Sábado. 20.04.2024
El tiempo

3ª Galicia: A por todas

Imaxe do Corcubión-Ameixenda
Imaxe do Corcubión-Ameixenda
3ª Galicia: A por todas

Así e como vai o Camariñas esta tempada que non dá opción aos seus rivais, os cales están sufrindo a gran pegada do conxunto da vila do Encaixe, como lle pasou esta semana ao Sporting Seaia.

Pola súa banda, un Laxe que debutaba esta tempada, superou ao Castrelo, mentres que o Corcubión goleaba ao Ameixenda para sumar o seu primeiro triunfo da tempada.

Logo, Camelle e Nantón firmaron táboas nun partido disputadísimo, ao igual que Monte Louro e Outes que tamén empataban pero a dous goles no Agra de Filgueira.

Castrelo FC 0 – 2 SD Laxe

Castrelo FC: Carreira, Esteban Lado, Chans, Luis (César m.52), Quintelo, Dani Picallo (Esteban Carballo m.70), Maikol, Adrián Pasantes (Capote m.59), Darío, Gabriel (Esteban Lema m.39) e Víctor.

11 do Castrelo ante o Laxe

SD Laxe: Eloy, Cousillas, Borja, Naya (Elías Santiago m.65), Andrés, Felipe, Carra, Zúrich, Jacinto (Gora m.57), Toja (Dani Pose m.80), Santi (Elías Galeano m.88).

Goles: 0-1 m.38: Carra; 0-2 m.53: Carra.

Encontro igualado no que o Laxe tivo as ocasións na primeira metade pero que resolvería ben o Castrelo defensivamente, ata que nunha falta, os vimianceses cometeron un erro que aproveitaría Carra para adiantar os visitantes.

Xa na segunda metade, os locais comezaron mellor tanto en xogo coma en ocasións, pero noutro erro defensivo, aparecería de novo Carra para facer o definitivo 0-2.

No treito final, o Laxe puido aumentar a súa vantaxe nun penalti que acabaría desbaratando Carreira.

SD Camelle 1 – 1 CD Nantón

SD Camelle: Roi, Marcelino (Rodri m.73), Pablo, Vieites (Jati m.64)(Gerardo m.65), Barreiro, Macareno, Riveiro, David Vázquez, David Camariñas, Paulo (Mario m.61), Ruso (Cristian m.82).

CD Nantón: Guille, Diego, Fran, Costiña, Amado (Cachopo m.65), Martín Suárez, Cigarini, Pablo Fuentes (Rúper m.85), Christian (Pastor m.75), Redondo, Josiño (Maikel m.75).

Goles: 1-0 m.48: Cigarini en propia porta; 1-1 m.85: Cigarini.

Partido ao que entrou mellor un Camelle que se achegaría a porta rival pero sen demasiado perigo. Segundo ían pasando os minutos, o Nantón foi de menos a máis e tería unha boa oportunidade nos pés de Redondo pero o disparo deste sería moi frouxo e quedaríase en nada.

Nada máis comezar na segunda metade, o Camelle atopouse cun gol en propia porta de Cigarini, tralo que chegarían os mellores minutos dos locais.

E no tramo final do partido, Cigarini aproveitaría un balón en longo para superar a Roi cunha vaselina que poñería o definitivo 1-1.

UD Corcubión 5 – 1 SD Ameixenda

UD Corcubión: Marcos, Brais (Rubén m.74), Kamacho (Antonio m.55), Carlos Lojo (Eva m.64), Chiru, Iago Lema, Joaquín, Alan, Gabri, Adán e Pablo.

SD Ameixenda: Rubén, Adrián, Nico, Esteban, Sambade, Javichu, Marlown (Chapu m.74), Bicho (Santi m.46), Ezequiel (José Antonio m.46), Ariel (Alexandre m.78), Gabriel (Pablo m.67).

11 inicial do Ameixenda ante o Corcubion

Goles: 1-0 m.11: Brais; 1-1 m.31: Kamacho en propia porta; 2-1 m.37: Chiru; 3-1 m.64: Iago Lema; 4-1 m.80: Iago Lema; 5-1 m.83: Rubén.

Vitoria clara e xusta do Corcubión aínda que o Ameixenda saíu moi ben ao campo, dominando, tendo unha clara ocasión de gol os oito minutos, pero no primeiro achegamento do Corcubión, un mal despexe permitiu un centro dende a dereita que Brais rematou de tiro cruzado para adiantar aos seus.

Acusaron o gol os xogadores do Ameixenda, que pouco a pouco foron cedendo o control do partido ao Corcubión, aínda que non pasaba apuros ata que no minuto 36, nun córner sacado por Marlown, Kamacho marcaba en propia meta.

Podía pensarse que o empate, conseguido con algo de fortuna, serviría para serenar o xogo. Sen embargo, só dous minutos despois, nunha acción dentro da área do Ameixenda, cando xa parecía que pasara o perigo, o balón esvaroulle a Rubén das mans e Chiru marcou o 2-1 a porta baleira.

No segundo tempo, o Ameixenda no intento de empatar foi descoidando as marcas e, en dúas contras idénticas nos minutos 64 e 80, Iago Lema deixou sentenciado o partido, ainda que Rubén marcaría o 5-1 definitivo pouco despois.

UD Monte Louro 2 – 2 Outes FC

Monte Louro 2-2 Outes

UD Monte Louro: Marcos, Borja, Abel, Juan do Sivil, Pablo, Raúl (Dani de Sahorta m.53), Miguel, Ramiro, Iker (Rapante m.58), Riki, Pesko (Adrián m.85).

Outes FC: Álex, Joel (David m.67), Saúl (Ángel m.85), Iván, Martín, Eloy (Kevin m.79), Santi, Caamaño, Pablo, Jura e Simón.

Goles: 1-0 m.28: Pesko; 2-0 m.40: Miguel; 2-1 m.48: Simón; 2-2 m.60: Santi.

Expulsión: O loureán Pablo no minuto 80.

Unha primeira parte dominada polo Outes, na que o Monte Louro se atopou con dous goles de vantaxe nas dúas únicas chegadas a área visitante por medio de Pesko e Miguel.

Pola súa banda, os outienses non lograrían atinar coa portería loureana.

Na segunda metade, o Outes axustou liñas e aos quince minutos da reanudación xa conseguira empatar cos goles de Simón e Santi, logrando facerse dono do partido e volvendo a fallar numerosas ocasións, o cal case pagan caro xa que nunha xogada illada a piques estivo o Monte Louro de facerse cos tres puntos pero Álex evitaríao cunha gran intervención.

Monte Louro - Outes

Sporting Seaia CF 1 – 4 Camariñas FC

Sporting Seaia CF: Ché, Parga, Jorge, Vistas, Iván, Miguel (Mario m.46), Carlos, Toni, Raúl, Sergio (Cristian m.46), Dímaga (Pablo m.76).

Camariñas FC: Pablo (Joel m.89), Soule, Rodri, Carlos (Joseba m.85), Moriño, Brais, Miki (Saviola m.72), Jesús (Brandon m.46), Javi Antelo, Pablo Suárez e Nazo.

Goles: 0-1 m.7: Nazo; 1-1 m.20: Iván; 1-2 m.50: Nazo; 1-3 m.65: Brandon; 1-4 m.90: Nazo.

Expulsión: O local Toni no minuto 75 e o seu delegado no 85.

Encontro moi disputado no que o resultado non reflexa o que se viu sobre o terreo de xogo xa que o Sporting Seaia lle puxo as cousas máis complicadas ao Camariñas do que di no marcador.

Os camariñáns adiantaríanse no marcador cun temperán gol de Nazo aos sete minutos pero non tardaría en responder o conxunto local e faríao cun gol de Iván que significaría o 1-1 co que se chegaría ao tempo de lecer.

Na reanudación, a pegada do Camariñas foi clave para que estes se levasen o triunfo e Nazo en dúas ocasións para completar o seu particular hattrick e Brandon superarían a Ché para poñer o definitivo 1-4 no luminoso.

Comentarios