Martes. 23.04.2024
El tiempo

3ª Galicia: Todo o peixe está vendido

Porteno-Cabana
Porteño CF - Cabana SD. Foto: Facebook Cabana SD
3ª Galicia: Todo o peixe está vendido

Unha vez que Coristanco e Cabana confirmaron o seu ascenso á Liga da Costa en xornadas anteriores, tan só quedaba por determinar os enfrontamentos que habería na fase de ascenso e despois dos resultados que se deron nesta pasada fin de semana, xa se sabe que o Castriz se enfrontará ao Camariñas e o Porteño ao Outes, polo que a última xornada da competición ligueira será un mero trámite.

UD Corcubión 3 – 0 As Baleas FS

UD Corcubión: Marcos, Mario, Ángel (Eva m.65), Chiru (Álex m.55), Roi, Iago Lema, Alan, Álex Agulleiro (Rodri m.68), Diego, Tito (Oca m.74) e Pablo.

As Baleas FS: Moha (Juan Lado m.42), Brais, Chapu, Nico, Bieito, Diego, Nené (Jose m.66), Carlos González, Jesús, Casachoa e Isma.

Goles: 1-0 m.24: Álex Agulleiro; 2-0 m.80: Mario; 3-0 m.85: Diego (p).

Expulsión: O visitante Bieito no minuto 41.

Partido con moita tensión nos primeiros minutos, máis da que reflexa a situación na clasificación.

Puido adiantarse calquera dos dous equipos, Marcos safou a primeira para os locais e Álex Agulleiro aproveitou un semierro do porteiro visitante para adiantar ao Corcubión.

Ao fío do descanso, o colexiado expulsaría a Bieito por protestar e o xogador camariñán tería unha moi mala reacción e intentaría agredir ao árbitro, algo que fixo que o partido estivese o encontro parado mentres non compareceu a Garda Civil no Novo Cubaleiro.

Antes do tempo de lecer, un novo revés para As Baleas faría que Vicentiño tivese que cambiar ao seu porteiro por lesión.

Na segunda metade, xa contra dez os locais dominaron o encontro pero non sería ata o tramo final cando Mario faría o segundo aproveitando unha saída do porteiro visitante e Diego de penalti faría o definitivo 3-0.

CF Castrelo 2 – 4 SD Castriz

Castrelo-Castriz

CF Castrelo: Carreira, Steven, Estebo, Mario, Iván (Dani Picallo m.50), Chans, Rubén, Maikol, Cacu (Eloy m.55), Darío e Quintelo.

11 inicial do Castrelo ante o Castriz

SD Castriz: Álvaro, Rompe (Martín Negreira m.57), Adrián, Bruno, Steven, Jesús (Chiki m.72), Iván (Balsa m.68), Martín Gemelo (Kevin m.57), Álex, Robi (Chapu m.72) e Sebas.

Goles: 1-0 m.17: Iván; 2-0 m.20: Sebas; 1-2 m.27: Martín Gemelo; 1-3 m.29: Sebas; 1-4 m.40: Sebas; 2-4 m.51: Chans.

Partido sen moito control por ningunha das dúas partes e no que se adiantaría o Castrelo por medio de Iván, logo dun erro na saída de balón dun Castriz que lle daría a volta ao marcador antes do descanso xogando ao contragolpe e despois de que Sebas fixese un hattrick e de que Martín Gemelo tamén acudise a súa cita co gol, polo que se chegaría ao descanso co 1-4 no electrónico.

Nada máis voltar dos vestiarios, Chans facía o 2-4 e a raíz de aquí o Castrelo trataría de meterse de cheo no partido con balóns longos, mentres que o Castriz trataría de saír á contra, pero os achegamentos de perigo serían nulos.

O peor do encontro sería o golpe que recibiu nas costas o gardameta rossonero Álvaro, o cal esperemos que se quede en nada.

Porteño CF 2 – 3 Cabana SD

Porteño CF: Josiño, Porto, Canosa, Oli, Manuel, Mario (Rodri m.72), Luis, Ángel, Wii (Martín m.65), Javi e Nazo.

11 inicial do Porteño ante o Cabana

Cabana SD: Víctor, Ismael (Darío m.67), Pablo Senande, Pipa, Duda, David (Samuel m.60), Fernando, Manolo, Aarón, Cacha (Simón m.46), Pablo Pose (Manuel m.57).

Goles: 1-0 m.5: Nazo; 1-1 m.20: Aarón; 2-1 m.60: Javi; 2-2 m.62: Manuel; 2-3 m.71: Simón.

Partido entre dous equipos mermados de efectivos no que se adiantaría o Porteño cun tempraneiro gol de Nazo.

Mediada esta primeira parte, Aarón devolvería as táboas ao marcador e chegaríase ao descanso co empate a un.

Na reanudación, a igualdade seguiría sendo a mesma dinámica, aínda que os da Ponte do Porto adiantaríanse de novo por medio de Javi.

Pero pouco lle duraría a alegría aos homes de Varela, xa que o Cabana lle daría a volta cos goles dos xuvenís Manuel e Simón, os cales lle darían a vitoria aos seus, xa que o Porteño non foi quen de materializar as dúas ocasións que tivo no tramo final de partido.

Sporting Seaia CF 1 – 4 CD Nantón

Sporting Seaia CF: Ché, Jorge (Christopher m.76), Mario (Borja m.72), Pablo, Chols, Parga, Vistas, Toni, Iván, Canario, Curí (Quintas m.66).

CD Nantón: José Manuel, Fran, Eloy, Costiña, Javi, Rúper (Juanciño m.70), Fabio (Redondo m.55), Cachopo (Guille m.78), Pastor (Cigarini m.70), Martín e Christian.

Goles: 0-1 m.10: Pastor; 0-2 m.67: Christian; 0-3 m.75: Costiña; 1-3 m.85: Vistas; 1-4 m.89: Christian.

Un Nantón que estivo máis acertado de cara a portería logrou unha ampla vitoria ante un débil Sporting Seaia que sufriu moito co vento presente na Pedra Queimada e que pagou caro a súa falta de acerto nas súas chegadas á área rival.

Outes FC 2 – 2 SD Coristanco

Outes FC: Peipo (Antón m.49), Babu (Sergio Lado m.69), Martín, Veleiro (Fabio m.83), Eloy, Santi, Caamaño, Jura (Álvaro m.71), Simón, Paullo, Quin (Saúl m.63).

SD Coristanco: Diego Mallo, Sergio, Mato, Torres (Marcos m.89), Lagoa, Pazos, Samuel, Rubio, Castiñeiras, Erre (Cebey m.69) e Corral.

O Coristanco en Outes

Goles: 0-1 m.20: Quin (p); 1-1 m.36: Sergio; 2-1 m.57: Jura; 2-2 m.78: Mato.

Expulsión: O coristanqués Rubio no minuto 23.

Na primeira metade, o Outes e o aire incomodaron a un Coristanco que vería como os locais se poñían por diante no marcador cun gol de penalti de Quin e que quedaría cun home menos despois de que o Rubio vise un riguroso segundo cartón amarelo.

A pesares disto, os visitantes reaccionaría e Sergio devolvería as táboas ao marcador antes de poñer rumbo aos vestiarios.

Na segunda metade, o Coristanco foi superior pero a pesares das constantes embestidas do conxunto verde sería o Outes quen se adiantaría cun golazo de Jura.

Tras isto, os visitantes buscarían o empate, o cal chegaría por mediación de Mato. E co 2-2 no marcador chegaríase ao final do encontro.

Camariñas FC 2 – 2 SD Camelle

Camariñas FC: Pablo, Soule, Rodri (Joseba m.46), Raúl, Brais Alonso, Mario (Paco m.72), Nico, Miki (Manuel m.77), Dani Moreno (Brais Campaña m.77), Óliver e Djibi.

SD Camelle: Roi, Snacky, Valiña, Pablo, Tedín (David Vázquez m.61), Jati, Carlos de Dido, Vieites, Varu, David Camariñas (Carlos m.59), Cristian (Chuco m.55).

Goles: 0-1 m.20: Jati; 1-1 m.29: Djibi; 2-1 m.75: Djibi (p); 2-2 m.80: Varu (p).

Expulsións: Os camariñáns Raúl e Djibi nos minutos 43 e 90, respectivamente, e o camellán Chuco no minuto 90.

Partido moi igualado no que o Camelle tratou de atar en corto a Soule e a Djibi xa que son os dous grandes perigos do Camariñas en ataque.

A táctica de Pupus parecía funcionar e os visitantes adiantaríanse logo dun saque de banda, tralo cal Jati poñía o 0-1.

Tan só duraría nove minutos a alegría dun Camelle que vería como Djibi devolvía as táboas ao marcador nunha xogada na que os camelláns reclamarían unha posible falta do dianteiro camariñán.

Antes do descanso, o Camariñas quedaría cun home menos despois de que Raúl frease con falta a Jati cando quedaba só ante Pablo, acción que o colexiado castigaría con cartón vermello.

Na reanudación, o Camelle tratou de dar un paso á fronte cos cambios, pero non deron o resultado esperado por Pupus e o Camariñas poñeríase por diante cun penalti transformado por Djibi.

Tras isto, puido sentenciar o conxunto local pero non acertaría nas súas ocasión e sería Varu quen dende os once metros facía o definitivo 2-2.

Comentarios