Sábado. 20.04.2024
El tiempo

400 familias e 41 empresas xa son usuarias do servizo de colector marrón de residuos orgánicos de Laracha

Usando o colector marron en Laracha
Usando o colector marrón na Laracha
400 familias e 41 empresas xa son usuarias do servizo de colector marrón de residuos orgánicos de Laracha

Apenas leva un par de meses de campaña e 15 días de funcionamento a recollida da quinta fracción da recollida selectiva no Concello da Laracha. Pero o colector Marrón xa é un máis nos núcleos urbanos da Laracha, Paiosaco e Caión, así como na urbanización Monte Claro de Cabovilaño. Así o comprobamos tendo en conta que xa son 400 familias e 41 empresas os usuari@s deste novo servizo.

En 15 foron máis de 2 tolenadas as recollidas, e prevese aumentar xa que a cifra de familias dadas de alta no programa “Ti tes a chave” está aberto e continúa aumentando día a día.

Estas preto de dúas toneladas de residuos orgánicos foron transportadas á planta de Sogama para recibir un tratamento específico, respectuoso co medio ambiente, que permitirá reciclalos converténdoos en compost de calidade.

Colectores verdes (xenérico) e amarelo (envases lixeiros)

O Concello da Laracha tamén valora os datos anuais das residuos sólidos urbanos recollidos nos outros dous colectores, que tamén poñen de manifesto o compromiso da cidadanía coa redución da cantidade de lixo que se xera e coa separación para facilitar a posterior reciclaxe.

No colector xenérico verde de inorgánicos foron depositadas no ano 2019 a cantidade de 3.904,44 t de residuos, o que supón unha diminución de 17,68 t con respecto ao ano anterior (3.922,12 t en 2018). Salientar que os meses de verán (379,14 t en xullo e 377,52 t en agosto) e de Nadal (346,06 t en decembro) foron nos que máis se recolleron e os tres primeiros meses do ano (296,94 t en xaneiro, 275,92 t en febreiro e 290,54 t en marzo), os que menos.

En canto ao colector amarelo de envases lixeiros, o incremento da cobertura realizado polo Concello para implantalo en núcleos rurais de diferentes parroquias supuxo o paulatino aumento na cantidade de toneladas recollidas desde as 78,22 do ano 2017 ata as 83,84 do ano 2019.

Novas relacionadas

Comentarios