Sábado. 20.04.2024
El tiempo

3ª Autonómica: O Carnota non cede e o Volantes dá un paso adiante

3ª Autonómica: O Carnota non cede e o Volantes dá un paso adiante
Faltan 3 xornadas para o remate da liga e as cousas seguen intensas. Sobre todo para saber quen será o campión, unha vez que parece que Carnota e Outes, firmes, repartiranse os dous postos de ascenso directo. O Cabana mantense 3º cunha clara vantaxe sobre o grupo perseguidor, que son os que teñen aberta unha guerra polos 3 restantes postos de promoción. E precisamente nesa loita o Volantes pegaba un golpe na mesa batendo no Montelouro. Os de Baño deixan a 5 puntos aos seus veciños que caen ata a 7ª praza por detrás de Cerqueda e Coristanco. E ollo co Porteño e co Laxe, que seguen agazapados pero calquera erro dos de arriba os mete na promoción. Así, quedan 3 semanas de infarto, con choques directos como o Montelouro-Coristanco da semana que vén ou o Coristanco-Volantes da penúltima. E cómpre non esquecer que Volantes e Coristanco teñen un partido máis e tócalles descansar de aquí ao final.

Volantes - Montelouro (5-1)

  • VOLANTES: Iago (Miguel, min.85), Fran, Paqui (Javi, min.80), Juan, Josiño, Nimo, Brais, Seluco, Edu, Piti (Ramón, min.71) e Ivi (Pardelo, min.83).
  • MONTELOURO: Isma, Bolo (Jaro, min.70), Alvaro, Teo (García, min.8), Pablo, Fernando, Edu (Chema, min.20), Geiko (Denís, min.60), Dani, Pesco (Mingos, min.80) e Rico.
  • Goles: 1-0, min.40: Ivi, de falta; 1-1, min.50: Álvaro; 2-1, min.53: Ivi; 3-1, min.65: Piti; 4-1, min.70: Nimo; 5-1, min.78: Seluco.
Non foi a mellor semana para os de Louro, caeron o sábado na Copa da Costa e onte o Volantes endosoulle cinco goles nun partido que non foi especialmente bonito, pero si dominado polos locais que foron xusto merecedores da vitoria final. A maiores, ao equipo de Canelo sumáronselle as lesións de dous homes importantes como son os veteranos Teo e Edu. No equipo de Louro debutaron na liga Dani e Mingos que xa se estrearan o sábado na copa. Iago abriu o marcador co lanzamento dunha falta. Tralo descanso empatou Alvaro ao recoller un rexeite do porteiro Iago que non estivo acertado ao chapar o balón. Ivi ao recoller un pase da morta de Piti puxo de novo por diante aos de Baño. O propio de Piti poñía o terceiro cunha fermosa volea. Nimo que recollía un rexeite que deixou Isma e Seluco cun tiro por toda escadra dende fóra da área puxeron o definitivo 5-1. Aquí quedades cun vídeo de Gonzalo Sestayo con unha boa falta de Brais e co gol de Ivi, tamén de falta directa.

Carnota - Fisterra B (4-1)

  • CARNOTA: Peipo, Manolo, Pedro, Sergio, Gabri, Pumuki (Tono Goyanes, min.55), Jacobo (Boni, min.75), Rodrigo, Joselu, Manuel Luís (Pedro de Vijo, min.80) e Manoliño (Urko, min.60).
  • FISTERRA B: Ángel, Juanjete, Pablo, Noé, Eloy, Rubia, Gabi, Jose da Anchoa, David Perlón, Crivi e Insua.
  • Goles: 1-0, min.15: Rodrigo; 2-0, min.23: Pumuki; 3-0, min.35: Manoliño; 3-1, min.40: Crivi; 4-1, min.75: Joselu.
Puido ser unha goleada de escándalo, pero ao final a falta de acerto rematador de Joselu, Manoliño e Manuel Luís permitiulle ao filial ir cun cómodo resultado. Os de Fisterra presentáronse con tan só 11 xogadores e entre eles 3 porteiros, de feito o gol visitante foi dun porteiro. Os pupilos de Cambeiro xa miran ao partido da semana que vén fronte ao filial soneirán onde xa podería certificar o ascenso matematicamente se gañan.

Xaviña - Cerqueda (2-2)

  • XAVIÑA: Pablo, Chiribí, Maikel, Juan Antonio, Alberto, Lalá, Javi, Diego Frutos, Carlos (Rubén, min.55), Martín e Elvis.
  • CERQUEDA: Fredi, Rober (Juanjo, min.85), Dani, Javi, Javi Pazos, Maikel (Alex, min.26), Santi, Manu (You, min.70), Lorenzo, Dani Añón e Dieguito.
  • Goles: 1-0, min.2: Diego Frutos; 2-0, min.19: Lalá; 2-1, min.54: Lorenzo; 2-2, min.58: Alex.
  • Expulsión: O local Martín (min.89) por dobre cartón amarelo.
O dito de adestrador novo vitoria segura non se aplicou no debut no banco visitante de Raúl Periscal e o empate fai que o Cerqueda perda dous puntos de ouro na loita por poñerse entre os 6 primeiros. O equipo local foi moi batallador durante os noventa minutos e pese a que foi dominado polos visitantes, sobre todo na segunda metade, non baixaron os brazos mesmo cando lle empataron o encontro e deron unha lección de que pese a non se xogar nada foron moi competitivos.

Cabana - Alcaián (1-0)

  • CABANA: Añón, Pancho (David, min.65), Marcos, Fariña, Jose, Eloi Pereira (Josiño, min.65), Sandro, Diego, Eloi Pereira (Jacobo, min.60), Rubén Rama (Adrián, min.55) e Adrián Santamarina.
  • ALCAIÁN: Rizos, Pombo, Rubén, Dani, Pablo (Diego, min.66), Víctor Pazos, Víctor Freire, Andrés (Nahuel, min.54), David (Iván, min.79), Tote (Portillo, min.70) e Roberto.
  • Gol: 1-0, min.44: Jose, de penalti.
  • Expulsión: O visitante Dani (min.65) por dobre cartón amarelo.
O Cabana conseguiu gañar o sábado ao Alcaián con moito traballo a espera do que fixeran Outes e Carnota o domingo, a vitoria destes fai que case se teña que esquecer dos dous primeiros postos que dan o ascenso directo e se teña que centrar en xogar o playoff de ascenso. Decidiu unha pena máxima convertida por José ao fío do descanso como consecuencia dun derribo de Dani a Santamarina. O propio Dani recibiu a seu segundo cartón amarelo ao comezo da segunda parte, pero nin con esas, en superioridade numérica, parecía segura a vitoria do Cabana. Víctor Pazos rondou o empate a falta dun cuarto de hora para a conclusión.

Atl. Pereirña - Outes (0-3)

  • ATL. PEREIRIÑA: Simón, Javichu, Mateo, Tarrelo (Darío, min.68), Grille, Javi, Néstor, Adán, Biorto, Lamela e Morcillo (Abraham, min.68).
  • OUTES: Gato, Alvaro, Martín, Chúa, Lago, David, Arturo (Lass, min.89), Kin (Edu, min.67), Deivi, Pesco (Sergi, min.83) e Fabio (Poke, min.36).
  • Goles: 0-1, min.23: Deivi, de penalti; 0-2, min.69: Pesco; 0-3, min.83: Edu.
Encontro disputado na mañá do domingo debido a que pola tarde xogábase o Cee-Ponteceso no Sampaio de Refuxos. O Outes non tivo problemas para sacar o encontro adiante e manterse na loita pola liga, e sobre todo no máis importante para eles, os dous primeiros postos que dan o ascenso directo. O locais plantaron cara mentres lles durou a gasolina. Deivi abriu o marcador ao transformar unha pena máxima feita sobre Fabio. Así chegouse ao descanso. Tralo mesmo, os locais reclamaron unha pena máxima sobre o xuvenil Lamela, pero o colexiado non sinalou nada. O gol da tranquilidade chegou a vinte minutos para o final e tras unha fermosísima xogada de equipo dos de Outes que finalizou co remate a gol de Pesco. Xa nos minutos finais, un pase de David deixou só ante o porteiro a Edu e o xuvenil non desaproveitou a ocasión para sentenciar o choque.

Lira - Soneira B (2-4)

  • LIRA: Santi, Miche (Xabi, min.60), Fran de Muros, Pelexo, Suso Perico, Ancho, Gabri, Gerai, Fran Perico, Oscar e Iago.
  • SONEIRA B: Antoniño, Chans, Chuchi, Alberto, Curra, Pichón (Félix, min.60), Héctor, Dani, Cachi, Capote (Juansiño, min.78) e Cristian Canosa.
  • Goles: 1-0, min.30: Fran Perico; 1-1, min.52: Cristian Canosa; 1-2, min.60: Capote; 2-2, min.75: Fran Perico; 2-3, min.83: Félix; 2-4, min.88: Félix.
O Lira puxo as ocasións e o filial soneirán os goles. Costoulle ao equipo de Mayco, con moita xuventude, adaptarse as condicións do terreo de Portocubelo e aos balóns, pero na segunda metade tras sacudirse o vendaval de ocasións do equipo local conseguiu darlle a volta ao marcador e traer tres puntos que lle dan moral para acabar a competición. A baixa na porta de Miguel Anxo tamén se notou, pois no seu lugar tivo que poñerse Santi que non é porteiro. Fran Perico segue a certificar unha gran campaña e xa suma preto de trinta goles.

Coristanco - Corcoesto (4-2)

  • CORISTANCO: Pombo, Marcos, Marquiños, Germán, Luís, Sergio, Carlos (Iván, min.60), Mallón (Arantón, min.55), Edgar, Torreira (Benitez, min.65) e Pazos (Adrián, min.75).
  • CORCOESTO: Siro, Pablo, Rodri, Edelmiro, Germán (Couto, min.80), Longo, Manuel (Lista, min.35), Javi, Martín (Xabi, min.65), Josiño e Héctor.
  • Goles: 1-0, min.15: Germán; 1-1, min.31: Josiño; 2-1, min.40: Edgar; 3-1, min.70: Arantón; 4-1, min.80: Marcos; 4-2, min.85: Héctor, de penalti.
Gran partido o xogado entre un aspirante ao ascenso e o último clasificado, pero os derbis de proximidade xa se sabe como son. O Corcoesto, reforzado esta semana co cormelán Josiño deu moita batalla e marcharon molesto coa actuación arbitral, pois o terceiro gol dos de Coristanco vén precedido dun libre indirecto que non consideraron como tal. O visitante Germán lanzou dous balóns a madeira en momentos clave que puideron cambiar o sino do encontro. O Coristanco que segue acusando a falta de puntería, sacaron o partido adiante con moito traballo e xa esperan o encontro da semana que vén en Louro como o partido clave da tempada e cos playoff en xogo. Dende a vila da pataca o seu adestrador destacaba a ilusión e traballo do seus pupilos e facía o apunte que ao longo da tempada non baixou de 12 xogadores nun adestramento, isto nos tempo que corren é xa unha gran vitoria. Para a semana sumarase ao plantel o veterano e pichichi da liga 2ª división de veteranos, Carliños, tras certificar o ascenso co Coristanco de veteranos, agora votará unha man ao equipo de Jose da Silva para tentar entrar nos Playoff, primeiro, e logo ascender.

Muxía - Porteño (0-3)

  • MUXÍA: Angel Luís, Carrera, Jose Manuel, Pataca (Felipe, min.60), Currás, Julián, Angel, Raúl, Arxires (Santi Negro, min.82), Martinciño e Juan do Coral (Miguel Camaron, min.36).
  • PORTEÑO: Jimy, Brais, Pejo (Iago, min.20), Maikol (David Cadete, min.80), Oscar, Piti, Asier, Cousillas, Ismael, Jorge e Wi (Tajes, min.70)
  • Goles: 0-1, min.15: Jorge; 0-2, min.48: Brais; 0-3, min.61: Wi.
  • Expulsións: Os locais Felipe e Jose Manuel (min.75), ambos con cartón amarelo directo por protestar, o primeiro tras recibir un forte planchazo que lle inchou o empeine.
Pouco puido facer o Muxía para vencer ao Porteño nun partido de rivalidade histórica. Os da Ponte con máis en xogo, non caeron na relaxación e foron matando o partido pouco a pouco sen dar opcións aos rojillos. No bando local debutou o cadete de primeiro ano Santi Negro, irmán de Adrián xogador do camariñas. A nota negativa do encontro foi un corte no queixo de Pejo que tivo que levar seis puntos de sutura.

Laxe - Independiente (2-1)

  • LAXE: Diego (Illote, min.46), Rellán, Saleta, Naya, Óscar, Roi (Rivera, min.60), Borja, Iván Ferreiro, Darío, Samuel e Zurich.
  • INDEPENDIENTE: Toni, Jonathan, Rubén, Carlos, Cholo, Rafa (Gustavo, min.60), Dani, Efren, Brais (Suso Noya, min.65), Roberto e Jorge.
  • Goles: 1-0, min.10: Samuel; 1-1, min.28: Rubén; 2-1, min.30: Roi.
O Laxe segue a vivir das matematicas e mentres estas non lles digan que se acabaron as opcións de playoff van o loitar ata o final, para a semana todo un enfrontamento directo co Cerqueda que aínda lle pode dar máis vida de gañaren. O sábado venceron ao Independiente que parece que xa lle baixou a euforia da boa racha dunhas semanas atrás, aínda que un empate puido ser xusto tamén. Samuel abriu o marcador tras unha boa xogada combinativa con Borja e Zurich. Mediada o primeiro tempo o meta Diego non acerta a blocar o lanzamento dunha falta e o balón queda rexeitado para que Rubén puxera o empate. Dous minutos despois Roi poñía o definitivo 2-1 tras cazar un dos varios rexeites tras un córner.

Máis información

Crónicas da semana

Máis novas

Fonte

Comentarios