Sábado. 20.04.2024
El tiempo

3ª Galicia: O Nantón frea ao Camariñas e a loita segue viva polo título e a promoción

O Nanton venceu en Camarinas
O Nanton venceu en Camariñas axitando a Liga
3ª Galicia: O Nantón frea ao Camariñas e a loita segue viva polo título e a promoción

Segue líder o Camariñas, pero só gracias ao golaveraxe que lle ten gañado ao Outes. Os de Berto caeron goleados, na casa, ante un Nantón que dá un paso de xigante para asegurar a Promoción, con esta sorprendente goleada. En todo caso, e co título máis igualado que nunca e a falta de 12 puntos en xogo (9 para os 3 de arriba), a semana que vén pode celebrar o ascenso Camariñas e Outes, se vencen en Corcubión e nas Fontiñas, pois o Montelouro descansa e xa non quedan puntos suficientes en xogo para remontarlles.

Un Montelouro que aseguraba a súa praza na Promoción, na que o Laxe tamén daba un paso importante e o Seaia perdía a ocasión de colarse por diante do Camelle. Camelláns e malpicáns parece que se xogarán a 4ª praza.

A novidade prodúxose no banco do Porteño, onde Javi Baña volve a casa para axudar a rematar dignamente a temporada aos seus amigos de sempre.

 

Camariñas - Nantón (0-4)

  • Camariñas: Pablo, Rodri, Oli, Moriño, Pablo Suárez, Barreiro, Nico, Mario, Saviola, Nazo e Brandon. Tamén: Sergio, Miki Pose, Manu Pasantes e Brais Alonso.
  • Nantón: Guille, Fran, Pasarela, Amado, Eloy, Martín, David, Pablo Fuentes (Rúper, m.75), Pastor (Javi, m.80), Maikel (Redondo, m.70) e Josiño (Cristian, m.65).
  • Goles: 0-1, m.4: Fran dende o medio campo; 0-2, m.30: Josiño; 0-3, m.37: Josiño; 0-4, m.65: Cristian.

Partido condicionado polo forte vento. O cadro de Fachal chegaba coas ideas claras, pechando moi ben as liñas, sen deixar pensar ao cerebro local, Moriño. Así, moi pronto chegaba o primeiro tanto, cun golpeo dende campo propio de Fran que, co vento, se coa pola escuadra. O choque transcorría sen demasiadas ocasións pero Guille si que tiña que salvar unha internada local. O Nantón ía chegando e tras dous toques de cabeza de Maikel e Oastor, Josiño remacha de maneira perfecta e sen que bote. Antes do m.40, chegaría o 0-3, obra de novo de Josiño, que remataba moi ben á cepa do pau.

Non se descoumpuxo en ningún momento o Nantón nunha segunda metade de dominio local, que co vento a favor inclinou o campo para a área de Guille. Ben armados, si que sufriron algunha ocasión pero a base de garra aguantaron e mesmo buscaron a Pastor como referencia, baixando balóns e dando osíxeno ao todo o equipo. Maikel tras gran cabalgada, cede para Cristian e este fai o cuarto, e completar a sorpresa no Hermanas Patiño.

Montelouro - Camelle (3-0)

  • Montelouro: Marcos, Abel, Manolo Chouza, Juan, Borja (Yeray, m.60), Dani (Íker, m.46), Geiko (Raúl, m.46), Riki, Pesco (Rapante, m.70), Verán e Pablo,
  • Camelle: Calipo (Roi, m.50), Ruso (David Porteiro, m.70), Pablo, Maka, Rodri (Tedín, m.60), Marcelino, David Camelle, Dido, David Camariñas, Ribeiro e Felipe.
  • Goles: 1-0, m.2: Pesco de córner directo; 2-0, m.15: Pesco; 3-0,m .30: Pesco.

Montelouro puido co Camelle-Foto-Edu Olveira
Foto: Edu Olveira

Venceu un superior Montelouro que xa se colocaba por diante no min.2 cun fermoso gol olímpico de Pesco. Non tardou o trigoleador da tarde en facer o segundo, tras aproveitar un balón mortou noutro córner e poñela pola escuadra. A partir de aí desaparaceu o Camelle, e o Montelouro completou unha boa primeira metade co terceiro. Melloraron na sgeunda os de Ordóñez pero non foi suficiente para facer perigrar a vitoira local.

Xa van 13 xornadas sen perder dos de Juan Purrúa, ademais moi serios atrás.

 

Seaia - Corcubión (4-4)

  • Seaia: Recarey, Josi, Vistas, Iván, Parga, Toni, Míchel, Andi (Pablo Souto, m.80), Raúl (Pablo, m.85), Isaac (Loureiro, m.65) e Eme.
  • Corcubión: Abe, Evaristo, Lema, Mario, Joaquín, Esteban, Castillo, Alán, Cali, Chiru e Brais Lagoa. Tamén: Asier, Esteban, Pablo Castro e Adán.
  • Goles: 1-0, m.10: Andi dende fóra da área; 2-0, m.13: Eme; 2-1, m.43: Castillo; 3-1, m.46: Isaac; 4-1, m.51: Raúl; 4-2, m.62: Chiru; 4-3, m.80: Iago de penalti; 4-4, m.90: Esteban.

Partido de tolos en Pedra Queimada. Adiantouse moi cedo o Seaia e conseguiría aumentar a súa vantaxe tras desaproveitar o Corcubión sendas ocasions de empurrar de Mario e Alán. Antes do descanso Castillo reduciría diferenzas e o Seaia faría o terceiro. Na segunda metade os locais ampliarían de novo a sua vantaxe ata o 4-1 que parecía definitivo.

Pero os corcubioneses non se virían abaixo e por medio de Chiru, Lema de penalti e Esteban no desconto lograrían o empate. Os visitantes protestarían outro penalti por mans xa no tempo cumplido e co empate no marcador, que tivo como consecuencia a expulsión de varios xogadores do Corcubión.

 

Outes - Porteño (3-0)

  • Outes: Alex, Álvaro (Caamańo), Robert, Pablo, Jura, Chía (Bugallo), Martín, Babu (Joel), Veleiro, Roberto (Simón), Eloy.
  • Porteño: José Manuel, Manu, Caamaño, Marcos, Anxo, Ángel, Edgar, Mario, Wii, Joseba e Javi. Tamén: Vicente, Brais Blanco, Porto, Campaña.
  • Goles: 1-0, m.25: Martín; 2-0, m.55: Eloy; 3-0, m.85: Eloy.

Non o tivo fácil o equipo de Miguel para superar aos de Javi Baña. Os da Ponte comezaron moi ben, pero as súas dúas primeiras chegadas non tiveron rematador. Os erros eran os protagonistas dun primeiro tempo no que só Martín, aproveitando un mal despexe da defensa visitante, rompeu o “cerocerismo”.

Na segunda, marcou pronto o segdundo Eloy, o que obrigou aos visitantes a estirarse e deixar ocos para un Outes que sentenciou no treito final.

 

Laxe - Ameixenda (6-0)

11 do Ameixenda
11 do Ameixenda en Laxe

  • Laxe: Eloy, Reigía, Borja, Jacinto, Gora, Gus, Carra, Jorge, Adri, Elías e Bieito. Tamén: Dani Pose, Jacobo, Naya e Felipe.
  • Ameixenda: Rivers, Nico, Esteban, Javichu, Pablo, Fer, Carro, José Ángel, Papin, Ariel e Gabriel. Tamén: Iván Vázquez.
  • Goles: 1-0, m.35: Adri Lema; 2-0, m.40: Jorge; 3-0, m.44: en propia; 4-0, m.55: Carra; 6-0, m.70: Dani Pose; 6-0, m.80: Gora.

Partido dominado polo Laxe de principio a fin, no que o Ameixenda aguantou ata ben entrado o primeiro tempo. Xa o Laxe tivera algunhas ocasións, pero ou por erros dos dianteiros ou acertos de Rivers, non se movíu o marcador ata o m.35. Antes do descanso conseguiron dous goles máis, deixando o encontro decidido. O segundo tempo seguíu de forma parecida ao primeiro, facendo os locais outros tres goles. Destacaron polo Ameixenda, Rivers, con varias paradas de mérito e o debutante Miguel Ángel.

 

Todas as crónicas da 3ª Galicia

Todas as táboas en www.futboldacosta.com

Comentarios