Venres. 19.04.2024
El tiempo

3ª Galicia: Outes e Monte Louro deixan aberta a batalla polo ascenso directo

Outes e Montelouro-Foto-Edu Olveira
Outes e Montelouro-Foto-Edu Olveira
3ª Galicia: Outes e Monte Louro deixan aberta a batalla polo ascenso directo

O partido da xornada xogábase no Cunchido. Un partido que podía ter sido case defitinivo, pois unha vitoria do Outes deixaría aos dous primeiros cunha vantaxe de 10 puntos (a falta de 8 xornadas) sobre o terceiro, deixando o ascenso directo practicamente sentenciado. Pero o Louro empataba na Serra e se mantém a 7 puntos dos de Miguel Ramos, co que falabamos este venres. O cadro outiense queda a 2 dun Camariñas que non fallou ante a visita do Seaia.

Na loita pola promoción, Nantón e Laxe pegaron na mesa, goleando a Camelle e Castrelo, se ben o Corcubión confirma que volve para pelexar un deses postos.

 

Ameixenda - Corcubión (1-3)

Nova derrota do Ameixenda x13 copia

  • Ameixenda: Rubén, Nico, Louro, Samuel, Ariel (Carro), Pablo Trillo, Fer, Ezequiel (Samuel), David Marcote, José Ángel, Adrián Torices (Gabri Papin), Susiño.
  • Corcubión: Marcos, Evaristo, Iago Lema, Joaquín, Camacho, Castillo, Cali, Mario Suárez, Chiru, Alán e Lagoa. Tamén Antón Lestón, Gabi e Santi.
  • Goles: 0-1, m.20: Mario; 1-1, m.25: Ezequiel; 1-2, m.41: Antón Lestón; 1-3, m.70: Iago Lema.

Demostra o Corcubió que está moi mellorado tralas chegadas de homes como Mario Suárez ou Antón Lestón, que lle permiten a Nito apuntalar a defensa co capitán Iago Lema. O Ameixenda fixo un bo partido pero acabo, coma sempre, afogado polos seus erros e falta de intensidade en momentos puntuais. Así se adiantaba precisamente o Corcubión cun tanto de Mario, tras un balón que lle escapa das mans ao porteiro Rubén. Pronto empataría o cadro local, oTrices facía un bo disparo que Marcos rexeitou con apuros e Ezequiel aproveitou para empatar. Continuaban as présas e a precipitación nos locais, ante un Corcubión que esperaba para roubar e saír á contra. Antes do descanso, nunha contra que a defensa local non soubo parar a tempo, Antón Lestón aproveitaría un balón morto tras varios rexeites para poñer por diante ós visitantes de novo.

Xa na segunda tivo ocasións o Corcubión para pechar o partido, pero sería Lema cun lanzamento de falta lonxano o que faría o da tranquilidade. Samu tentaría imitarlle con outro lanzamento de falta pero atopouse co porteiro corcubionés, que tivo que ser subtituído por unha lesión no dedo.

 

Nantón - Camelle (5-1)

  • Nantón: Guille, Fran (Amado, m.85), Pasarela, Costa, Eloy, Redondo, David (Bardanca, m.80), Pablo (Rúper, m.75), Maikel (Pastor, m.75), Cristian e Josiño.
  • Camelle: Calipo; Ruso (Rodri, m.50), Valiña, Pablo, Marcelino, David Vieites, Makareno, Adrián, Tedín (David, m.50), Riveiro, Felipe.
  • Goles: 1-0, m.19: Maikel define á cepa do pau un pase de Pasarela; 2-0, m.33: Fran; 3-0, m.70: Cristian; Pazos; 3-1, m.73: David Vieites; 4-1, m.83: Josiño; 5-1, m.87: Josiño de fermosa vaselina.

Espera o Camelle que pase o mes de decembro, cheo de lesionados e sancionados, que merman o potencial dun equipo que hai un mes a piques estivo de meterse na loita polo ascenso directo.

En todo caso, o Nantón foi mellor equipo, máis intenso en todo momento, e aproveitou mellor as ocasións. Maikel abrí ao marcador, e os balóns a Josiño e Maikel ás costas da defensa facían moito dano. Fran cortaba e facia o segundo completando o doblete dos irmans.

A segunda metade comezaba coa mesma intensidade, e Cristian aproveitaba un bo pase de Josiño para marcar de vaselina. Recurtaba o Camelle, que subía liñas, pero Josiño sentenciaba con dous bos tantos, poñendose un só gol do pichichi, o camariñán Brandon (o tamén camariñán Javi Antelo suma tamén 10 goles).

 

Laxe - Castrelo (5-1)

  • Laxe: Eloy, Carra, Bieito, Adrián, Manuel Cousillas, Jacinto, Óscar Toja, Andres, Borja, Santi Casás, e Jorge. Tamén: Gora, Dani e Íñigo.
  • Castrelo: Gus, Iván, Samuel, Quintelo, Dani Picallo, Miguel, Capote, Maikol, Roi, Rodri, Adrián Pasantes.
  • Goles: 1-0, m.3: Carra; 2-0, m.10: Santi Casás; 3-0, m.17: Manuel Cousillas; 4-0, m.25: Andrés, 4-1, m.82: Capote; 5-1, m.85: Jorge; 6.-1, m.90: Gora.

Con 11 xogadores chegou Castrelo batido de antemán, que aos 15 minutos xa caía por 3-0.

 

Camariñas - Seaia (3-0)

11 do Camarinas lider da 3 do Futbol da Costa

  • Camariñas: Pablo, Soule, Rodri, Carlos, Moriño; Miki, Pablo, Barreiro, Mario, Roi, Brandon. Tamén: Saviola, Manu, Mario, Jesús.
  • Seaia: Recarey, Josi, Parga, Vistas, Sergi (Pablo Souto), Dima, Lou (Adrián), Míchel (Mario), Toni, Quintas (Raúl), e Pablo (Fabián).
  • Goles: 1-0, m.32: Mario; 2-0, m.42: Brandon; 3-0, m.55: Mario.

Aguantou ben armado atrás o Seaia ante un Camariñas que tocaba e intentaba entrar polas bandas. Tardou en romper a tea de araña o líder, e foi unha internada de Soule a que acabou cun centro que rematou Mario cun gran remate. Perdeu aí o sitio o equipo de Da Silva e o Camariñas facía o segundo noutra contra por medio do pichichi da categoría, Brandon, nunha xogada protestada polos visitantes por un posible fóra de xogo que o novo liña non aprezou.

A segunda foi un mero trámite.

 

Outes - Monte Louro (0-0)

  • Outes: Alex, Jura (Pablo), Robert, Arturo (Caamaño), Álvaro, Chía, Babu, Martín, Bugallo (Santi), Eloy (Veleiro), Simón.
  • Montelouro: Marcos, Abel, Chouza, Borja, Pablo, Raul, Dani, Riki, David (Miguel Beiro, m.60), Verán (Minos, m.45), Rapante.

Outes e Montelouro no Cunchido-Foto-Edu Olveira
Outes e Montelouro-Foto-Edu Olveira

Partido igualadísimo de máximo respecto e mínimos riscos, o visto no Cunchido. O equipo de Chicho foi superado pola ansiedade e a pesar de ter o control do balón, non conseguiu facer dano.
Practicamente as dúas únicas ocasións de perigo foron para o cadro de Porrúa e Canelo na segunda metade, pero primero Rapante rematou ao corpo, e a 5 do final, Minos mandou un obús ao longueiro.

 Outes e Montelouro-Foto-Edu Olveira 2
Outes e Montelouro-Foto-Edu Olveira 

Todas as Crónicas da 3ª Galicia

 

Todas as táboas en www.futboldacosta.com

 

Comentarios