Venres. 29.03.2024
El tiempo

3ª Autonómica: Vai por ti

3ª Autonómica: Vai por ti
O Nanton co seu companeiro David O Nantón adicoulle a vitoria a David Clínica de Fisioterapia Sar patrocina a 3ª Autonómica. Coñécenos no FB Clínica de Fisioterapia Sar patrocina a 3ª Autonómica. Coñécenos no FB

Non cede o Corcubión e menos ante un Lira que, xunto co Seaia, aínda non sabe o que é sumar. Xa saca 4 puntos ao 2º, un Laxe que sacou un empate en Vimianzo ante un Castrelo que parece ir a máis. Como tamén vai o Nantón, que foi superior ao Camelle.

Todo nunha xornada onde as homenaxes aos lesionados foron protagonistas.

Lira - Corcubión (0-3)

  • Campo: Lombáns.
  • Lira: Aitor, Catalán, Miky, Eloy Cee, Costa, Pata, Germán, Salva, Maseiras, Suso e Choqueiro. Tamén: Rubén, Saúl e Papin.
  • Corcubión: Jesús, Iván Pablo Adri Balucho, Edu Sebas Mario Suárez, Toja, Tito e Lema. Tamén xogaron: Miguel, Roy, Senra, Roca e Checho.
  • Goles: 1-0, m.8: Sebas de cabeza tras un rexeite a un bo tiro de Mario Suárez; 2-0, m.60: Toja dende a frontal; 3-0, m.70: Lema.
  • Expulsión: dous lirachos.

O primeiro contra o último

Notouse a diferencia na táboa de 12 puntos entre o líder, o Corcubión, e un Lira que entre lesións e expulsións non acaba de conxuntar un equipo completo, malia contar xa con Villar, ex do Corcubión precisamente, e con Zeus, ex do Fisterra. A primeira metade foi sosa, sen dominador, marcada polo tempraneiro gol de Sebas que daba vantaxe a un Corcubión que non facía demasiado.

Chegaba o Lira con algún pase en profundidade pero entre Jesú e a falta de puntería dos lirachos, o empate non chegaba.

Unha expulsión no descanso e outra ao comezo da segunda, ambas por protestar deixaba practicamente o parido sentenciado. Roca e Roy avisaron e Iago Lema tivo varias para marcar, pero foi Toja primeiro e o propio Lema despois os que puxeron a guinda.


Castrelo - Laxe (1-1)

  • Campo: Municipal de Vimianzo.
  • Castrelo: David Caamaño, Chuchi, Luís, Marcos, Víctor (Roi), Maikol, Martín, Añón (Gustavo), Suso (Félix), Estiben e Elvis (Dani).
  • Laxe: Jacobo (Noé, m.46), Naya, Jacinto, Aarón (Bras, m.46), Stiven, Borja, Santi, Miguel Varela (Gora, m.60), Felipe Oróns, Rafa (Omar, m.60) e Zurich.
  • Goles: 0-1, m.38: Zurich de falta directa; 1-1, m.55: Luís de cabeza a unha falta lateral.
  • Expulsión: o local Chuchi m.36.

Homenaxe ao presi

O Castrelo animando ao Presi O Castrelo animando ao Presi

Comezaba o choque cunha pequena homenaxe da xente do Castrelo ao seu presidente, Juan Carlos Trillo, recén operado dun xeonllo.

Pero era o Laxe o que comezaba dominando, con rápidas combinacións e saídas á contra que puideron adiantar antes aos de Adrián Lema, pero foi Zurich o que faltando pouco para o descanso marcaba o primeiro tanto pouco despois de que o Castrelo quedase con 10 pola expulsión de Chuchi.

Parecía o partido claro para o Laxe, pero os locais viñéronse arriba crendo na remontada. Pronto empatou Luís tras unha falta lateral botada por Félix. Neses minutos o choque estaba máis preto do bando vimiancés, pero aproveitando o cansanzo recuperou terreo o Laxe nos últimos 15 minutos meténdose arriba pero sen acerto cara gol.

Nantón - Camelle (2-0)

  • Campo: Fontiñas.
  • Nantón: Guille, Micael, Pablo, Raúl, Diego, Carlos Vidal, Lareu, Fariña, Enma, Martín e Silvariño. Tamén: Sergio, Dani, Iván, Redondo e Óscar.
  • Camelle: Jimi, Sicario, Snacky, Valiña, Lado, Felisiano, Santi, David, Juan, Tedín e Jati. Tamén xogaron: Gemelo, Dimitri, Carlos, Toja e Peseta.
  • Goles: 1-0, m.73: Raúl; 2-0, m.78: Enmanuel.
  • Lesión: David con rotura de tibia e peroné.

Un regalo para David

Grave lesion de David do Nanton Grave lesión de David do Nanton

Adicoulle a vitoria o Nantón ao seu compañeiro David, un rapaz da casa que aos seus 20 anos estaba sendo o mellor do equipo, tirando do carro, pero a mala sorte, e unha mala entrada, provocoulle unha rotura de tibia e peroné .

Unha vitoria xusta ante un Camelle que non mereceu máis e que apenas tivo unha ocasión clara en todo o partido, pero o tiro de Jati pegou no pau. Os de Carlos Margarida foron superiores aos de Jesús do Petrallo, pero aínda así tardou en romper a igualada inicial. Na primeira metade tiveron numerosas ocasións pero non estaban acertados cara gol.

Ao longo da primeira metade a lesión de David provocou un parón de 45 minutos e o Nantón tardou en reaccionar. E xusto cando o Camelle empezaba a asustar, Guille fixo un paradón salvando o 0-1. Aí espabilou o Nantón da man dun imperial Carlos Vidal, e en 5 minutos Raúl e Enmanuel deixaban o partido visto para sentenza.

Montelouro - Seaia (4-1)

  • Campo: Agra da Filgueira.
  • Montelouro: Yago (Fernando, m.75), Abel (Juan de Celia, m.50), Juan, César, Bolo, Gabriel (Pesi, m.80), David, Pedro (Adriá, m.70), Geiko, Riky e Gelo.
  • Seaia: Jose, Vistas, Javi, Jorge, Diego, Guille, Parga, Miguel, Sergio, Cristian e Pablo. Tamén: Iván, Adrián, Chouciño e Adrián.
  • Goles: 0-1, m.10: Pablo de penalti; 1-1, m.35: Pedro; 2-1, m.60: Geiko; 3-1, m.75: Juan de Celia; 4-1, m.85: Juan de Celia.

O Seaia segue sen sumar

Estalle costando armar o equipo a Alberto, un equipo completamente novo que necesita máis minutos para unirse. Este sábado en Agra da Filgueira aguantou unha espesa primeira metade mesmo meténdose por diante pero cos cambios o cadro de Marcelo mellorou e foi superior na segunda metade.


Crónicas da 3ª Autonómica

Crónicas da semana

Conversas co Mito

Máis información

Fonte

Comentarios