que sucede cos equipos costeiros da Primeira Galicia, a pesares do seu triunfo ante o Cerqueda.

E o mesmo lle sucede a un Cee que superou pola mínima ao Monte Louro no Agra de Filgueira.

Volantes de Baño FC 4 – 2 Muxía CF

Volantes de Baño FC: Marcos, Miguel (Jano m.63), Juan do Sivil (Dani m.81), Raúl (Rapante m.81), Santi, Godo, Pesco, Berto, Rachón, Cacho, Pri (Yeray m.74).

Muxía CF: Noé, Reigía, Michael, Congui (Gerardo m.56), Pereira, Mario, Víctor Alcaina, Julián, Mauro, Manu Nogueira e Maikel.

Goles: 1-0 m.1: Rachón; 2-0 m.15: Berto; 2-1 m.31: Manu Nogueira; 3-1 m.37: Berto; 4-1 m.58: Berto (p); 4-2 m.82: Víctor Alcaina (p).

O Volantes de Baño queríase asegurar a fase de ascenso a Primeira Galicia e saíu a por todas, tanto foi así que no primeiro minuto de xogo, Rachón xa adiantaba a uns bañeses que pouco despois aproveitarían un erro dos muxiáns para facer o segundo por medio de Berto.

No minuto 31, Manu Nogueira recortaría diferenzas, pero antes do descanso, Berto volvería a poñer terra de por medio co 3-1.

Á volta dos vestiarios, Berto sumaría un novo gol ao transformar unha pena máxima e poñería as cousas moi favorables.

No tramo final, Víctor Alcaina materializaría un penalti para poñer o definitivo 4-2, resultado co que o Volantes de Baño se clasificou para a fase de ascenso a Primeira Galicia.

SD Ameixenda 0 – 1 CF Lira

SD Ameixenda: Rubén, Kamacho, Samu, Cristian, Mataso, Castrexe, Po, Dany Añón, Gabi (Bicho m.61), Juanfran e Javichu.

11 inicial do Ameixenda ante o Lira

CF Lira: Baitir, Óscar, Josiño, Rodrigo, Óliver, Mamadou, Cristian Caamaño (Cartamil m.70), Borja Bouzón, Edu (Chema m.89), Raúl e Toni.

Gol: 0-1 m.83: Toni.

Partido que tivo o mesmo guión durante os 90 minutos, cun dominador Lira ante un que se Ameixenda defendeu ben preto da área e que intentaba saír con algunha contra.

Nos primeiros minutos, os lirachos dispuxeron de varias ocasións claras pero Oli, Cristian e Toni, quenes dispuxeron das máis claras, non estiveron acertados.

Antes do descanso, o Lira intentouno con centros laterais, pero coa mesma sorte. E a falta duns minutos para o tempo do lecer, unha perda do Lira provocou unha clara ocasión do Ameixenda que resolvería Baitir salvou cunha gran estirada.

Na reanudación, todo seguiu igual, Toni e Cristian tiveron as mellores ocasións dos visitantes, e o longueiro evitaría o gol de Edu dende lonxe. Pero a sete para que se cumprise o tempo regulamentario, Toni conseguiría o gol desde fóra da área cun forte disparo para darlle ao Lira unha vitoria que lle dá a salvación sen ter que esperar polos posibles arrastres, algo moi meritorio si se ten en conta que na xornada 9, os de Diego Lobelos só tiñan un punto.

Sporting Zas 3 – 2 UD Cerqueda

Sporting Zas-Cerqueda

Sporting Zas: Pereiras, Tefy (Andi m.63), Pablo (Fabi m.46), Abel, Josito, Rubio, Brais, Miguel, Juan (Rubén m.75), Manu, Santi (Carra m.40).

UD Cerqueda: Diego Dourado, Marcos Pensado, Atu, Javi Pazos, Gonzalo (Lorenzo m.46), Manu Guillamet (Martín Castro m.73), Dieguito, Cholo, Méndez (Julián m.78), Dani, Molinos (David Dourado m.57).

Goles: 1-0 m.2: Rubio; 1-1 m.16: Dani (p); 1-2 m.28: Manu Guillamet; 2-2 m.47: Abel; 3-2 m.72: Rubio (p).

Expulsións: O local Fabi e o visitante Martín Castro no minuto 90.

O partido comezaría cun temperán gol de Rubio pero a partires disto, a alternancia no marcador sería constante, xa que Dani dende os once metros nun protestado penalti e Manu Guillamet lograrían darlle a volta ao marcador, aínda que antes destes dous tantos, un acertado Diego Dourado sería providencial evitando que os locais aumentasen a conta.

Na reanudación, o Sporting Zas foi o claro dominador e reflexaría ese dominio no marcador cos goles de Abel e Rubio, os cales lle deron a vitoria a uns zasenses que terán que esperar polos temidos arrastres para saber onde xogará a vindeira tempada.

Mazaricos CF 6 – 0 CD Muros

Mazaricos-Muros

Mazaricos CF: Miguel, Borja (José m.60), Amoedo, Mario (Cutu m.46), Ricardo (Carreira m.68), Barbeira, Piki, Estéfano, Diego, Chiki (Yago Dosil m.45), Martín (Pereiro m.64).

CD Muros: Matías, Suso Pata (Saúl m.62), Berni (Gabo m.27), Varo, Xaco, Dani, Siaba, Juan, Eloy, Bruno e Xandre.

Goles: 1-0 m.13: Mario; 2-0 m.30: Barbeira; 3-0 m.50: Diego; 4-0 m.63: Diego; 5-0 m.67: Ricardo; 6-0 m.87: Yago Dosil.

Partido sen historia entre dous equipos que non se xogaban nada máis que a honra dos tres puntos e que o Mazaricos solventaría cunha ampla goleada que serviría para poñer o colofón a unha tempada histórica.

SCD Malpica 1 – 0 Ponteceso SD

Malpica-Ponteceso

SCD Malpica: Lamas, Brais Ceán, Jorge, Villar, Fuentes, Capelán, Aitor, Roberto, Jairo, Gonzalo Vilariño, Mante (Marcos m.69).

Ponteceso SD: Damián, Puente, Dani Cotelo, Matías, Nando (Eloy Álvarez m.69), Recarey, Iván, Mendieta, Ismail, Iago (José m.64) e Luca.

Gol: 1-0 m.59: Brais Ceán.

Expulsións: O visitante Ismail e o delegado pontecesán Manuel Recarey.

Comezou o encontro co Malpica tendo as primeiras chegadas pero sen demasiado perigo. A partir de aí, o Ponteceso asentouse ben no campo e chegarían varias ocasións por parte de Recarey cun tiro dende a frontal que saíu rozando o longueiro e en sendos córners botados por este mesmo xogador, polo que se chegaría ao descanso co empate inicial.

Na segunda metade, máis do mesmo, moi disputado e con moitas interrupcións que apenas deixaron ver un partido bonito. Tería o Malpica dúas ocasións claras con dúas grandes intervencións de Damián e logo sería expulsado Ismail por facer unha falta, sendo o último home.

E no minuto 59, Brais Ceán adiantaría aos locais, facendo o que sería o único gol do partido. Tras isto e a pesares de estar cun home menos, o Ponteceso buscaría o empate pero non lograría materializar as súas ocasións polo que a vitoria quedaría na Pedra Queimada.

SD San Lorenzo 2 – 6 Corme CF

SD San Lorenzo: Rubén, Luciano (Alberto m.13), Kuki (Jose m.65), Diego (Juni m.84), Fuentefría, Mario, Brais, Pablo Garrido, Yago (Ures m.65), Juanjo e Styven.

Corme CF: Suso, Jesús (Fabián m.62), Pandi (Toniño m.85), Eloy, Manu Bermúdez (Javi Bermúdez m.69), Adrián Doldán (Brais Torrado m.66), Lucas, Brais Andrade (Ángel m.70), Alejandro, Javi Peón e Samu.

Goles: 0-1 m.3: Samu; 1-1 m.6: Brais; 1-2 m.44: Alejandro; 1-3 m.52: Pandi; 1-4 m.63: Samu; 2-4 m.72: Brais; 2-5 m.74: Samu; 2-6 m.93: Samu.

Encontro que comezaría cun temperán gol de Samu para poñer ao Corme por diante no marcador ante un San Lorenzo que non tardaría en dar a réplica por medio do seu pichichi Brais.

Tras isto, os cormeláns lograrían facerse co dominio pero non sería ata ao fío do descanso cando Alejandro o reflexaría no marcador co 1-2.

Na reanudación, o Corme seguiría á carga e, Pandi e Samu aumentaría a vantaxe dos da vila do Roncudo, pero volvería aparecer Brais para recortar diferenzas co 2-4.

Aínda que era a tarde de Samu e o dianteiro xuvenil do Corme faría dous goles máis para completar o seu particular póker e poñer o definitivo 2-6 no electrónico.

UD Monte Louro 1 – 2 UC Cee

Monte Louro-Cee

UD Monte Louro: Isma (Joaquín m.56), Abel, David, Pablo, Sambade (Yeray m.46), Adrián, Raúl, Dani Corniños, Ivi, Juan de Celia (Borja m.46), Iker (Geiko m.59).

UC Cee: Anxo (Xacobe m.83), Brais Rey, Pablo, Jorge, Alberto (Alfredo m.57), Carlos Leis, Brais Figueroa, Rafa, Leo, Fran e Martín.

Goles: 0-1 m.25: Leo; 0-2 m.68: Leo; 1-2 m.84: Geiko.

Notouse de principio a fin que non había nada en xogo entre estes dous equipos máis alá que a honra de sumar os tres puntos na derradeira xornada da Liga da Costa.

A pesares disto, os locais contarían con varias ocasións para adiantarse no marcador pero sería o Cee por medio de Leo, o que vería portería no seu primeiro achegamento de perigo.

Na reanudación, o propio Leo poñería aos seus moi preto da vitoria cun novo gol pero Geiko daríalle vida a un Monte Louro que, pouco despois, puido empatar cun penalti que fallarían, polo que o Cee despediría a tempada ligueira con vitoria.

Buño SCD 4 – 3 CD Baíñas

Buño SCD: Brais, Simón, David, Jorge Calvete, Petís (Álex m.66), Fran, Borja, Moha, Pablo, Juan (Rubén m.80) e Mara.

CD Baíñas: Jacobo, Luis, Cristian Canosa, Esteban Canosa, Paulo (Rodri m.46), Samuel, Felipe, Javi, Oreiro, Toño e Capote.

Goles: 1-0 m.1: Moha; 1-1 m.38: Felipe; 2-1 m.44: Juan (p); 3-1 m.62: Petís; 3-2 m.68: Javi; 4-2 m.80: Rubén; 4-3 m.85: Javi.

Nada máis comezar o partido, o Buño adiantaríase por medio de Moha e incluso tería de algunha que outra ocasión máis para adiantarse, pero no minuto 38, Felipe devolvería as táboas ao marcador.

No tramo final desta primeira metade, os oleiros volverían a adiantarse cun gol de Juan dende os once metros.

Tralo paso por vestiarios, os locais ampliarían a súa vantaxe por medio de Petís, pero pronto respostaría Javi facendo o 3-2.

No minuto 80, o recén ingresado ao terreo de xogo, Rubén faría o 4-2 e Javi no 85 faría un golazo para poñer o definitivo 4-3, que puido mover Capote pero o disparo do xogador visitante sairía fóra por pouco, polo que o Buño sumaría os tres puntos que lle permiten rematar a tempada da mellor maneira posible.

Comentarios