Venres. 29.03.2024
El tiempo

4 probas costeiras forman parte do Circuíto Travesía Costa Abanca

Presentaciom da Travesia Costa Abanca
Presentación do Circuito Travesía Costa Abanca con presencia de responsables de Ponteceso e Camariñas
4 probas costeiras forman parte do Circuíto Travesía Costa Abanca

Este pasado martes tivo lugar a presentación do novo Circuíto Travesía Costa Abanca. Un potente programa de 8 travesías a nado pola provincia da Coruña, das que 4 terán mar costeiro. Muxía-Camariñas, Balarés, Sisargas-Malpica e Fisterra serán as probas da Costa da Morte nesta edición, sendo a primeira a novidade deste ano.

O ano pasado, na primeira edición, foron máis de 100 os nadadores en cada proba.

A travesía terá lugar o 30 de xuño e será a segunda do calendario do circuíto, que comezará este domingo, 9 de xuño, na cidade da Coruña.

A de Balares, organizada pola A.D. Abellariza, será a cuarta, e se celebrará o 28 de xullo.

A máis veterana é a Travesía a nado Sisargas-Malpica, unha proba xa afianzada no panorama galego. Terá lugar o 11 de agosto.

Se o ano pasado tocárache percha o circuito, este ano a de Fisterra (1 de setembro) non será a última, senón que será á de As Pontes a proba especial que peche o programa

Xa podes inscribirte en www.travesiacosta.com.

Travesia

Novas relacionadas

Comentarios