Xoves. 25.04.2024
El tiempo

3ª Galicia: O Camariñas tira de calidade

SD Camelle no Rodeiro
A SD Camelle non pasou do empate ante o Montelouro nun complicado césdepe do Rodeiro
3ª Galicia: O Camariñas tira de calidade

O líder da 3ª da Costa, sufríu para vencer nas Fontiñas, e tivo que tirar de calidade para remontar o partido ante un moi bo Nantón.
O Outes é o único que o segue dende a distancia, e a xornada foi malísima para o Porteño, que perdeu ante o propio cadro da Serra, e viu como o Comité lle arrebatou os 3 puntos que vencera no campo ante o Seaia pola aliñación indebida de Joseba, que viña do Camariñas pero ao que non lle chegara a tempo o “transfer”…

 

Camelle - Montelouro (1-1)

  • Camelle: Calipo, Ruso, Valiña (Rodri, m.80), Pablo, Ucho, David (Carlos, m.65), Adrián, Paulo (Tedín, m.46), Mario, Felipe e Dido.
  • Montelouro: Marcs Lijo, Dani Sahorta, Pablo, Juan do Sivil (Geiko), Manolo Chouza; Miguel Verán (David), Pesco, Lue, Rapante (Mingos), Riki e Íker (Yeray)./li>
  • Goles: 1-0, m.36: Felipe a pase de Mario; 1-1, m.37: Pesco.

Partido marcado por un campo do Rodeiro absolutamente anegado, que se converiu nunha piscina, moi ventada ademais. Deste xeito, pouco fútbol se puido ver no campo camellán, pero si moito balón directo, e moito, moito desgaste físico, nun deses partidos que demostran a intensidade e brega mesmo da 3ª costeira, a peor división do fútbol federado modesto.

As ocasións chegaban por erros, esvaróns, malos botes… Os goles chegarían pegados, primeiro Felipe, e despois Pesco tras un esvarón do central local que falla o despexe.

Máis do mesmo na segunda, con moita brega e poucas chegadas, para deixar un empate xusto e pelexado.
Cómpre destacar a lesión do muradán Juan, e o debut de Geiko, un dos puntais que de seguro subirá o nivel dos de Juan Purrúa.

 

Corcubión - Seaia (1-2)

  • Corcuión: Marcos, Mario, Evaristo, Kamacho, Chiru, Roy (Santi Agulleiro, m.70), Iago Lema, Joaquín, Asier (Rubén, m.45), Gabry e Adán.
  • Seaia: Reca, Parga, Vistas, Iván, Jorge, Toni, Míchel, Loureiro (Quintas, m.55), Dimaga, Raúl,(Pablo, m.60), Sergi (Adrián, m.65).
  • Goles: 0-1, m.10: Toni; 1-1, m.68: Iago Lema; 1-2, m.76: Dimaga.

Comezou o partido co cadro de Nito intentando xogar o balón mentres os de Da Silva esperaban atrás buscando as contras. Unha desas chegadas Jorge centra, o balón pega no longueiro e atento Toni empurra á rede. Lema tivo o empate pero o balón saíur á rentes do pau.

Na segunda non cambiou o guión, pero o Corcubión chegaba con máis claridade é meta rival, ata conseguir empatar por medio do propio capi Iago Lema. Eran os mellores momentos do Corcubión, porén era o Seaia o que se volvía colocar por diante cun tiro potente de Dimaga, que coa axuda do vento se colaba pola escuadra sen que Marcos puidese facer nada.

Apretou o cadro local nos últimos minutos, puidendo acadar o empate pero tamén deixando espazos atrás para que Raúl, Adrián ou Dimaga puidesen ter sentenciado.

 

Nantón - Camariñas (2-3)

  • Nantón: Guille, fran, pasarela, costa, eloy (cachopo, 75) martin(expulsado no 86) david, redondo, cristian, pastor (raul, 80) e Iván.
  • Camariñas: Pablo soule. Olí.moriño.mickael.javi.pablo.nico.barreiro.roi.brandon. Tamén xogaron: Joel, Rodri, Carlos, Brais Alonso e Jesús.
  • Goles: 0-1, m.40: Brandon; 1-1, m.60: Fran; 2-1, m.65: Iván a porta baleira tras un rexeite a tiro de Redondo; 2-2, m.70: Brandon; 2-3, m.83: Javi Antelo remata un centro de Soule.

Partido de igual a igual en Fontiñas, cun céspede en mal estado que impediu xogar demasiado o balón. Empezou dominando o Camariñas, pero a defensa dos cabaneses non deixaba ocos. Tiveronos de Berto e Abel un par de achegamentos claros, ata que nunha xogada, Soule gaña por alto, recolle Javi Antelo, un dos mellores xogadores da categoría, que filtra para que Brandon marque o primeiro.

Empeza a segunda parte sen un dominador claro, e no minuto 60, Fran, cun gran centro chut, fai o empate. Comeza a apretar máis o Nantón, subindo liñas para facer o segundo. Tiveron que retocar o medio campo os camariñáns para retomar o mando, e quen volve a aparecer foi a a calidade de Javi Antelo, para filtrar un novo pase espectacular que non desaproveita Brandon para facer o empate. No treito final, Soule consegue chegar a liña de fondo e centra para que o propio Javi Bicho remate o terceiro. Quedaban 10 minutos e intentou o Nantón con centros e balóns en longo a Iván e Cristian, pero o marcador non se movería.

 

Ameixenda - Laxe (2-5)

Ameixenda ante o Laxe

  • Ameixenda: Rubén, Nico, Adrián, Javichu, Esteban, Samuel, Ariel, Gabri, Susiño, Pablo, Ezequiel. Tamén xogaron; Carro, Chapu, Bicho, e José A.
  • Laxe: Eloi, Andrés, Santi, Eloi, Gora, Zurich, Jacinto, Carra, Íñigo, Óscar e Elías. Tamén xogaron: Naya, Dani, Jorge, Manuel e Bieito.
  • Goles: 0-1, m.6: Óscar Toja de cabeza; 0-2, m.12: Óscar Toja tras unha parede; 1-2, m.32: Ezequiel de penalti cometido sobre el mesmo; 1-3, m.36: Zurich; 1-4, m.44: Carra; 2-4, m.70: Chapu de cabeza; 2-5, m.90: Bieito.

Nova derrota do Ameixenda, que se está acostumbrado a regalar sempre os 10 ou 15 primeiros minutos dos partidos e ter que ir sempre a remolque. Hoxe, aos 12 minutos xa ganaba o Laxe 2-0 gracias dos goles do mítico veterano óscar Toja, os primeiros dos moitos que seguro vai marcar esta tempada para o cadro de Antelo.

Manexaba ben o partido o Laxe non dándolle opcións o Ameixenda ata que no m.32 Ezequiel foi derrubado dentro da área. O propio Ezequiel transformou o penalti. Pero pouco durou a alegría xa que no m.36 o Laxe sacou de forma rápida unha falta, collendo fóra de sitio a defensa para que Zurich marcara o 1-3. O mellor que lle podía pasar o Ameixenda era chegar o descanso sen encaixar máis goles e tratar de recompoñerse para o segundo tempo. Pero Carra facía o cuarto xusto antes do descanso.

E na reanudación, xa co partido practicamente resolto, o Laxe pouco a pouco vai cedendo e o Ameixenda empeza a ter oportunidades de gol. Nunha delas, Chapu de cabeza fai o 2-4, m.70. Con 20 minutos por diante, o Laxe empezou a ter certos erros e imprecisións, como a do porteiro no m.75, que o ser presionado despexou mal e o balón chegou a Bicho, que dende o borde da área e a porta baleira mandou fóra o que podía ser o 3-4. Seguíu intentando o Ameixenda pero xa faltaban as forzas. O 2-5 definitivo marcou BIeito de falta directa a escadra xa no desconto.

Vitoria xusta, e necesaria, para este Laxe despois dosúltimos partidos, cimentanda nunha gran primeira metade, e nun resultado excesivo na segunda.

 

Porteño - Outes (0-1)

  • Porteño: Josiño, Pejo, Caamaño, Anxo (Campaña, m.81), Manu, Ángel, Porto, Mario Pereira, Vicente (Wii 72'), Joseba (Isma, m.54) e Cachi (Edgar, m.65).
  • Outes: Alex, Jura, Arturo, Pablo (Paulo), Caamaño (Álvaro), Chía, Martín, Iván (Santi), Babu (Veleiro), Simón e Eloy.
  • Goles: 0-1, m.74: Santi.

Un dos partidos máis igualados da xornada tivo lugar no complicado céspede da Grixa. As defensas, e as imprecisións, impúñanse, nun partido no que as chegadas ás áreas dábanse por balñons áereos e segundas xogadas.

O máis lóxico tería sido uin empate, pero se o Porteño marrou as súas ocasións, o Outes acertou nunha das súas, cando Santi batía por baixo a Josiño. Acabou sufrindo o cadro de Miguel Ramos pois os de Varela aproveitaban cada saque de banda para colgar e colgar balóns á área.

 

As táboas en www.futboldacosta.com

Comentarios