Xoves. 25.04.2024
El tiempo

4 equipos seguen pendentes dos arrastres

4 equipos seguen pendentes dos arrastres
Carnota-Coristanco-Foto-JP O Carnota está descendido e o Coristanco depende dos arrastres-Foto-JP Cada día está máis complicada as diferentes competicións de Liga en cada unha das categorías que van condicionando as clasificacións nos ascensos e descensos en cada unha delas. Ata 11 descensos poderían darse este curso nos equipos costeiros, pero aínda estamos pendentes de que os ascensos nas Promocións deixen algún oco máis nas categorías. 7 equipos xa perderon a categoría (Dumbría, Malpica, Carnota e Volantes automaticamente e Corme, Baio e Cabana practicamente sentenciados polos arrastres), pero a día de hoxe outros 4 equipos teñen opcións de salvar a categoría (Xallas, Outes, Porteño e Coristanco). Así están as cousas: Co descenso xa confirmado da SD Compostela á 3ª División, único conxunto que perde a categoría en Segunda División B xa que o Celta B matematicamente, co seu triunfo en Somozas, asegurouse a súa presenza na categoría de bronce do fútbol español, os descensos da 3ª á Preferente, a expensas do que suceda nas fases finais, son 5: Mugardos, Bergantiños, Ribadeo, Verín e Noia. Destes, salvo o Verín, que iría ao grupo Sur de Preferente, o resto situaríanse no grupo Norte, polo que os descensos da Preferente Norte pasarían a ser 7. En lugar dos tres oficiais, pois habería 4 arrastres: Dumbría, Ribeira e O Val (xa descendidos de xeito automático), aos que se lles unirían, por arrastres, Pobra, Villestro, Xallas, Sarriana e Lalín, por canto o Estudiantil gañou nesta última xornada e está fóra dos posibles arrastres. Como da Preferente, 6 caerían ao grupo 2º (Santiago-A Costa pois o Lalín, a pesar de ser de Ourense tamén caería no noso grupo) da 1ª Autonómica, mentres que O Val, recalaría no grupo 1º (A Coruña-Ferrol) e a Sarriana iría ao grupo 3º (Lugo), isto provocaría que os descensos no grupo 2º serían 9, os tres oficiais (Malpica, Carcacía e Palmeira), e os 5 arrastres (Corme, Bertamiráns B, Baio, Lesende, Outes e Agolada). O cadro da Serra dependería do ascenso da SD Sofán para manter a categoría. Ao grupo de 2ª Autonómica na Costa recalarían 4 equipos (Outes, Corme, Baio e Malpica), polo que os dous descensos oficiais veríanse aumentados en catro máis, polo que as prazas de descenso serían as ocupadas por Carnota e Volantes, ademais de Cabana, Ameixenda, Porteño e Coristanco.

Posibles opcións de salvación para Xallas, Outes, Coristanco e Porteño

No entanto, todo pode variar nos próximos quince días, que son os que restan para a conclusión da Preferente Norte (o Xallas aínda pode dar un salto na táboa), ou xa en xuño, logo das fases finais, pois se ascende algún conxunto de 3ª División, unicamente serían tres os descensos ao grupo Norte, co que se reduciría nun equipo os descensos en 1ª, que de 6 pasarían a ser 5 e que poderían verse reducidos aínda máis se o Sofán gaña a promoción de ascenso a Rexional Preferente ante o Miño, co que serían 4 os equipos que perdesen a categoría por arrastres, que posiblemente sexa o mellor dos casos. O Outes terá que tifar co veciño carballés e esperar que o Lalín non descenda ou que o Compostela merque unha praza na 2ªB. Polo que respecta ao grupo de 2ª Autonómica, as modificacións poderían producirse se o Outes, primeiro equipo que ocupa praza de arrastre, mantén o seu posto en 1ª Autonómica, e agora mesmo ten dúas posibilidades moi claras: a salvación do quinto descendido de Terceira División, polo ascenso dun equipo na fase de ascenso a Segunda B, ou o ascenso do Sofán a Preferente, trala eliminatoria co Miño, co que se restaría un descenso, e se o Sporting Zas logra o ascenso, co que serían dous os descensos en cascada a reducir, sempre no mellor dos casos. Os que lograrían salvar os arrastres serían Coristanco, en primeiro lugar, e Porteño.</p>  

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

  • Manuel Corredoira para QPC.

Comentarios