Venres. 29.03.2024
El tiempo

4 padexeiros do CDM Piragüismo Dumbría compentindo nos Pirineos cos mellores do mundo

Iago Canosa na Copa Pirineiros en Pau co CDM Piraguismo Dumbria
Iago Canosa na Copa Pirineiros en Pau co CDM Piragüismo Dumbría
4 padexeiros do CDM Piragüismo Dumbría compentindo nos Pirineos cos mellores do mundo

Esta pasada fin de semana do 6 e 7 de abril celebrouse a primeira proba, na vila francesa de Pau, da reputada Copa Pirineos. Unha proba doble (a vindeira fin de semana tocará en Le Seu d’Urgell) recoñecida coma oficial pola Federación Internacional de Piragüismo (ICF), puntuable polo tanto para o ranking mundial da especialidade.

Alí se atopan 4 deportistas do CDM Piragüismo Dumbría competindo cos mellores do mundo. Así o ratifica a lista de inscritos, na que entre os participantes hai deportistas de todo o planeta estándo presentes algúnhas das máis relevantes figuras do ranking mundial, coma varios campións olimpicos e do mundo da talla de Maialen Chourraut ou Jana Dukatova na categoría femenina ou Jiri Prskavec na masculina.

Ante eles, os costeiros Lorena Costa, Marcos Sanchez, Jorge Quintáns e Iago Canosa. A realidade é que, a pesar de facer unha boa competición, non foron quen de acadar á rolda de semifinais. Un resultado, por outro lado xa esperado, posto que a categoría na que se compite é única, e o nivel viuse aumentado porque esta tempada estas dúas sedes, as canles de Pau e La Seu, acollerán os Campionatos de Europa e os Campionatos do Mundo de Slalom respectivamente. E os mellores de mundo utilizaron esta Copa como adestramento.

Os costeiros realizaron todos unhas boas mangas, aínda que quizais nos casos de Iago e Jorge poideron estar algún posto máis arriba xa que tanto o un coma o outro quedaron coa sensación de que o puideron facer un pouco mellor.

Jorge Quintans na Copa Pirineiros en Pau co CDM Piraguismo DumbriaLorena Costa na Copa Pirineiros en Pau co CDM Piraguismo DumbriaMarcos Sanchez na Copa Pirineiros en Pau co CDM Piraguismo Dumbria
Iago, Lorena e Marcos en Pau

Buscando a Selección

A vindeira fín de semana será La Seu d ́Urgell quen acolla a segunda proba desta Copa Pirineos, onde se espera unha participación incluso mellor que a de Pau e onde ademáis se van a acabar de repartir as plazas para os selectivos que dan as plazas para o Equipo Nacional de Slalom.

Novas relacionadas

Comentarios