Venres. 19.04.2024
El tiempo

3 pequenos taekwondistas da Costa clasifícanse para o Campionato Galego

3 pequenos taekwondistas da Costa clasifícanse para o Campionato Galego

O pasado sabado 5 de marzo, o Club Taekwondo Arte e Movemento acudiu a Porto do Son a fase provincial do campeonato escolar de técnica. A participación costeira foi moi positiva.

Por unha banda, en categoría senior, Adriana Toba (Muxia), Yanire Afonso (Cee) e Carmen Romero (Cee) non acadaron clasificarse para o Autonómico, a pesar de facer un moi bo traballo.

Si acadaron clasificarse os 3 rapaces que levaba o clube:

  • Prebenxamín: Lucas Toba (Muxia) que logrou clasificarse tras acadar o 3º posto.
  • Benxamín: Álex López (Cee) clasificouse para o autonómico a pesar de ser 24 participantes neste grupo.
  • Cadete: Juan Luis Lista (Muxia) tamen co 3º posto.

Estes 3 deportista acudiran o vindeiro sabado 19 de marzo a Morforte, para xogarse o Campeonato Galego Escolar de técnica 2011.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Club Arte e Movemento, da man de Juan Carlos Díaz e Graciela Toba.

Comentarios