Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Os 4 grupos da oposición volven unirse para pedir un pleno extraordinario en Cee

Rampa da baleeira de Canelinas
Rampa da baleeira de Caneliñas
Os 4 grupos da oposición volven unirse para pedir un pleno extraordinario en Cee

Nova ocasión na que os 4 grupos da oposición do Concello de Cee se poñen de acordo ante o goberno socialista. Os grupos municipais do PP, IxCEE, BNG e Grupo Mixto-Cs veñen de presentar un escrito para solicitar un pleno extraordinario sobre as obras que a Demarcación de Costas pretende desenvolver no entorno da praia de Caneliñas. fano xusto cando se cumplen 35 anos da última balea procesada na factoría ceense e en toda Galicia.

A oposición, que se enteirou pola prensa e xa solicitou un escrito pedindo a convocatoria da comisión de urbanismo (non hai novidades), polo que quere coñecer de primeira man se a intención das obras é efectivamente “eliminar a rampa e o muro de contención de mampostería da antiga baleeira, por onde as baleas eran arrastradas a factoría”.

Os grupos lembran que ”ambas construcións están protexidas por patrimonio industrial e calquera actuación terá que ter o informe favorable da mesma, e este sería sempre para a posta en valor e conservación, nunca para derrubar os restos arqueolóxicos”.

Novas relacionadas

Comentarios