Sábado. 20.04.2024
El tiempo

30 anos de folk e festa na Carballeira de Zas

30 anos de folk e festa na Carballeira de Zas
Festa da Carballeira de Zas 2013-Berrogueto

Xa estivemos contando anécdotas con Lupe Nieto, i é que 30 anos son moitos anos. Así, este sábado, a XXX Festa da Carballeira de Zas era especial, pois un aniversario así non se cumpre tódolos anos. O Festival decano da Costa da Morte viviu unha noite, se cadra algo máis calmada do habitual, pero moi sentida. Non eran este curso unhas bandas de renome internacional, pero o que si demostra a organización é un gusto exquisito, facendo que durante 30 anos sigan pasando os máis grandes do folk internacional.

A noite comezaba a base de gaitas, da man dos Viqueiras de Ordes, un grupo no que a tradición é bandeira. O seu pasarrúas pola carballeira de Velar avanzaba unha brava sesión folqueira. Brava e reivindicativa, pois a presencia da campaña contra a mina e ouro de Corcoesto sempre estivo presente neste entorno natural.

Xavi Aburruzaga na Festa da Carballeira 2013

A noite comezaba a ritmo de acordeón, un deses instrumentos que fai danzar a carballeira, e o facía con acento vasco. Nunca defraudan os artistas vascos en Zas e Xabi Aburruzaga non ía ser menos.
Do vasco ao galego, volvendo a ver na carballeira, 17 anos despois, a Berrogüeto. Como valora a xente entendida unha banda referencia en Galicia como Berrogüeto, que espera que non tarden outros 17 anos en voltar. Liderados por un pletórico Xabier Díaz tocando, coma quen din "na casa", foron crecendo en intensidade para rematar cuns bises tremendos.

E da tradición galega, ao virtuosismo escocés de Rua Macmillan, que co seu violín, e apenas acompañado por unha guitarra e unha percusión tradicional, fixeron as delicias dos máis puristas.

A noite remataba a golpe viquingo, cos aragoneses de Lurte que trouxeron caña, caña e caña. E lume, conseguindo enfervorizar ao impactado público.

Unha noite moi especial para celebrar 30 anos da mellor música folk do mundo.

Rua Macmillan na Festa da Carballeira de Zas 2013 Lurte dando cana na festa da Carballeira de Zas 2013

Máis información

Novas da Carballeira

Novas festivaleiras

Por vivir: Xa vividos:

Outras novas festexeiras

Fonte

Comentarios