Venres. 29.03.2024
El tiempo

3 únicos representantes costeiros na Feira Internacional Intur

3 únicos representantes costeiros na Feira Internacional Intur
Enrique Pérez Sampedro, Jorhe Juro e Juan Jose Blanco, únicos representantes costeiros na INTUR Enrique Pérez Sampedro, Jorhe Juro e Juan Jose Blanco, únicos representantes costeiros na INTUR

Escasa presencia do sector turístico da Costa da Morte na Feira Internacional de Intur que a semana pasada se desenvolvía en Valladolid. Parece que o sector non acaba de ver a importancia de acodir a estas Feiras a ensinar a nosa bisbarra, e de feito, os poucos representantes que están participando ultimamente constatan que a Costa da Morte é pouco coñecida a nivel Internacional.

Así o rubrica un Enrique Pérez Sampedro que despois de participar na World Travel Market, non quixo perder a Feira internacional INTUR. Aló estivo cos seus produtos Travels to Finisterre e Grupo Insua-OCA, sendo, unha vez máis o Camiño dos Faros o gran produto estrella da nosa bisbarra, xunto co Camiño de Santiago, a naturezas e as rutas de bici. Enrique constatou que temos unha deficiencia importante en aloxamento de alta categoría, e contou que chamou a atención de que houbese un alcalde promocionando a zona nos talleres.

É que na Feira houbo representación municipal de Mazaricos. O alcalde Juan Blanco e o presidente da Asociación de Hostaleiros Jorge Jurjo estiveron promocionando a MZ pola Feira, nun bo intento de amosar Mazaricos no sector turístico nacional e internacional. Detrás desta viaxe hai semanas de traballo de todo un equipo dedicado a deseñar a mellor maneira posible de promocionar o noso concello. Reuníronse durante dous díascon máis de 20 compradores de diferentes sectores turísticos da península ibérica e Reino Unido.

dav Jorge Jurjo e Juan José Blanco na INTUR enrique-perez-sampedro-na-inturEnrique Pérez Sampedro na INTUR

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios