Venres. 29.03.2024
El tiempo

35 días de Nadal en Cee

PRESENTACIONNADAL
A Concelleira de Servizos Sociais, a alcaldesa e o técnico de Cultura presentando o programa de actividades de Nadal en Cee
35 días de Nadal en Cee

Xa comezaba esta pasada fin de semana a completísima programación de Nadal do Concello de Cee. A compañía Delatute de Ourense representaba “Mi Gran Mansión” para abrir 35 días de continuas actividades.

As actividades continúan xa este sábado 7 de decembro co I Festival Solidario contra o Cancro, que se celebrará ás 20.00 horas no Auditorio Baldomero Cores, da Casa da Cultura de Cee.

O venres 13 será un dos dias máis especiais, co prendido da iluminación de Nadal e o poboado, a partir das 20:00h no Monumento a Domingo Antonio de Andrade.
Esta mesma noite, de seguido terá lugar a IV Gala do Circuito Correndo pola Costa da Morte.

O sábado 14 de decembro de 2019 terá lugar o Recital Poético-Musical de Manolín, ás 20:00h, ”coa colaboración do Club Arte e Movemento e do Grupo de Baile “Breogán” da S.D.C de Brens.

Sen parada, o domingo 15 , Culturactiva trae a obra Papar sen Cancelas, unha comedia de alta cociña sobre a cultura galega.

O martes 17, o gran Festival de Nadal a cargo dos alumnos da Escola de Música.

O sábado 21, charla ás 19:00h con Doutor Teño Reuma, e Concerto de Panxoliñas.

O domingo 22 de decembro, ás 20:00h Concerto de Nadal coa Banda de Música de Cee, que contará cun repertorio especial: música de nadal española e internacional, valses e ata a famosa Marcha Radetzky.

Xa o luns 23, títeres co Loco Cuento de Navidad para os peques, ás 17:00h na Praza 8 de marzo.

O martes 24, visita de Papa Noel, de 16:30 a 18:30 horas, na Praza 8 de marzo (En caso de choiva, será na Casa da Cultura de Cee). E os vindeiros días espectáculos varios no Nadal en Familia.

O xoves 26 de decembro, Circo Galaico con Títeres Alakran, un espectáculo de variedades onde a maxia e o fantástico se mesturan.

O venres 27, contacontos máxico de Ian e Elisa , ás 18:30h na Casa da Cultura.

O domingo 29, ás 18:30h, A Toupiña, unha obra moi participativa, simpática e escatolóxica que provoca gargalladas e fai que os espectadores empaten coa toupiña, ferida no seu orgullo.

Xa o xoves 2 de xaneiro, comezamos o ano cos bailese xogos dos Animaduendes de 17:00 a 19:00h na Praza 8 de marzo. O venres 3, tamén haberá obradoiros variados.

Non falta a visita do carteiro real o sábado 4 (de 17:000h a 19:00h) e a postería recepcion ás Súas Maxestades o domingo 5 dende as 17:00 no Museo Fernando Blanco, con posterior cabalgata pasando polas rúas Domingo, Antonio de Andrade, Praza das Palmeras, Avda. Fernando Blanco, Avda. Fisterra, Rúa Pontevedra, Estatuto de Autonomía, Rúa Independencia, Avda. Lino Rodríguez Madero, Praza Ketty Quintana, Rúa Europa e Praza da Constitución.



O mesmo sábado 4 hai ademais unha das citas do nadal, o monólogo de Carlos Blanco, ás 20:00h na Casa da Cultura.

Todas as citas de Nadal

Comentarios