Venres. 29.03.2024
El tiempo

5 medallas para o Piragüismo Dumbría nuns espectaculares campionatos galegos de Olveira

5 medallas para o Piragüismo Dumbría nuns espectaculares campionatos galegos de Olveira
A patrulla dos dumbrieses Iago Canosa, Marco Oreiro e Javier Trigo acadou o 2 posto

Espectaculares os Campeonatos Galegos de Slalom celebrados esta fin de semana no circuito de O Couquiño, en Olveira, Dumbría. Coa presencia das principais figuras do circuito galego de augas bravas e númeroso público, e cunha organización que os representantes da federación calificaron de modélica. O día soleado pero non excesivamente caluroso fixo as delicias do numerosísimo publico que se agolpabanas beiras do rio para disfrutar da competición.
Entre os presentes, ademáis do alcalde de Dumbría, José Manuel Pequeño, e varios dos seus concellais, destacara presencia do Presidente da Federación Galega de Piragüismo, Alfredo Bea, e o Vicepresidente Ramón Loira.

Pronto pola mañá arrincaron as preliminares, cumplindo todos os favoritos excepto o local Aarón Nuñez, que nun mal xesto desplazou a porta coa proa da súa embarcación, saltándose a porta e quedando eliminado das finais. O resto dos favoritos pasaron o corte sin ningúnha dificultade, e deixaron claro que nas finais era onde se ian empregar a fondo nun percorrido trazado polo Técnico de Slalom da FGP, Iván Silva, moi técnico e dunha dificultade acorde coa importancia da competición que se celebraba en augas do río xallas, selectivo i esixente.

5 medallas para o CDM Piragüismo Dumbría

Andrea Pérez volveu á competición e quedou subcampiona galega en Olveira

A competición dos palistas dumbrieses pode calificarse de sobresainte, cón dóus únicos lunares; a eliminación en preliminares de Aarón Nuñez, que se mostrara moi forte e se viu nun nivel de tempos similar ós mellores, ainda que unha penalización o deixou fora, e a non consecución de ningún triunfo, quedandose co catro medallas de plata, e un bronce.

O destacable é que se conseguiron cinco medallas con seis participantes, o que dá unha idea do alto nivel dos palistas locais a pesar do seu pouco número, i estamos seguros de que de non ser pola penalización cometída por Aarón, serían seis as medallas optidas polos dumbrieses.

Mesmo así hai resultados moi destacables, coma o Subcampeonato Absoluto de Andrea Pérez, que reaparecía en competición despois dun ano dedicado intensivamente ós estudos e dunha dolorosa lesión nunha das súas mans. Excelente o rendemento da mazaricana.
Tamén se pode calificar de excelente o desempeño de Marco Oreiro, quen foi quen de ploclamarse subcampeon galego cadete na canoa individual (C1).
Peor lle foron as cousas a Iago Canosa, principal favorito para vencer no kayak cadete, pero que foi superado por David Gonzalez do CP Baiona por apenas un segundo.
O bronce individual foi para Laura Antelo, na categoría K1 cadete femenino.
Por último, o equipo formado por Iago Canosa, Marco Oreiro e Javier Trigo se proclamou subcampeón galego de patrullas na categoría cadete.

Medalla de prata para Antia Loira en Olveira

Resultados globais

Xa nas finais os favoritos fixeron valer os seus galóns, impondose os favoritos tanto no C1 Masculino coma no K1 femenino, cos internacionais Mario Fontán do CP Baiona e Antía loira do Valmiñor respectivamente ocupando os lugares máis altos do podium. En canto ó Kayak Senior Masculino, como era previsto a batalla foi entre Guillermo Martinez, dos Teixugos, e o baiones Marcos Gonzalez, volvendo a balanza a inclinarse do lado do tomiñes, que revalidaba de esta maneira o seu título autonómico nunha competición moi igualada.

Clasificación por clubes foi encabezada polo CDM Teixugos de Goian, acompañado no podium polo CPTea de Mondariz Balneario e o CP Baiona.

Ás 16:00h en punto da tarde finalizaba a competición na que forzosamente temos que destacar a colaboración de Ferroatlantica que concedeu as horas de auga necesarias para a disputa da proba.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios