Terceira xornada e o Camariñas demostra que vai por todo este curso. A zona de ataque dos de Berto, con Javi Antelo, Brandon e Nazo pon medo ao resto de defensas, como a do Ameixenda, onde as baixas seguen pesando como unha lousa no equipo de Julio Vila.
Por detrás, o Outes solventou o choque co Seaia, e a igualdade fai que o terceiro sexa o Camelle, que venceu nun partido a golpes co Corcubión. Só quedan Castrelo e Seaia por estrear o taboleiro de vitorias, pero coa igualdade que hai, seguro que non tardan moito en facelo.
Partido disputado no Novo Cubeleiro, que puido caer de calquera dos dous lados pero no que finalmente serían os visitantes os que levarían os 3 puntos. Foi un choque moi físico e moi igualado, con alternacias no marcador e no dominio. Comenzaron ben os locais, levando o peso do partido, pero sería o Camelle o que se adiantaría tras un rexeite na frontal da área. Puderon incluso irse con máis ventaxa ó descanso logo dun tiro de David Camariñas que bateu na cruceta da portería de Marcos.
O Corcubión tería nun tiro ó longueiro de Roi unha das suas ocasións máis claras.
Tralo descanso, pero empataría Gabi para os locais tras unha boa xogada colectiva. O choque ía por fases de dominio alterno e non foi ata o minuto 80 cando se volvería adiantar o cadro de Ordóñez. Xa case co tempo cumplido Pablo aproveitou un rexeite nun córner para facer o empate. O partido pudo caer de calquera lado, con ocasións moi claras que non acertaron os locais e que viron como se lles escapaban os puntos logo dun despiste defensivo á saída dun córner xa no desconto.
Foto: Vane
Fotos do Porteño
Partido no que o Porteño saía fatal e facilitándolle varias ocasions claras o Castrelo, que resolvía Jose moi ben. O cadro vimiancés non soubo aproveitar o seu momento e á media hora case que a primeira chegada de Edgar servía para, cun golazo, deixar aos de Varela por diante.
Na segunda, o cadro local levou a iniciativa, ante un equipo de Sergio que tamén tivo as súas ocasións, pero que non estiveron finos. Nunha xogada con algo de sorte, Isma, coa axuda de Esteban, facían o segundo nun barullo dentro da área que practicamente deixou o choque sentenciado.
Bo partido dun Montelouro que barriu do partido ao Laxe. A primeira metade foi claramente do cadro visitante que deixou resolto o choque cos dous tantos seguidos de Pesco (que asinou un triplete) á volta do descanso.
Partido dominando por un Outes que estivo mellor sobre todo nunha primeira metade na que soubo aproveitar os erros da defensa dos de Da Silva. O cadro de Miguel Ramos colocábase co 2-0 ao descanso, xusto cando mellor estaba un Seaia xa ben colocado atrás e que intentaba presionar a saída do balón.
Pouco fútbol na segunda metade cun Seaia mellor posicionado, que puido recurtar por medio de Pablo a pase de Martínez. Gran actuación de Che na meta malpicá e bo papel dos xuvenís Cristian e Fabián.
Alex Pouso, meta dos da Serra
Partido que se presentaba complicado para o Ameixenda, xa que, o feito de recibir o lider, xuntábase a baixa de última hora de Rubén, e tuvo que poñerse Bicho de porteiro. Na primeira parte o Camariñas dominaba o partido pero sen ter demasiadas ocasións claras de gol. O Ameixenda non concedía erros, ata que é media hora, e cando partido estaba nunha fase bastante tranquila un mal despexe permítelle a Souleymane entrar co balón na área pequena e marcar o 1-0. Pouco despois, Brandon aproveita un rexeite e dende uns 20 metros mete o balón na escadra de Bicho.
E si algunha posibilidade podía ter o Ameixenda de meterse no partido, esta desaparecíu no primeiro minuto do segundo tempo. E outra vez un erro defensivo por querer regatear dentro da área. Nestas categorías os erros penalizan moito, e darlle tres oportunidades así a un rival xa de por sí superior, significa perder seguro.