Martes. 23.04.2024
El tiempo

5 candidaturas costeiras para os María Casares

Talia Teatro estara na final dos Maria Casares 2020
Talía Teatro estará na final dos Maria Casares 2020
5 candidaturas costeiras para os María Casares

O nivel está moi alto que o ano pasado a Costa da Mote colleitou tres María Casares. Veremos que acontece este 2020, pero polo de pronto xa sabemos que teremos 4 finalistas. O cormelán Víctor Mosqueira, o malpicán Santi Romay, e os ceenses Martina Cambeiro e Dani Trillo, volverán optar aos XXIV Premios de Teatro María Casares, unha vez coñecida a lista de finalistas que anunciaba onte, durante a tradicional Festa de Finalistas, a Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG).

Victor Mosqueira e Santi Roman estaran na final dos Premios Maria Casares
Victor Mosqueira e Santi Roman estaran na final dos Premios Maria Casares

Mosqueira e Romay optarán ao galardón ao Mellor Actor Secundario polo seu papel en MedidaxMedida, de Producións Teatráis Excéntrica (copan a final xunto ao seu compañeiro de reparto Josito Porto). Pola súa parte, a expedición ceense de Talía Teatro leva 4 candidaturas para Vila de Cans, polo texto orixinal de Cándido Pazó, a escenografía de Dani Trillo, e maquillaxe, da man dunha Martina Cambeiro, que quere repetir o premio do ano pasado por “O servidor de dous amos”.
Ademais, Talía Teatro tamén opta ao Mellor Espectáculo Infantil con “Lamentadas”.

Vila de Cans de Talia Teatro
Vila de Cans, de Talía Teatro

Os espectáculos con maior presencia na final, e que se disputarán o premio ao Mellor Espectáculo, serán ‘Liberto’, de Marelas Producións, que aspira a sete galardóns; ‘Bernarda’, de Malasombra, e ‘Fariña’, de Ainé Producións, Undodez e Oqueteño Media, que optan a cino galardóns.

Son un total de 16 espectáculos os que competirán así na gala dos Premios de Teatro María Casares, que este ano se celebrará no Teatro Rosalía Castro da Coruña o 26 de marzo. Os galardóns están organizados pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) e contan co apoio e o patrocinio de institucións e entidades como a Consellería de Cultura e Turismo, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), a Deputación da Coruña, o Concello da Coruña, a Fundación AISGE, a Fundación SGAE ou Gadisa.

foto familia finalistas Premios Teatro Maria Casares 2020
Foto de familia da Festa de Finalistas dos Premios Teatro Maria Casares 2020. Foto: LaDiapo | AAAG

Os #MaríaCasares

Comentarios