Venres. 19.04.2024
El tiempo

300 persoas, empresas, bancos e administracións envoltas nun fraude en Vimianzo

300 persoas, empresas, bancos e administracións envoltas nun fraude en Vimianzo

Destapada nas últimas horas unha trama de fraude na comarca de Soneira. Ao parecer, xa foron 14 as denuncias presentadas por máis de 20 veciños á empresa vimiancesa Maceiras & Esmorís, por suposto frande no cobro de subvencións en materia de reforestación. A empresa está a ser investigada polo Xulgado de Corcubión, no marco dunha trama que pode extenderse a 300 persoas, entre elas funcionarios e bancos.

Bancos, empresas e xustiza ao tanto

A empresa era a que solicitaba subvencións para reforestación a nome dos propietarios de montes na zona, utilizando fotocopias dos DNI. A administración concedería moitas de estas subvencións e os cartos eran ingresados en contas fraudulentas de 3 bancos, a nome dos propietarios, sempre sen o seu consentimento.
A Federación Rural Galega (Fruga) sinala ademais que as subvencións cobradas certificaban que o traballo fora realizado cando en realidade non se levaban a cabo, o que dá conta do fraude tamén dende a administración, que por se fóra pouco, fixo oídos xordos ás denuncias dos propios propietarios.

Un dos puntos máis complexos é o das sinaturas. Os documentos estarían firmados polos responsables da empresa, traballadores de Medio Rural e máis propietarios, pero estes xa aseguraron que eles non asinaron nada. O Xulgado de Corcubión está solicitaron así probas caligráficas.

Entramado

A FRUGA vai máis aló e denuncia que esto "pode ser tan só a punta do iceberg dun entramado moito mais extenso que ocultaria o cobro de subvencións dirixidas a propietario e propietárias forestais".

Así dende Federación Rural Galega fan un chamamento "a todas aquelas persoas que teñan a máis mínima sospeita de atoparse nesta situación a que denuncien a mesma. Para isto a FRUGA oferece os seus servizos na Costa da Morte para asesorar e organizar aos posibles afectados e afectadas".

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios