Xoves. 25.04.2024
El tiempo

3ª Galicia: O Outes pega un estirón

Vitoria do Ameixenda en Vimianzo
O Ameixenda conseguiu unha vitoria importante en Vimianzo
3ª Galicia: O Outes pega un estirón

Se o Camariñas segue ao seu (un mermadísimo Corcubión non era rival), o Outes dá un paso adiante e se perfila como máximo candidato a acompañalo no ascenso directo. Os de Miguel Ramos, se ben non teñen a calidade dos Javi Antelo, Soule ou Brandon, si teñen unha chispa espectacular, e andan como motos, como demostraron ante o Nantón.

Por detrás segue preto o Camelle, que aínda non coñece a derrota, pero o empate en Malpica deixa aos de Ordóñez con 4 puntos, se ben con un partido menos.

 

Castrelo - Ameixenda (0-1)

O Castrelo caeu ante o Ameixenda

  • Castrelo: Gustavo; Miguel (Roi), Luís, Darío, Quintelo; Maikol, Stiven, Chans; Capote, Adrián, Javi Canosa (Dani Picallo).
  • Ameixenda: Rubén, Nico, Adrián, Sambade, Javichu, Carro (Juanfran, m.58), Gabri (Josiñol, m.66), David (Bicho, m.76), Ariel, Pablo, Ezequiel (Fer, m.74).
  • Goles: 0-1, m.88: Josiño de vaselina tras pase de Sambade.

Castrelo Ameixenda

Partido igualado no que o cadro local levou máis o control do balón. Empezou ben o Ameixenda pero o cadro local comezou a chegar con ocasións de Capote, Adrián ou Dani Picallo ás que respostaba un gran Rubén.

O segundo tempo foi algo máis ida e volta, pero as mellores ocasións seguían sendo dos locais, pero os Javi Canosa, Stiven, Roi ou Maikol atopaban unha e outra vez a un gran Rubén, ou mesmo os paus.

Ata que no m.88 Sambade mandoulle un balón en profundidade a Josinho que se mete pola esquerda e diante da saída a desesperada do porteiro marca cunha "vaselina" perfecta, acadando unha vitoria moi importante para o Ameixenda que lle permite deixar o último posto.

 Pichino debutou co Ameixenda
Pichino debutou co Ameixenda​

Seaia - Camelle (0-0)

  • Seaia: Reca, Jorge (Adrián, m.65), Vistas, Iván Parga, Quintas, Toni, Loureiro (Luís, m.60), Pablo (Cristian, m.55), Raúl (Martínez, m.50) e Sergio (Fabián, m.85).
  • Camelle: David, Ruso (Paulo, m.85), Valiña, Pablo, Ucho (Maka, m.70), David, Adrián (Carlos, m.75), Riveiro, Dido, Tedín (Mario, m.65) e Felipe.

O anegado campo de Pedra Queimada obrigou a facer un fútbol de “altura”, cun Seaia ben armado atrás, que non permitía apenas ocasións. Na primeira metade apenas unha contra dos locais pode considerarse xogada de perigo, da man de Sergio a pase de Loureiro.

Na segunda mellorou o Camelle, obrigando a Reca a salvar varias ocasións, e mesmo a Parga salvar un gol cantado baixo paus. Tamén David salvou un remate de Raúl nun córner .

 

Laxe - Porteño (1-1)

  • Laxe: Eloy, Carra, Jacinto, Bieito, Borga, Andrés, Elías López, Gora, Elías Galeano, Íñigo e Óscar Toja. Tamén xogaron: Naya, Dani, Santi Casal, Zurich e Jorge.
  • Porteño: Josiño, Pejo (Wii, m.45), Canosa, Anxo, Mario (Caamaño, m.45), Ángel, Porto, Joseba, Vicente, Isma (Cachi, m.80), Edgar (Campaña, m.68).
  • Goles: 1-0, m.20: Bieito aproveita un mal despexe da defensa, prántase diante de Josiño e marca; 1-1, m.44: Porto.
  • Partido igualado, de poder a poder, cun Porteño que quería mandar pero un Laxe que roubaba e facía dano. Pronto marcaba Bieito para os de Antelo, que puideron ampliar a renda, mesmo de penalti, pero Josiño salvou aos seus facendo un paradón ao trio de Óscar Toja.O paradón do meta deulle ás aos de Varela, que conseguiron empatar antes do descanso.

    Na segunda, pouco xogo e poucas ocasións, ademais dun man que volveu salvar Josiño aos pés de Jorge.

     

    Camariñas - Corcubión (7-2)

    • Camariñas: Pablo (Sergio, m.56), Barreiro (Nazo, m.45), Roi (Pablo, m.45), Oli, Carlos, Brais, Miki, Javi, Sule (Moriño, m.56), e Brandon.
    • Corcubión: Beto, Mario, Brais Lagoa, Pablo Castro (Alan, m.45) Evaristo, Kamacho, Rubén, Chiru, Iago, Joaquin e Santi Agulleiro.
    • Goles: Javi (5), Brandon, Barreiro polo Camariñas; Iago Lema e Brais Lagoa polo Corcubión.

    Con 12 xogadores (entre eles Beto que leva dous anos retirado e volvía poñer as luvas para facer un favor aos seus compañeiros), e dous lesionados, presentábase o Corcubión no campo do líder. E claro, pouco que facer ante a calidade e eficacia dos camariñáns.

    Os de Abel (Berto segue sancionado) seguen implacables. 

    Outes - Nantón (4-1)

    • Outes: Alex (Gato), Álvaro (Joel), Simón, Arturo, Jura, Chía (Caamaño), Martín, Babu, Veleiro (Paulo), Santi e Eloi (Saúl).
    • Nantón: Guille, Fran, Pasarela, Costa, Maikel (Eloy, m.60), Pablo Fuentes, Redondo, David (Bardanca, m.75), Josiño (Javi, m.70), Pastor, e Iván (Cristian, m.46).
    • Goles: 1-0, m.10: Eloi aproveita un balón ás costas da defenesa; 2-0, m.15: Santi aproveita un balbordo na área; 3-0, m.37: Eloi remata un centro lateral; 4-0, m.40: Veleiro; 4-1, m.80: Fran marca un auténtico golazo desde o lateral da área practicamente.

    Tremendo como saíu o Outes, enchufadísimo dende o primeiro minuto pasando por riba dun Nantón que non estaba no partido, e non tivo a intensidade doutros días. Aos 15 minutos xa mandaban 2-0 os de Miguel Ramos, se ben os de Fachal tiveron un bo tiro de Fran que parou Alex e algunha xogada polémica na área local. A primeira metade remataba cun claro 4-0.

    A segunda tivo menos ritmo, cun Nantón máis dominador, con algunha chegada e cun gran gol de Fran.

     

    As táboas en www.futboldacosta.com

    Comentarios