3 novos parques eólicos ameazan o Monte Pindo
10:42 11/03/11
A catagolación do Monte Pindo como Parque Natural podería ser un obstáculo (e salvación) para a instalación de novos parques eólicos no macizo carnotán. Esa pode ser unhas razóns polas que a Xunta a non quere a súa catalogación medioambiental. I é que estes días, nos que asistimos á morte forzada do pioneiro proxecto da Reserva Mariña dos Miñarzos, coñecemos outra nova relacionada coa destrución do noso patrimonio natural.
Segundo denuncia ADEGA, 3 novos parques eólicos cercarán o Monte Pindo. 13 novos aeroxeneradores poderían ser instalados nos termos municipais de Mazaricos, Dumbría, Carnota e Muros, deixando o Monte Pindo nunha illa rodeado un mar de viraventos.
ADEGA fíxolle chegar á Xunta unha proposta alternativa, que pasa por permitirlle á empresa concesionaria Eurovento repotenciar outros parques de Galicia.
Concesións antigas
Os tres parques eólicos, solicitados por Eurovento, non son do novo concurso da nova lei. Son concesións do antigo goberno do PP, e xa están en marcha os os trámites para a avaliación de impacto ambiental.A Devesa dos Anllares en doble perigo
Son varios os lugares ameazados, entre elas a Devesa dos Anllares, coñecido por ser o bosque atlántico máis occidental de Europa e que xa pode sufrir a construción de 3 novas minicentrais hidroeléctricas no río Xallas. Os parques eólicos son os seguintes.- Parque Alto das Agras (ao SW do macizo do Pindo): invade a zona proposta de ampliación do LIC Carnota-Monte Pindo, sobre hábitats prioritarios e humidais catalogados.
- Ampliación do Parque Virxe (ao SW do macizo do Pindo).
- Parque A Ruña (ao NE do Pindo): situado a menos de 2km do Camiño de de Santiago; e a 1 km da Devesa do Anllares.
Novas relacionadas
- A Xunta deixa morrer a Reserva Mariña de Lira, que segue dando exemplo en festivais de todo o mundo.
- A Plataforma polo Xallas ponse en marcha cun roteiro reivindicativo.
- O Xallas corre de novo perigo de sufrir máis centrais hidroeléctricas .
Máis novas
- O Parque Natural Monte Pindo chegou a 222 lugares do país.
- Quen é o que non quere o Parque Natural Monte Pindo?.
- A Xunta non creará nesta lexislatura o Parque Natural Monte Pindo.
- O sector marítimo de Carnota apoia o parque natural Monte Pindo.
- As baleas tomaron O Pindo.
- A Costa sabe degustar o seu mar.
- A Asociación Monte Pindo Parque Natural preséntase en sociedade.
- Luar na lubre homenaxea ao Monte Pindo no seu último disco.
- Atopan posibles fósiles mariños no Monte Pindo.
- A AGACS apoia o Parque Natural Monte Pindo.
- A bitácora da semana (CVI): República de Carnota.
- Nace a Asociación Monte Pindo Parque Natural.
- O BNG de Carnota pide aos grupos politicos que se volquen co Parque Natural Monte Pindo.
- Asociacións de Carnota apoiaron a candidatura do Parque Natural Monte Pindo.
- A Costa da Morte debate sobre a creación do Parque Natural Monte Pindo.
- Propoñen a creación do Parque Natural Monte Pindo.
Máis información
- Grupo de Facebook: Parque Natural Monte Pindo.
- Grupo de Facebook: Na Defensa do Monte Pindo.
Novas informativas
- O Monte Pindo de Galicia e os grabados rupestres prehistóricos, por José Luis Galovart Carrera.
- Coñecendo as lendas históricas do Monte Pindo, por Jose Luis Galovart Carrera.
Fonte e máis información
- Galicia Confidencial: Máis muíños cercan ao Monte Pindo.
- ADEGA: Tres novos parques eólicos sobre hábitats prioritarios e humidais ameazan ao macizo do Pindo.