Venres. 19.04.2024
El tiempo

3.000 persoas volveron colocar a Mazaricos no centro do sector lácteo galego

3.000 persoas volveron colocar a Mazaricos no centro do sector lácteo galego
A vaca mellor poxada quedou na gandería local SAT Busto-Corzón A vaca mellor poxada quedou na gandería local SAT Busto-Corzón Unhas 3.000 persoas volveron demostrar que a #SemanaGandeira de Mazaricos está entre as máis importantes do país. Despois de toda unha semana de actividades para escolares e familias, o recinto polivalente vestiuse de gala para unha cita na que participa todo Mazaricos. Profesionais do sector, con toda a familia, puideron disfrutar dunhas xornadas completas, que demostran que a MZ está feita con leite de vaca. A gran cita sempre é a dominical, a da Poxa de Xovencas. Saíron á poxa 20 xovencas de alta xenética. As mellores poxadas foron un exemplar da gandería Cunordam de Zas e outra de SAT A Campa. A primeira delas tivo un prezo de saída de 2400€ e vendeuse por 3000€ á explotación Rubio SC de Santa Comba. A segunda empezou en 2100€ e vendeuse por 3250€ e quedou na SAT Busto Corzón, de Mazaricos. Estas dúas vacas foron manexadas polo subcampeón europeo de manexo Avelino Souto. Con todo, ningún dos exemplares baixou dos 1800€ e só 3 foron mercados por menos de 2000€. O montate total da venda foi 43.300€. Poxa da Semana Gandeira de Mazaricos 2018 2

As actividades sociais, o gran salto

Actividades sociais na Semana Gandeira de Mazaricos Actividades sociais na Semana Gandeira de Mazaricos Volveu demostrar Mazaricos que o gran salto de calidade desta Semana Gandeira vén da man das actividades sociais que artella a asociación Eu Son Mazaricos. Un xeito de abrir a cita a toda a familia, non só aos profesionais do sector, que permite ademais espallar a cultura gandeira polo país. Así, durante o sábado, os que encheron o recinto foron rapaces e rapazas que elaboraron un graffiti e unha maqueta da vila, que disfrutaron montando o touro mecánico, que tivo cola ata última hora da tarde. Fíxose entrega dos premios do concurso de fotografía e houbo unha boa a merendola ás persoas asistentes. O touro mecanico que acompanou a Mazarica na Semana Gandeira O touro mecanico que acompanou a Mazarica na Semana Gandeira Ganadora do Premio Retrata Mazaricos Unha das gañadoras do Premio Retrata Mazaricos Xornadas Técnicas As xornadas técnicas do sábado abordaron o benestar animal coa intervención de Juan Manuel García Castro, un dos veterinarios locais. Por outra banda, Javier López, responsable para España e Portugal da firma Kemin que tratou como procesar ben o millo. Pedro Sedano de Qualivet explicou aos presentes como manter o remolque mezclador do alimento das vacas. PequeMazaricos na Semana Gandeira PequeMazaricos na Semana Gandeira

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/a-mz-no-centro-do-sector-gandeiro-galego-ca-sua-gran-semanagandeira/ “”A #SemanaGandeira de Mazaricos é a gran referencia da provincia e unha das dúas máis importantes de Galicia”” — Que pasa na costa ““Voltamos a Mazaricos para que a nosa filla saiba o que é vivir aquí”” — Que pasa na costa

Comentarios