Venres. 29.03.2024
El tiempo

3.300 tapas que saben a spa

Premio LAXE na BOCA
Premio LAXE na BOCA
3.300 tapas que saben a spa

Unha veciña de Laxe resultou gañadora do sorteo Laxe na Boca, a iniciativa gastronómica do Concello. A ruta de tapas da fin de semana no marco das xornadas do Reláxese foi todo un éxito de participación, como o demostran as seguintes cifras: 3.296 tapas foron repartidas entre os 9 locais; e se colleitaron 824 cartillas debidamente cubertas co selo de 4 consumicións en distintos locais, para entrar no sorteo.

Finalmente, unha veciña de Laxe, Mosi Álvarez Pallas, resultou gañadora dunha fin de semana no Augusta Spa Resort**** de Sanxenxo. Mosi recolliu a súa tarxeta regalo na Casa do Concello, de mans do Concelleiro de Comercio, Hostalería e Turismo, Xosé Manuel Pose Lema.

O Concelleiro agradece a colaboración e implicación dos negocios de hostalería participantes e anima a continuar na mesma liña de traballo e esforzo conxunto a favor da dinamización da hostalería local.

Así mesmo, agradece a colaboración de Protección Civil e Policía Local, e a de tódalas persoas que se sumaron á programación transmitindo así o seu apoio e interese por este tipo de iniciativas.

Como resumo, cabe dicir que “Laxe na Boca” cumpriu plenamente as expectativas coas que foi ideado dende a Concellería de Turismo, que non eran outras que as de dinamizar a fin de semana de entroido, e promover que se achegase xente a Laxe.

Cata de viño

rioja-riberia sacra

E non para o programa de catas deste “Inverno Gastronómico e Enolóxico”. O venres 8 de marzo ás 7 da tarde será o turno para a Denominación de Orixe Rioja. Dirixirá a actividade Sergio Santorium, delegado norte de Bodegas Fernández de Piérola

O sábado día 9, ás 12.00, tocaralle á Denominación de Orixe Ribeira Sacra, representada neste caso por Belarmino Compañía de Viños. Guiará a cata o seu xerente Mateo Seoane.

As catas permiten descubrir os viños desde tres percepcións sensoriais, a vista, o olfato e o gusto. E a súa finalidade é aportar coñecementos dirixidos especificamente ás persoas interesadas na cultura do chateo.

As catas están abertas a calquera persoa maior de idade que queira aprender sobre viños. Non se require inscrición previa. As prazas son limitadas, ata completar aforo.

Novas relacionadas

Comentarios