Venres. 19.04.2024
El tiempo

3ª Galicia: Postúlandose para o playoff de ascenso

Castrelo - Coristanco
Castrelo - Coristanco
3ª Galicia: Postúlandose para o playoff de ascenso

As derrotas do Castrelo ante o líder e a do Nantón no Hermanas Patiño ante o Camariñas fai que os equipos vaian collendo posicións e que a zona de playoff queda case vista para sentenza, xa que tan só quedan tres xornadas e os puntos de diferenza xa comezan a ser considerables.

UD Corcubión 2 – 4 SD Laxe

UD Corcubión: Marcos, Mario, Brais (Chiru m.68), Roi, Iago Lema, Alan, Evaristo (Oca m.56), Álex Agulleiro, Diego (Tito m.56), Martín e Pablo.

SD Laxe: Manuel, Borja, Jacinto, Andrés, Adrián Pasantes, Elías Galeano, Adrián Lema, Dani Pose (Felipe m.60), Ruso, Brais (Zúrich m.79) e Elías Santiago.

Goles: 0-1 m.7: Adrián Lema; 1-1 m.17: Iago Lema; 1-2 m.33: Adrián Pasantes; 1-3 m.44: Andrés (p); 2-3 m.67: Iago Lema; 2-4 m.90: Zúrich.

Expulsión: O corcubionés Álex Agulleiro no minuto 91.

O Laxe saíu ao terreo de xogo moi ben e ao longo da primeira metade, os homes de Ordóñez serían os dominadores tanto en xogo como en ocasións, pero como lle vén sucedendo nos últimos partidos perdoaría en exceso e chegaríase ao tempo de lecer co 1-3 no marcador e os visitantes iríanse aos vestiarios coa sensación de que puideron irse cunha maior vantaxe.

Na segunda parte, igualouse máis o partido e o Corcubión logrou recortar distancias no marcador, polo que a pantasma do empate fixo presenza sobre un Laxe que xogaría moi nervioso pero que lograría sentenciar o encontro no último minuto cun gol de Zúrich.

Outes FC 7 – 1 As Baleas FS

Outes FC: Antón (Manuel m.60), Álvaro, Babu, Martín (Fabio m.57), Veleiro (Saúl m.57), Eloy (Sergio Lado m.63), Santi (Sergio Caamaño m.65), Jura, Simón, Paullo e Quin.

As Baleas FS: Carlos Cousillas, Brian, Chapu, Cristian, Nico, Diego, Carlos González, Jesús, Isma e Jose.

Goles: 1-0 m.2: Eloy; 2-0 m.13: Santi; 3-0 m.20: Simón; 3-1 m.44: En propia porta; 4-1 m.55: Santi; 5-1 m.58: Eloy; 6-1 m.75: Sergio Lado; 7-1 m.91: Simón.

Encontro que estivo condicionado xa que As Baleas presentouse con tan só dez xogadores no Conchido e o Outes encarrilaría as cousas nos primeiros vinte minutos xa que os homes de Miguel Ramos farían tres goles ante un conxunto camariñán que non se achegou á porta rival en ningún momento.

Os locais dominaban tanto en xogo como en ocasións, pero os visitantes recortarían distancias nun erro do porteiro do Outes.

Na segunda metade, o Outes seguiu á carga e lograría catro goles máis ante un As Baleas que non inquedou a meta local en ningún momento e que terían en Carlos Cousillas ao seu home máis destacado.

CF Castrelo 0 – 2 SD Coristanco

CF Castrelo: Carreira, Steven, Estebo, Mario, Luis, Rubén, Maikol, Cacu (Eloy m.72), Félix (Iván m.62), Darío e Quintelo.

11 inicial do Castrelo ante o Coristanco

SD Coristanco: Diego Mallo, Sergio, Mato, Torres (Dani Vázquez m.84), Lagoa, Xuko (Castiñeiras m.17), Samuel, Erre (Javi m.46), Corral (Rubio m.74), Cebey (Pazos m.46) e Álex.

Goles: 0-1 m.32: Samuel; 0-2 m.85: Castiñeiras.

Partido moi intenso en Vimianzo, cun Castrelo facendo unha gran presión en cada acción que intentaban facer os visitantes e loitando cada balón como se fose o último, causando así, que non o líder non puidese estar cómodo sobre o terreo de xogo.

Na primeira metade, o Coristanco tería varias ocasións que non materializaría e sufriría un imprevisto en forma de lesión e Xuko tería que abandonar o terreo de xogo antes de tempo.

No minuto 32, Samuel marcaría nunha moi boa xogada con Corral e co 0-1 chegaríase ao descanso.

Na reanudación, a pesares dos cambios realizados, ao Coristanco seguiríalle custando facerse co dominio total e non sería ata os minutos finais cando Castiñeiras sentenciaría o partido co 0-2 definitivo.

SD Castriz 4 – 0 SD Camelle

SD Castriz: Puyol, Carlos, Rompe (Álex m.46), Adrián (Chapu m.75), Bruno, Steven, Jesús (Mauri m.75), Iván, Martín Gemelo (Chiki m.61), Robi (Kevin m.48) e Sebas.

SD Camelle David Tajes, Rodri, Snacky, Valiña, Pablo, Tedín, Barreiro (Carlos de Dido m.44), Jati, Vieites, Varu e David Camariñas.

Goles: 1-0 m.42: Sebas; 2-0 m.76: Sebas (p); 3-0 m.79: Sebas; 4-0 m.90: Sebas.

Foi un encontro no que a pesares do que reflexa o marcador final, o Camelle realizou un gran partido. Tanto foi así que na primeira metade, os homes de Pupus estiveron ben pechados atrás e lograrían que o Castriz non crease perigo sobre a portería rival.

No minuto 40, Barreiro lesionaríase e no tempo que os visitantes estiveron con dez sobre o terreo de xogo antes de facer o cambio, Sebas adiantaría aos rossoneros para poñer o 1-0 co que se chegaría ao tempo de lecer.

Na segunda metade, o Camelle seguiría ben situado sobre o céspede artificial de San Pedro aínda que intentaría inquedar un pouco máis ao Castriz, pero unha nova lesión nas filas dos camelláns, esta vez de Rodri, propiciaría a xogada na que Snacky cometería o penalti que deu orixe ao 2-0, obra de Sebas, nun momento no que o Camelle se quedaría con dez homes pola lesión do seu xogador.

E por se fose pouco, ao Camelle lesionaríaselle o seu gardameta, o cal se tería que retirar do terreo de xogo cunha forte dor no tendón de Aquiles, quedando así o seu equipo con nove futbolistas e un xogador de campo baixo paus e de aí que caesen dous goles máis que poñerían no luminoso un 4-0 que foi demasiado abultado para como se desenvolveu o partido.

Camariñas FC 3 – 2 CD Nantón

Camariñas FC: Pablo, Rodri, Raúl, Brais Alonso, Moriño (Joseba m.26), Miki (Paco m.62), Adrián (Mario m.53), Dani Moreno (Brais Campaña m.78), Fran, Óliver e Djibi.

CD Nantón: Guille, Fran, Maikel, Costiña, Eloy, Santi (Javi m.67), Fabio, Juanciño, Iván (Pastor m.72), Redondo e Christian.

Goles: 0-1 m.6: Redondo; 1-1 m.8: Dani Moreno; 1-2 m.22: Fabio; 2-2 m.48: Djibi; 3-2 m.77: Dani Moreno.

O encontro comezou co Camariñas moi nervioso e proba dilo, foi o roubo de balón do Nantón que orixinou o 0-1, obra de Redondo. Pero pouco lle duraría a alegría aos visitantes, xa que os da vila do Encaixe acadarían o empate tan só dous minutos despois, momento no que o debutante Dani Moreno remataría ao fondo da rede un centro de Djibi.

Tras isto, os locais terían máis dominio pero nunha xogada embarullada sería o Nantón quen volvería a ver portería para facer o 1-2, resultado co que se chegaría ao tempo de lecer.

Nada máis volver dos vestiarios, Djibi devolvería as táboas ao marcador. E tras este gol, o nerviosismo facíase notar en ambos equipos, aínda que parecía que o Nantón se achegaba máis á área rival pero sen excesivo perigo ata que os homes de Carlos da Margarida estrelarían un balón no pau.

E do posible 2-3 pasaríase ao 3-2, nunha xogada similar a do primeiro gol cos mesmos protagonistas na que a nova fichaxe do Camariñas, Dani Moreno, lle daba a vitoria aos seus.

Comentarios